18 may 2010

Homenaxe a Cariño López

O Concello de Cariño renderá unha homenaxe o sábado, 22 de maio, ao veciño Ángel Rodríguez Leira, alias Cariño López, e outros combatentes por participar na compañía A Nove que liberou París dous nazis na 2º Guerra Mundial. O protagonista, veciño de Cariño, estaba afiliado ao sindicato CNT algo que procuran olvidar dende o Concello. Os actos comezarán as 12 da mañá cunha recepción institucional no Concello, que irá seguida da colocación dunha placa de homenaxe no Paseo Marítimo, ás 13 horas. Ás 14:30 terá lugar un xantar de confraternidade no Restaurante Garampín. Pola tarde, a partir das 18 horas, celebrarase unha charla-coloquio no Auditorio Municipal, na que participarán Robert Coale (Profesor na Universidade de París), Ángel Rodríguez (fillo do homenaxeado), Eliseo Fernández (historiador) e Fernando Souto (Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica). Tódolos actos son públicos e abertos. As persoas que desexen asistir ó xantar de confraternidade, poden inscribirse nas oficinas da Casa do Concello ata o 18 de maio; o módico prezo do menú é de 15 euros por persoa.

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa está o autor deste penoso blog mentindo e manipulando, como é habitual nel.

Dinos: "O protagonista, veciño de Cariño, estaba afiliado ao sindicato CNT algo que procuran olvidar dende o Concello".

¿De onde sacas que o Concello "procura olvidar" que este home era afiliado da CNT? Será por esta razón que na tarde do sábado hai varias charlas sobre a súa figura (unha delas, por certo, a cargo dun membro da CNT como é Eliseo Fernández).

Na liña habitual de Os Aguillóns...
É penoso ver cómo un signo de identidade de todo o pobo de Cariño é apropiado por unha tendencia política para dar nome a un blog que só produce mentira, manipulación, insultos anónimos e apoloxía da falta de rigor.

Anónimo dijo...

Estaría pensando na xente do Concello de todo Cariño, cando pon o de "procura olvidar" é non só de dous verdadeiros manipuladores que son os que están ao fronte do Concello.

Éstes, si son mentireiros profesionais, que sempre arrimaron a brasa a sua sardiña, como está e quedou demostrado ao longo das suas carreiras políticas.

Éstes dous persoaxes que nos representan por desgraza para o desenvolvemento do pobo de Cariño, utilizan calquer evento onde éles poidan dar a nota enseñandose como persoas libres é demócratas(nada máis lonxe da realiade).

Por sorte para a xente de Cariño, todos sabemos que estes dous señores están e viven encadeados só as suas ideoloxias persoais é políticas.

Esperemos que este evento buscado e promovido por estes dous señores que nos representan no Concello, non vaia a significar un gasto máis para as arcas municipais.

Si teñen ou lles queda un poiquiño de dignidade, sufragarán todos os gastos que ocasione este homenaxe coas suas nóminas e non cos impostos de todos os veciños.

Anónimo dijo...

A CNT non e o PSOE nin o seran nunca, por moito que manipulen os nosos martires. Liberdade sen as cadeas do sistema.

Anónimo dijo...

Bla, Bla, Bla...se meteran os cartos dos homenaxes noutras cousas.

¡Menos autobombo e cortinas de fume!. ¡Alcalde Dimisión, alcalde ladrón!.

Anónimo dijo...

E un acto moi honorable, dende logo, merece todo o meu respecto e parbéns.
O que xa non me parece tan bén, é que aproveiten este momento o alcalde e o seu can. Para facer unha vez máis apoloxía da súa bondade e inquedanza pola memoria dos herois do pobo. Unicamente buscando o seu interese particular e aumento do seu ego.
¿Por qué non se fixo antes?...

Anónimo dijo...

Sin comentarios asi nos luce o pelo TARLO.

Anónimo dijo...

Sin deixar de recoñocer todos os méritos deste valente soldado, chamado "Cariño López". Non deixa de ser anecdótico que este home que vai ser homenaxeado, non quixera saber nada do seu pobo nin da sua xente unha vez acabada a guerra.

¿ Hai algunha resposta a esta actitude?.

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo co comentario anterior, eu teño outra dubida foi voluntario para a lexión ou recrutado a forza?
Os que a roeron en Cariño de ambos bandos non merecen unha homenaxe.

