8 may 2010

Cadeas para sobrevivir

Gregorio Pego Román, veciño de Cariño da nosa Vila, chegou esta seman a unha situación límite, como se pode ver na foto publicada na Voz de Galicia encadeouse o xoves á maquinaria dunha empresa que se dedica á explotación forestal e cuxo propietario, Alberto Torrente Insua, según Gregorio, débelle 20.000 euros. Os problemas para Gregorio comezaron hai cinco meses cando a súa empresa, Nautiortegal, levou a cabo os traballos de reparación da maquinaria para a explotación forestal á que se encadeou. Estes labores foron orzadas en 20.000 euros, que, segundo a súa versión, Torrente Insua non puido pagar. Entón entregoulle un pagarei, do que nunca se fixo cargo. Gregorio está afeito pasar por situacións difíciles. Aos 16 anos abandonou Cariño con rumbo a Escocia nun barco de pesca, logo viaxou por Estado Unidos, regresou a España para traballar en Almería e finalmente retornou á súa vila natal hai dous anos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gregorio entendemoste ben coma ti estamos moitos traballadores autonomos que nos sentimos indefensos ante estes caraduras da vida , no pobo tamen hay moitos que teñen esta costume de encargar traballos e logo non pagarnos e iso nos tempos que corren e isostenible , que pena que non haiba outra solución que esta de encadearse pero a vida esta dificil pa todos. Animo.

Anónimo dijo...

Por unha vez e para sempre diría eu.
Non é xusto, cando unha persoa humilde e traballadora como Gregorio, que se foi forxando como home, como persoa e como empresario, loitando con trapés,levantando cabeza de cada tropezón, creando vida e traballo, para él e para outros. Teña que pasar polo poder duns puñeteiros fillos da súa mai (nai), que o único que buscan é acrecentarse á conta da vida, do traballo, da ruina e das desgrazas dos demáis. Sorte para ti e os teus.
Xa está ben de xente desonrosa que non teñen palabra e especulan có traballo e a vida dos demáis. Grazas Gregorio por demostrarnos a todos o que pasa e non debería suceder.

Anónimo dijo...

Forza Gregorio, eres un exemplo.

Anónimo dijo...

Animo ea resistir un saudo e sorte.