29 jun. 2010

GM Renovables mais preto de nos

Onte o Diario Oficial de Galicia publicou a solicitude presentada pola empresa Galicia Mar Renovables para instalarse en Cariño cunha nave industrial de fabricación de sistemas de xeración de enerxía undimotriz. Esto confirma o anuncio a comezos de maio da posibilidade de que se instalase en Cariño unha nave industrial de fabricación de sistemas de xeración de enerxía undimotriz, tal como indicaban dende a Xunta, tras visitar o noso porto o Presidente de Portos de Galicia. Galicia Mar Renovables, unha empresa ferrolana, pediu a Portos de Galicia unha concesión administrativa en dominio público portuario no nos porto para a instalación dunha nave industrial para ensamblaxe de sistemas de xeración de enerxía undimotriz expedidos por vía marítima, o polo menos eso e o que consta no Diario Oficial. Agora nun prazo dun mes desde a publicación, poderanse presentar outras solicitudes que teñan ou mesmo ou distinto obxecto que aquela, debendo ser compatibles co Plan de Utilización dos Espazos Portuarios no porto de Cariño.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Esperemos que non sexa unha chupa de subvencións.

Anónimo dijo...

¿Si tivéramos polígono industrial, non habería máis industrias instaladas en Cariño?.

Anónimo dijo...

Probablemente sí. E se tivésemos unha estrada pola costa como deus manda a probabilidade tamén aumentaría.
De momento temos que felicitarnos porque unha nova empresa decida instalarse na nosa vila, que xa non é pouco. E se xera o maior número de empregos, e de maneira limpa, mellor que mellor para todos nós.

Anónimo dijo...

Esta e mellor noticia dos ultimos oito anos.

Anónimo dijo...

Coa que esta caendo e coa deslocalización das empresas, as unicas que se faceran na zona.
son as que estan subvencinadas cos distitos plans de recuperación de zonas, o malo diso e cando remate a subvencións.
Mirade para as Somozas.

Anónimo dijo...

Non temos que ser tan agoreros, pensemos en positivo, cantos quixéramos ser As Somozas en asentamento de empresas, con toda a que está caendo podía ser ben peor.

O que necesitamos nosoutros é dunha vez por todas un polígono industrial, como se pode ver, nunca se sabe por onde pode aparecer unha empresa que teña interés en instalarse en Cariño. Portos acabou as parcelas ¿ onde entón se poderían colocar outras novas empresas ?.

Anónimo dijo...

Sin subvencións xa poden traer chinos a traballar aqui por 150 euros o mes.

Anónimo dijo...

As Somozas é un caso moi raro. Creo que non houbo no mundo un concello con mais empresas por habitante,e tampouco un concello no que tantas empresas xuntas fixesen crecer tan pouco a poboación no lugar.O censo do pobo case non creceu.Dende logo é un caso único,ainda que o problema é deles e non noso.

A nosa noticia é fenomenal.Ademais de outras moitas cousas necesitamos un polígono industrial,pero a min a ubicación que os dous últimos alcaldes lle queren dar me parece un error grave.

Anónimo dijo...

O porto e un sitio ideal pero insisto na solvencia da futura empresa.
Porque non a montou Fenosa ou endesa si fose tan rentable, pero ai que ter esperanza en que saia ben...

Anónimo dijo...

Non ten que ver co post, pero que a visita do Papa sexa financiado polo Santander, o Corte inglés, Telefónica, Telecinco e tal vez varias grandes empresas e Bancos mais, ponme mal o corpo.
Vou ter que devolver o cheque bebé, a beca dos fillos, a pensión dos abuelos e o que cobro do paro ?
Polo menos xa saberemos quén lle vai a dar o que se lle debe a don Higinio. porque iso sí que é unha minucia co dispendio que tal visita nos costa.
¿e lojo non podía vir a pé coma os peregrinos, ou en papateramóvil?
E, por deus, que deixe quedar no seu palacio aos pederastas, que xa temos bastantes aquí. Que a ninguén se lle ocurra levar globos, polas connotacións que para a curia ten. o único que lle vexo de ben a sua visita e que as bandeiras do mundial poden ter dous usos.

Anónimo dijo...

coa que cae xa quitan as bonificacións aos eolicos, esperemos que non llo quiten tamen as boias.
Sorte.

Anónimo dijo...

Como esta a auga da piscina? que tal as clase no centro socioeducativo do lavadero?

veñen eleccións...

Anónimo dijo...

Armada limpa a merda do paseo marítimo que comezan a chegar os veraneantes, en lugar de Cariño vannos chamar Porquiño...

Anónimo dijo...

Moito autobombo pareceme a min, ¿por qué se fai no muelle se case non hai sitio?, ¿para cando o polígono indutrial?, ¿para cando a piscina?, ¿e a casa da terceira idade?...

Lo contestaremos después de la publicidad....

Anónimo dijo...

Moito autobombo pareceme a min, ¿por qué se fai no muelle se case non hai sitio?, ¿para cando o polígono indutrial?, ¿para cando a piscina?, ¿e a casa da terceira idade?...

Lo contestaremos después de la publicidad....

Anónimo dijo...

A limpeza ten que ser todo o ano os que vivimos en Cariño tamen o merecemos.
Que cooperen os especuladores na limpeza para o turismo, que foron os que lles venderon o Caribe.

Anónimo dijo...

A limpeza dos esbrullos,da madeira e do cheiro dos camións que hai no porto, en fronte das vivendas, non é competencia dos especuladores precisamente, se non do Concello, que vergoña lle debería de dar. Vai imaxe que está a dar; esperemos que os cidadáns de Cariño, á hora de emitir o seu voto, pensen máis coa cabeza.

Anónimo dijo...

Son as obras sin rematar, aceras,deaugues, zonas de transito publico ocupadas,etc... Tes razon e culpa do concello por non metelos no caldeiro.
Perdoa pero non diseches de que cabeza falabas.

Anónimo dijo...

D0 pixo

Anónimo dijo...

Armada limpa a merda xa¡¡¡ Porcallán¡¡

Anónimo dijo...

Curioso.Cando no porto se fai algo bo é gracias a portos,pero cando no porto sucede isto que se escribía enriba "A limpeza dos esbrullos,da madeira e do cheiro dos camións que hai no porto" a culpa é do concello.
Moi curioso.

Anónimo dijo...

It agree, it is the remarkable information

Anónimo dijo...

que empresario vai instalarse en cariño se lee neste blog pesimismo,acusacións e parece que todo está cheo de merda, comezade por limpar os miolos e fabricade ideas, que coa crise pensar é jratis.Temos unha empresa pioneira cunha tecnoloxía que triplica os beneficios das outras e que se vai instalar no concello de cariño,imos ser o referente mundial en canto a enerxía undomotriz e vai funcionar porque ondas sobran na ria de cariño, nos o que temos que facer é cobrar polas visitas ó parque undomotriz de xeración de enerxía e despois irlle cobrando un canon e mais tarde cobrarlle a contribución e solicitar subencións da xunta,spain e europe porque non dan pajao.E que non digan que non temos 8000 m2 para facer o parque de flotadores porque poden asfaltar a rìa, tirar de montes comunais ... facer unha delegación de gm renovables no pobo, darlle traballo os mariñeiros e as empresas de mantemento en cariño...SEGUIDE XERANDO IDEAS QUE CONSEGUIREMOS CARIÑO PARA O MUNDO.