12 jul 2010

Arrimando a ascua a sua sardiña

A noite do domingo tras o triunfo da selección española despertou Cariño durante unhas horas. A praza roxa non se encheu, pero contou con visitantes e ledicia, e diante do Bahia mais dun mostrou a súa alegría por un triunfo mais que merecido da nosa selección. Unha alegria por un triunfo deportivo, que por unhas horas uniron a todo Cariño por riba de ideoloxias, intereses persoais, protagonismos, e demais circunstancias das que deberiamos de olvidarnos en mais dunha ocasión. Pero o luns parece que tocaba aproveitar o triunfo duns rapaces en Sudafrica, e en clave local e partidista na web do PSOE cariñés felicitan a Selección e por aquelo de arrimar a ascua a súa sardiña, din “Máis alá do estrictamente deportivo, o éxito da selección española amosa a bondade dalgúns valores, como a humildade ou o traballo en equipo, que funcionan tamén noutros ámbitos, entre eles a política ou a xestión municipal”. Ante isto solo temos que dicir “sen comentarios”.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que sí, sobretodo él "me lo llevo" en equipo...

Anónimo dijo...

La verdad es que el triunfo de la selección española nos llenó a todos de alegría y orgullo. A mí, personalmente, me emocionó Alberto del Bosque. Como dijo Aberasturi, el corazón del padre está fundido con el de su hijo. El amor y cariño que estos niños eternos nos transmiten es inmenso, pero nos moldean. El niño tiene derecho a nacer, es un valor fundamental. Gracias por tener en tus manos la copa del mundo Alberto del Bosque.

Anónimo dijo...

Sempre lembrarei o dia que saímos do armario, que dixemos ben alto e ben claro o que somos e o que nos une, sen complexos, sen etiquetas... e con ledicia sincera. Viva España. Un prato que se cociña con Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Catalunya, Valencia, Castela e León, Castela A Mancha, Madrid, Extremadura, A Rioxa, Andalucía, Murcia, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla. E os cidadáns da emigración e os que veñen a vivir a este país....

Saímos do armario... e foi un despendole. Por un día deixamos de ser acomplexados, amnésicos... Deixamonos levar do que sentiamos, sen mais, sen pensar nada mais. Inesquecible.

Anónimo dijo...

O fillo de Del Bosque chámase Alvaro.Tivo sorte de nacer de pais normales, tirando a excelentes, pero ponte no caso de que os pais dun pequeno ao que o xinecólogo do seguro lles diga que o seu terceiro fillo ven con "problemas".O pai leva tres meses sen cobrar da empresa onde traballa, por falta de pedidos, e a nai frega escaleiras.
Todos sabemos que teñen dereito a nacer,que hai algúns que ata chegan a facer unha carreira, que son tenros e moi cariñosos, pero sacálos adiante costa moitísimo.
Se eu fora a nai que limpa escaleiras, sen seguro, non o dubidaría...........

Anónimo dijo...

SI SE LO QUE ME ESPERABA NO QUERRIA NACER.


JESUCRISTO

Anónimo dijo...

Eu dirialle a nai e o pai que se ateñan as consecuencias de non ter precaucións nas súas relacións(será por información!!!)... que non ten culpa unha vida humana das súas irresponsabilidades e que si o fan quedará nas súas conciencias o resto da súas vidas, esas que comezaron sendo embrión. Que pidan axuda, que sigan adiante por que ao final pagará a pena... hai que intentalo, a vida sempre merece unha oportunidade.


Non estou en contra do aborto, pero éste ten que ser o último recurso e en casos escepcionais: Malformación do feto(grave), perigosidade do embarazo para vida da nai,... e se se provocan danos psiquicos irreparables na nai(léase violacións, etc..).

Na antiga lei de casos, España chegou a ser a principal "clinica" abortiva da UE, xa que cun imforme médico no que se alegara danos psiquicos irreparables na nai xa se podia abortar...

Sin embargo, pese a ese vacío e escurrimento da legalidade, penso que era a mellor lexislación posible...

Nas cárceres hai presos inocentes porque a xustiza non é perfecta... e non por elo hai que pechar os cárceres. No tema do aborto precisase maior concienciación e menos "saidas" doadas para o que a impunidade ande ás suas anchas.

A lei actual é atroz. Os nenas de 16 anos viven no mundo de "Bob Esponga" e os neno xa non che conto. Estamos a falar sen dúbida dunhas das maiores irresponsabilidades do noso tempo.

Parece que non esta tan lonxe a R.P. China, no que os fetos sirvense nos supermercados en latas e os fetos de 7 e 8 meses en bolsas ao vacío pra falelos á parrilla. Sintóo pero hoxe nobn estamos tan lonxe desas realidades. A morte convertiuse nun negocio multimillonario.

Anónimo dijo...

Dándolle voltas a este tema, crudo pero real, e mentras escoito as noticias da tele, non vexo presentadores, presentadoras, misses ou místeres, automovilistas de fórmula 1, xogadores de mundiais, tenistas, premios príncipe de Asturias, Nobel, membros da RAE, conductores de autobuses,pais ou nais de familia,e mil cousas mais que se me ocorren ,con limitacións psíquicas de menor ou maior grao.

Nalgún cadro de Velázquez, si.

Estánse a descubrir os misterios de moitas infirmidades, dos xenes con defectos, así que esperemos que den con moitos que faltan, sen ter que pasar polo mal trago de desfacerte dun fillo tal vez desexado, e que non sexa o primeiro que vexas un sicólogo.

Anónimo dijo...

Non comparemos o "cannon de beleza" coa realidade cotiá. Igual un amigo da alma non é o máis guapo do mundo pero é un tesouro como todos. Punto.

Segundo o prisma que miremos, así o sentiremos. O famoseo e os persoeiros mediaticos son froito da superficialidade na que vivimos. Esquecense á mesma velocidade coa que irrumpen nos mass-media.

E unha cousa, Mais cedo máis tarde veralos.

Anónimo dijo...

Eu penso que todo depende da Ciencia.
A mín, Alvaro Del Bosque,Aberasturi co seu fillo tamén Down,e moitos xenios, "o manco de Lepante", Cervantes,Stephen Hawking, tal vez sexan, ou foron, capaces de facer maiores progresos na vida que os que temos os cromosomas ideais e tódolos membros no seu sitio.

Unha pregunta...¿adoptarías un neno ou nena con problemas síquicos?

Sei, porque a vin na tele, que unha travesti sevillana ten uns cantos adoptados, con parálisis , autismo, Down, etc.Eu sería incapaz.Teño dabondo cos meus....

A bon entendedor.....