Cabaleiro dijo...

Un breve apunte para falar outra vez da Pedra:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/05/as-festas-da-pedra.html

Anónimo dijo...

¡¡VIVA LA CNT!!

Contra todo reformismo, contra toda autoridad, por la anarquía

¡¡Devolución del patrimonio histórico!!

Anónimo dijo...

Se veía venir: los planes del gobierno del PSOE para estabilizar y reducir el déficit público, han hecho recaer el coste de la crisis sobre los hombros de los más desfavorecidos. Aunque habrá que ver cómo concreta el Consejo de Ministros de hoy viernes las medidas anunciadas, es más que evidente que las propuestas económicas van encaminadas a satisfacer a la banca y a la patronal (no en vano, estos últimos se han lanzado rápidamente a aplaudir las medidas), y de camino transigir ante los designios neoliberales que imperan en la UE.

CNT, que este año celebra su centenario de existencia, y quizás por eso mismo, por la experiencia, viene actuando -en la medida de sus posibilidades- para frenar la sangría de parados, así como denunciando la complacencia gubernamental con la banca y las grandes inmobiliarias y las pocas ganas de sacar a la superficie ese 25% del PIB que está sumergido, denuncia igualmente desidia subvencionada del sindicalismo oficial que hasta ahora no ha encontrado motivos para movilizarse. Hay, por tanto, una complicidad sindical -al menos del sindicalismo oficial- en estas medidas.

CNT cree que si hubiese habido unas movilizaciones previas, el gobierno no se hubiese atrevido a presentar las medidas que anunció ayer y hubiesen recortado de otros lados. También se hubiera preocupado de buscar ingresos donde realmente se encuentra el dinero; esto es, en la banca, en la bolsa, en los impuestos de sociedades, de sucesiones, en los edge founds, etc. Es notorio, por ejemplo, que en todo el paquete de medidas no se mencionen las grandes fortunas que se encuentran refugiadas en las Sociedades de Inversión de capital Variable (SICAV) y continúan tributando al 1%, que no se persiga el fraude fiscal de las grandes empresas que puede llegar a los 280.000 millones de euros aproximadamente y situaciones similares.

Para CNT el coste de la crisis debe recaer sobre los que la han creado, que no son otros que las entidades financieras y las inmobiliarias; pero como no será suficiente para tapar el déficit, CNT propone que el sueldo de los políticos -de todos- sea igual que el de los funcionarios a quienes van a rebajar el salario, al fin y al cabo dicen que trabajan para los ciudadanos; la eliminación total de cualquier tipo de subvención a sindicatos y partidos; la eliminación de ayudas a las diferentes confesiones religiosas; la puesta en marcha en la Agencia Tributaria y en la Inspección de Trabajo de unidades especiales contra la economía sumergida, la eliminación de las misiones militares en el exterior, que sólo entre enero y septiembre del año pasado superaron los 713, 5 millones de euros...

Finalmente, CNT considera una equivocación seguir negociando la reforma laboral, que no es sino una concesión a la patronal, puesto que va a suponer la pérdida de más derechos y que un sindicato mínimamente serio no debería hacer. Por todo ello, para nuestra organización, la única posibilidad de ir corrigiendo esta situación es luchar contra esta agresión de los poderes económicos mediante el enfrentamiento social, continuando y ampliando las movilizaciones que, en la medida de nuestras posibilidades, hemos protagonizado ya en diferentes sectores y localidades.

Anónimo dijo...

Para cando un homenaxe o fundadores do Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados" (SIP) da CNT en Cariño, Manuel Pita Armada, un dos fillos do empresario cariñés Luis Pita Cribeiro, o seu irmao José, e tamén os irmaos López(un deles retornado da emigración norteamericana),José Suárez,Sara Mandiá e Cipriano López Armada.

Anónimo dijo...

