8 ago 2010

X Edición da Festa da Caldeirada de Raia e da Sardiña Lañada

Terminou a décima edición da popular festa de exaltación dá Caldeirada de Raia e dá Sardiña Lañada. O evento, organizado polo Concello de Cariño coa colaboración das asociacións de Amigos de San Xiao do Trebo e de Amas de Casa da vila, contará ademais coa participación de 40 voluntarios. Con esta festa gastronómica, pretendese integrar nos nosos costumes a novos residentes, turistas e visitantes que se acheguen a Cariño este verán, así como promocionar os produtos tradicionais da localidade. Ao longo da mañá os pasacalles a cargo da banda de gaitas San Xiao do Trebo e da xenuína Danza de Arcos deleitaron o persoal.

No hay comentarios: