8 may. 2010

A boa xente de Cariño

Votamos man dunha foto e dunha noticia da Voz de Galicia para que conste o orgullo de pertencer a Cariño. Ahí queda o exemplo da boa xente do Porto de Cariño. "A miúdo dise que os mozos de hoxe en día son egoístas, insolidarios e pouco dados ao sacrificio. Quen pensan así non coñecen a Carolina, Julia e Marta Armada Ferreiro, tres irmás da vila mariñeira de Cariño que hai catro anos conseguiron toda unha proeza. Entre as tres, botando man dos seus aforros e renunciando aos caprichos típicos de calquera adolescente, lograron reunir os 320 euros que necesitaban para que unha nena rusa afectada polo desastre nuclear de Chernóbil puidese pasar o verán coa súa familia en Cariño , a través dun programa de acollida da oenegué Ledicia Cativa. «Todo empezou porque vin unha reportaxe destes nenos na TVG. Busquei información da oenegué por Internet e díxenlle á miña nai que por que non traiamos a un deses nenos á nosa casa», recorda Carolina, que entón tiña 18 anos e agora vai para os 23. «Eu díxenlles que non nolo podiamos permitir, porque non estabamos ben de diñeiro, pero que se elas conseguían aforrar, por min estupendo», recorda a nai. As súas fillas aceptaron o reto sen pensalo: compraron unha «hucha desas de Cadea 100, que só se poden abrir con abrelatas», e cada semana, logo de visitar ao seu avó, ían metendo nela o diñeiro que el lles daba. Carolina apunta que «non era moito, se cadra 12 ou 10 euros para as tres irmás, pero nun ano conseguimos reunir os 300 que custaba o billete». Daquilo hai xa catro anos, e o próximo xuño, Valeria Qulik -que así é como se chama a nova irmá de Carolina, Julia e Marta (estas dúas últimas, xemelgas, de 16 anos)- regresará por cuarto ano a Cariño para pasar dous meses xunto á familia Armada Ferreiro e, xa de paso, para «desintoxicarse» da contaminación radioactiva de Chernóbil. Para traela, nesta ocasión tamén fixo falta unha hucha, aínda que as súas moedas proceden doutro peto. «Despois do esforzo que fixeron as miñas fillas o primeiro ano, pensei que xa estaba ben, e a partir de entón puxen eu o diñeiro», apunta Dolores Ferreiro, a nai das nenas, que se gaña a vida limpando casas, mentres que o seu marido traballa como subastador na lonxa. «Somos unha familia cun soldo moi normalito, nin sequera temos coche, pero cremos que o esforzo merece a pena; para nós, Valeria é como unha filla máis», di Dolores da nena, que tras pasar por varios orfanatos agora vive cunha familia de acollida na rexión rusa de Briansk. Xunto a ela, outros 70 nenos de Rusia chegarán en xuño a Galicia grazas a Ledicia Cativa. Case todos presentan atrasos de crecemento ou problemas de tiroides. Segundo a oenegué, por cada mes que pasan aquí a súa esperanza de vida aumenta un ano. Valeria, grazas aos Armada Ferreiro, xa gañou oito"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Por unha vez sintome orgulloso de vivir aqui.

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
Por unha vez sintome orgulloso de vivir aqui.

QUE PENA DAIS ALGUNOS . . .

Anónimo dijo...

Non sei como van facer este ano.

Os recortes que está a facer o Goberno son de guadaña, empezaron quitando os catrocentos euros, van subir o iva en todos os productos básicos da alimentación, o padre destas pícaras,según dín, é funcionario, tamén lle recortan o soldo e conxelanlle o do próximo ano.

¡¡¡Ai Zapatero, Zapatero, canto mal estás a facer!!!.

É non contento con todo isto, quítalles as recén preñadas o cheque bebé de 2500 euros, debe ser para que aborten co disgusto sin necesidade de pasar pola clínica.

¿ É que me dicides dos pobres pensionistas ?. Un Goberno que "sempre se preocupou" por éles e agora volve a deixalos na estacada, conxelandolles as pensións hasta Deus sabe cando.

O que tíñamos que facer todos os españoles por non facer nada os sindicatos, era facer como fixo Gregorio, encadenarnos todos na porta da Moncloa a ver si dunha p..a vez se dan conta que están arruinando o país e á sua xente.

Anónimo dijo...

Non te apures, estache o pais cheo de beatos...

Se estas medidas as fixera un goberno conservador habian de silbar as balas nas rúas.

Noraboa aos votantes do PSOE e a ZParo. Graciñas polo "pleno empleo"...

Haiche cara pra isto e moito máis...

E falando de, solidariedade, ¿Que fai o noso político por solidaridade co pobo agás de nutrir os seus proxectos ex-estancados co plan E?