Ao producirse o levantamento militar de 1936, os sindicalistas da CNNT de Cariño trataron de artellar a resistencia aos militares, pero diante das novas do fin da resistencia en Ferrol e A Coruña, tomaron a decisión de fuxir no vapor "Arkale",no que 38 persoas escaparon cara a Francia(Miguel Bermúdez López,Antonio Blanco Fernández,Venancio Breijo Alonso,Evaristo Casas Dopico,Santiago Cueva Garrote,Manuel Docal Breijo,Emilio Fuentes Villarnovo,Baldomero Lage Teijeiro,Cipriano López Armada,Sara Mandiá,Amable Neira,Manuel Novo González,Francisco Pedruelo Tenreiro,José,Manuel e Vicente Pita Armada,Vicente Pérez Pena,Manuel Ramos Escariz,Antonio Rodriguez Vázquez,José Suarez,José Valle Fernández e Laureano Vega Marín).Algúns cenetistas que quedaron en terra, como Antonio Pita Armada,Modesto Senra Martínez ou José Antonio Timiraos, foron asasinados na represión posterior ao alzamento. Outros dous irmans de Manuel Pita Armada,Luis e Manuel Francisco, foron tamén fusilados o día 6 de setembro de 1936, cos anteriores.
Mentres a CNT loitaba o PSOE rezaba.

Anónimo dijo...

Noraboa pola homenaxe a un gran home nacido nestas terras e que loitou pola liberación do fascismo en Europa dende as rúas de París.

Anónimo dijo...

ATENEO CULTURAL RECREATIVO CARIÑENSE

A penetración do anarcosindicalismo na comarca atopaba grandes problemas para consolidarse, polo ambiente pechado característico das zonas rurais neses anos, no que a igrexa e o caciquismo tiñan un control case que absoluto da poboación. Para contrarrestar estas influencias,creouse no verán de 1933 o Ateneo Cultural Recreativo Cariñense,unha sociedade de tipo cultural na que participaron algúns militantes anarcosindicalistas de Cariño

Presidente:Vicente Otero
Secretario:Nicolás López
Tesoureiro:Manuel Pita
Contador:Santiago Díaz
Bibliotecario:Manuel González
Vocais:José Martínez,Juan Fraguela,Andrés López,Luis Painceira,José Armada
Outros participantes:Modesto Fernández,Antonio Yáñez,Jesús Salgueiro

e mesmo un dos máis destacados militantes anarquistas de Galicia, como é Luis Abella Beade(naceu no 1900 en Landoi,e seguramente a súa participación no Ateneo cultural está relacionada coa súa orixe ortegana),membro da "Sociedad de Camareros y Cocineros" de Ferrol.Do mesmo xeito, en Loiba funcionaba a "Sociedad Recreativa e Instructiva de Loiba", dende o final da Dictadura de Primo de Rivera; esta sociedade mantiña unha biblioteca e realizaba no sue localactividades de formación para unha maioría de campesiños anlafabetos. Un dosseus principais impiulsores foi Vicente Castelo, outro militante anarquista retornado despis de estudiar en Madrid e traballar en "El Pueblo Gallego" de Vigo.

FOLGAS E MOBILIZACIÓNS

En agosto de 1934,prodúcese o ingreso efectivo do "Sindicato de Industria Pesquero" SIP na CNT incorporando á mesma 300 afiliados.Ao pouco tempo,en setembro do mesmo ano, prodúcese o mais importante conflicto laboral deste período en Cariño,cando uns 2000 traballadores da comarca respostan á convocatoria de folga do SIP contra os patronos das industrias pesqueiras e conserveiras.Diante da folga, a patronal trata de continuar o traballo con esquiroles,provocando manifestacións de protesta e enfrentamentos coas forzas de orde público.O día 19 de setembro estala un petardo (do que os sindicalistas culpan á patronal)e as autoridades aproveitan para aplicar a "Ley de Orden Público",clausuranado o Sindicato e detendo aos máis destacados militantes(Manuel Pita Armada,José Antonio Timiraos,Juan Fraguela,Manuel Pérez,Cipriano López,Baldomero Lage,Manuel Otero,Jesús Piñeiro e José Pita).Impónselles unha multa de 1000 pts.,unha cifra desorbitante,que daquela era o soldo dun ano enteiro de traballo dun pescador, e eso se a costeira era boa.

A organización cenetista mobilízase diante do conflicto,artellando apresuradamente a solidariedade dos sindicatos de Ferrol,San Claudio,Cedeira,Pontedeume,Neda,O Seixo,Barallobre,Xubia,Cabanas,Simou,Mugardos,Sada e Betanzos,ademáis dos sindicatos pesqueiros adheridos á FRIP.Como queira que os floguistas non cedían na súa actitude e ademáis contaban coa solidariedade da opinión pública e da CNT, a patronal tivo que conceder as melloras pedidas polos traballadores.Pero o movemento folguístico ainda durou ata o día 28 de setembro, en que foron postos en libertade todos os traballadores detidos, e condonadas as multas que se lles impuxeran.

Apenas uns días despois desta folga, prodúcese o movemento de Outubro do 34, a chamada "Revolución de Asturias".Este intento insurreccional foi artellado polos socialistas contra o goberno da dereita e, en boa parte da Galiza, foi secundado polos traballadores anarcosindicalistas.Ao pouco de iniciarse o movemento o 4 de outubro,Manuel Pita Armada é detido en Cedeira;ademáis,prodúcese a sublevación de 21 mariñeiros de Cariño no pesqueiro "Marichu", que son detidos polas autoridades e posteriormente trasladados ao Castelo de San Felipe.A participación dos traballadores cariñeses no levantamento produce outra suspensión do SIP e a clausura do Ateneo Cultural Recreativo Cariñense.

as laranxas dijo...

Esto foi no 1934, dous anos despois no 1936 producese o golpe militar ,que desembocou nunha guerra incivil e nunha dictadura que durou hasta que o dictador morreu na sua cama de morte natural. Estes veciños merecen que se recorden, coma todos aqueles que morreron loitando no bando que lles tocou, non debemos esquencer que as guerras as fan os militares; o pobo nunca fixo guerra, quere que o deixen en paz e en libertade.
O anarquismo é unha utopía, para desgracia de moitos. Nin Dios, Nin Patria, Nin Rey. Sona ben, pero nin comunistas nin socialistas quixeron esto, e os militares no 36 o tiveron fácil eran os únicos que sabían como ganar unha batalla ,prá iso estudian.

Anónimo dijo...

¡¡¡Viva a historia eos historiadores!!!.

Cantas cousas soupen hoxe ao pasar por este blog que eu descoñocia. Polo que vexo entón, que a placa que se vai poñer no paseo marítimo en honor a Cariño López non vai ao completo de como tiña que ir.

O que me queda bastante claro é que este valente,que vai ser homenaxeado, chamado tamén o Cañonero por ser un experto tirador, non debeu levar moi bos recordos do seu pobo natal, xa que unha vez finalizada a guerra non quixo saber nada de canto deixara por aquí.

Agora todos se chaman a él, incluidos certos "políticos", dende que uns historiadores descubriron que entre os soldados españoles que entraron en París, había un que era de Cariño.

Este tipo de comportamento por parte de algúns é da máis baixa catadura moral. Actitudes como estas, levan a un a recordar aqueles contos dos que emigraban a Cuba, que cando viñan de volta, a xente ou familiares que os iban recibir, estaban máis pendentes da cantidade de baules que traian que de como viñan éles de saude.

Dende aquí, tamén quero poñer a miña placa a todos aqueles que de verdade o poden merecer.

Anónimo dijo...

Cariño López foi un combatente antifancista de moito mérito abateo sete tanques nazis nun só dia, e recibeo as duas medallas ao mérito militar mais prestixiosas da Republica Francesa, non retornou a Cariño como é lóxico por culpa da longa noite de pedra franquista como tantos exiliados republicanos, sexa Buñuel ou Picasso. É un honor ter un veciño nacido en Cariño con tantos méritos recoñecidos internacionalmente, o seu aporte na liberación de Francia na II Guerra Mundial é un orgullo que só un cabeza cuadrada pode rexeitar

Anónimo dijo...

¿Antifacistas de qué? ¿socialistas de qué?.
Os recoñocementos a Buñuel ou Picasso, non se fixeron esperar tanto como é o caso deste recén homenaxeado, gardastes máis respiro que os submarinos de propulsión nuclear ¿ por qué se esperou tanto ? estes dous persoaxes aos que cito como tantos outros exiliados, retornaron ao seu país en plena dictadura franquista ¿ por qué este recoñocemento tardío?
O que sodes é un montón de amargados e aproveitados que o único que pretendedes é envenenar e confundir as novas xeneracións dicíndolles que fústedes vilmente masacrados. O mismo dirán con igual ou máis razón os familiares dos asesinados en Paracuellos, entre outros tantos lugares de España.

Ninguén pon en dúbida que Cariño López fose un gran combatente, do que sí dudamos é de quén promoveu este homenaxe, vese ao lonxe o interes persoal e político dos promotores, cariño a persoa, ningún, só un ánimo de protagonismo que non ten parangón na historia de Cariño.

O feito de que este home non retornara ao seus oríxenes non foi culpa da dictadura franquista, a historia non escrita dí algo moi distinto ao que vosoutros queredes enseñar.

Nin me importa, nin me preocupa este homenaxe, o que sí me preocupa, sodes vosoutros que vos sentides abandeirados das liberdades apuntando sempre con toda a mala idea,a quén pensa de distinta maneira.

Sodes especialistas en desvirtuar a historia, o presente que estamos vivindo así o afirma, pero vosoutros seguides gastando toneladas de vaselina para que os españoles, incluidos os cinco millóns de parados non suframos tanto con tanta mentira que nos queredes meter.

Anónimo dijo...

Ben se ve que vostede é o único que ten posesión plena da verdade. Como intolerante de dereitas que é

Anónimo dijo...

http://www.anosaterra.org/nova/45838/en-galiza-so-un-bando-fixo-barbaridades-.html

Anónimo dijo...

Os buitres non paran, sempre oteando o horizonte a ver si ven algún despoxo onde poidan sastifacer o seu buche.

Século XXI. Continuades coa obsesión enfermiza que vos provoca o que poida volver a gobernar un partido de dereitas, xa demostrada a sua valía durante os seus anos de goberno.

¿De que sirveu para vosoutros a Lei de Amnistia de Octubro de 1977?. Unha amnistia que foi feita de todos para todos. Vosoutros nin caso,tedes a mente absorvida con tanta desfeita provocada por un goberno no cal depositastes a vosa confianza eo voso voto. É superior a vos o ver como a economía de España se vai o garete con un goberno da "vosa ideoloxia" que é incapaz de darvos nin a máis pequena satisfación.

Ante eso, arremetedes coa Lei da Memoria Histórica a ver si despertades conciencias dormidas que o único que queren é vivir en paz.

Si tedes o que hai que ter, dicirlle a este goberno que deixe de mentir que non lles quite aos traballadores e pensionistas o que tanto traballo lles costou, que lles devolva o traballo a cinco millóns de parados, é que pida perdon polo mal que gobernou e goberna á economia do país.

Deixade o da Memoria Histórica para tempos de mellor bonanza e non facer sufrir máis os españoles do que xa estamos sufrindo.

Anónimo dijo...

O PP non pode falar de honestidade cando ate fai pouco o seu tesoureiro cobraba na sua oficina en C/Génova as minutas dos "patrocinadores" do seu partido ou ingresaba en man nas sucursais madrileñas miles de euros en billetes de 500, ou montaban campañas electorais en Galicia con empresas e diñeiro Gurtell. Vaia tropa Barcenas, Camps ou o galego Pablo Crespo que traballou con Feijoo en portos con empresas Gurtell son un pequeno exemplo das ducias de militantes implicados nesta trama. E agora na Xunta todas as contratas para familiares e amigos do partido. Votar polo PP baixo a idea de eliminar a corrupción é como curar alcohólicos con botellas de cognac. Son unha verdadeira fosa sética!

Anónimo dijo...

Non é só o PP o que reclama outra maneira de gobernar, é a gran maioria do pobo español. Si éles os do PP están enmerdados, que o paguen, pero eso non é disculpa para ver e recoñocer que o PSOE non sabe gobernar.

Hoxe mesmo o FMI dalle outro tirón máis de orellas ao goberno español polo mal que o está a facer. ¿ Que máis probas queredes para darvos conta de que non sabedes gobernar un país.
Tres gobernos socialistas quedades en toda Europa, e os tres estades levando a bancarrota as nacións de cada quén. Deixarvos de demagoxias absoletas e deixade gobernar a quen sabe.

Por unha vez quitade a venda dos ollos e veredes o que pode cambiar o país si outros que non sexa o PSOE chegan a gobernar.

Que seis meses perdidos de presidencia europea, é de imaxen cara o exterior.

Anónimo dijo...

Mira que tardaron tiempo en inventar un héroe; vayan saber ustedes sí todo lo que se dice de este señor es cierto...¿fue voluntario u obligado?, ¿por qué se fue y nunca más quiso saber nada de Cariño?. En esta historia, como en todas, hay creer de la mitad, la mitad. Mucho misticismo y poca veracidad, así nos va en Cariño, nos venden una moto y, aunque sea vieja, la compramos.

Anónimo dijo...

Reunidos todos os que somos e aqueles que fallan. Chegamos a unha conclusión:
1.Non máis socialismo , comunismo, nin anarquismo, nin capitalismos, xa que todo sempre vai para os mismos.
2. Fartos de tanto tragar ímonos encomendar á supervivencia, comeremos, beberemos e ..., faremos, todo aquelo que nos plaza e permita a nosa economía particular.
3. Non nos afundiremos, seguiremos a frote, capearemos o temporal aínda que non recuperemos o perdido, non nos humillarán.
4. Riremos, disfrutaremos e nos encherá de ledicia ver como todo aquelo polo que loitamos o afunden só uns poucos que crén estar por encima dos demáis.
5. Non creeremos nada máis que en cada un de nós e do entorno máis cercano que nos rodea, despois de éstes virán utros.
6. Non votaremos, simplemente nos uniremos ante a opresión dos que nos envilecen e afunden nas miserias dos seus actos.
7. Estaremos unidos sempre que o necesitemos, para reinvindicar os nosos dereitos como persoas, crearemos unha unidade para o ben común representativa dos máis humildes, que somos maioría.
8. Teremos poder cando nos unamos contra o poder, de forma pacífica e coa forza da unión.
9. A represión comezou, estamos ante unha situación histórica similar a aquela na que os feudalistas lle chupaban ata a sangue ós seus súbitos, ou cando por crecer como imperio se empobreceu o pobo e se enriqueceron os nobres.
10. Só nos queda loitar no silencio, sentirnos deshonrados, enganados e vapuleados, pero có orgullo de saber o qué nos intentan facer.
Fóra políticos embaucadores, ladróns e corruptos, fóra relixións fanáticas e representativas do poder e a falsedad de palabras mal interpretadas. Fóra institucións fundamentalistas do concepto de sociedade global. Fóra bancos aproveitados da desgraza e o engano ó pobo. Fóra especuladores de verdades históricas malinterpretadas e persoais. Fóra a figuras idolatradas polo mellor marketing e propaganda, sen feitos que demostren a súa humildade e altruismo ós demáis.
Fóra á manipulación da información por parte do poder establecido.
Fóra ás manipulacións e enganos por parte dos que foron elexidos por e para o pobo.
Reunidos, eu e só eu por falla de asistentes a ésta reunión, asino éste manifesto. UTOPÍA.
!É coma un conto a qué sí!. Un saúdo veciños.

Anónimo dijo...

O que fan os brotes verdes

Anónimo dijo...

Heroes os que quedaron, aguantaron a fame, e levantaron o pobo tanto uns coma outros.
Unha homenaxe non, unha Tarolada.

Anónimo dijo...

O Tarolo quere ter o mesmo pedigri que ten o seu can. Por si non o sabedes descende o can dunha camada do Rey, Juan Carlos.

Anónimo dijo...

VIVA O CAN. E MAIS O REY.

Anónimo dijo...

Viva por moitos anos que o pobre can non escolleu o dono.....

saca isa foto Aguillón dijo...

Din que este Cariño López casouse a sabendas duas veces. Da primeira muller tivo- é un dicir- a ises dous da foto, que nin puto caso lles fixo, a que ten non sei que nas máns fixolle un regalo cando ila tiña 13 anos e ten outros dous fillos que se apelidan Cariño López- apelido que colleu na Francia para casarse outra vez, parece ser que estes dous nin falan castelan nin galego.¿ É certo todo isto? se é verdade temos no paseo marítimo unha placa dedicada a bigamia. polo que contan este estivo sempre escapado de non se sabe que, porque os demáis parentes quedaronse eiquí e nada pasou máis que pasar calamidades por la culpa deste Cariño López, que nunca quixo volver a seu pobo e naide llo impedía, como dí alguén peor o pasaron os que tiveron que esconderse debaixo do esterco. Aguillón saca a foto destos dous fillos que quedaron eiquí e sufriron o ter un pai como o que tiveron .

Anónimo dijo...

Isto é unha Tarolada