5 ene 2010

O Informe do COAG fala de Cariño

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acaba de publicar un demoledor informe sobre quen supervisa o urbanismo nos concellos. O déficit de especialistas é especialmente grave no rural e no interior. Vistas a carencia de técnicos na administración local, ninguén se pode sorprender das aberracións que soporta a paisaxe galega. Por exemplo, no 45 % dos municipios galegos non hai nin un arquitecto no cadro de persoal. E iso malia que, segundo a Lei 38/99 de Ordenación da Edificación, debe ser un arquitecto municipal quen revise todos os usos dos edificios para os que se soliciten licenzas, lembra o COAG. É máis, o informe denuncia que aínda quedan en Galicia dez concellos que non dispoñen de ningún persoal técnico. Os ejemplos que poñe o informe son: Boimorto, con máis de 2.340 habitantes, o responsábel é un xeógrafo. En Cariño, con máis de 4.600 habitantes, quen decide é un enxeñeiro técnico industrial. Peor está a cousa na Fonsagrada, en Lugo, onde quen controla o urbanismo dun concello de máis de 4.600 habitantes é un enxeñeiro de montes. A situación roza o esperpento noutros once municipios. Neles “o control de licencias e temas urbanísticos son desenvolvidos por técnicos de titulacións distintas a de arquitecto ou arquitecto técnico”, indica o documento incluído na publicación Información Urbanística Municipal do COAG.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E qué se pode facer neste caso? ¿Mirar para outro lado, coma sempre? ¿Cántos traballadores do Concello cumpren a normativa para o posto que desempeñan? Alguén que o sepa, que mo explique.O Alcalde mismo váleme.
Pero non entra nos Aguillóns, témome.
Feliz crise vinte-dez.

Bretéma No Ortegal dijo...

Reportaje de Cariño en 1986 por la TVG en el "programa Pobos de Galicia" os invito a verlo en la web ...

http://bretemanoortegal.jimdo.com/

Anónimo dijo...

Reportaje na TVG : Cariño en 1986

http://bretemanoortegal.jimdo.com/

Anónimo dijo...

Si alguien perdió una perrita, mezcla entre pequinés y otra raza, ya un poquito viejita y sin chip, que me llame al 669 92 00 21.

Cabaleiro dijo...

Saudos a todos outra vez.

A finais do ano pasado, e antes que prescriban máis cousas, enviámos-lle ao actual Presidente da CMVMC da Pedra un burofax pedindo a documentación básica que debe ter calquera Comunidade de Montes. Esencialmente, libro de contas e actas desde o 2004 até o 2008, ademáis das toneladas de madeira cortadas.

En vez de recibir esa documentación para comenzar a revisala, respostán-nos que eles non a teñen actualmente. Ese feito é gravísimo, polo que en breve procederemos coas accións xudiciais correspondentes.

Podedes ve-lo todo, como tristemente xa é habitual, en:

http://caciquesdapedra.blogspot.com/2010/01/estamos-trabajando-en-ello.html

Anónimo dijo...

!Venga, Don Quijote, manos a la obra!

Anónimo dijo...

¿E extráñavos a nova?Así temos Galicia de guapa

Anónimo dijo...

Asistir os velorios non é plato do gosto de moita xente.

Isto é o que nos está pasando co Aguillón, que se está deixando morrer él soiño por non querer tomar as menciñas que lle foron recetadas.

Aguillón, volve os teus oríxines do nacemento deste blog e xa verás como rexordes de novo.

É unha mágoa que te deixes morrer desta maneira sin sequera probar esas menciñas.

Cabaleiro dijo...

O actual Presidente da Comunidade de Montes da Pedra foi citado polo Xulgado de Paz de Cariño para o día 22 deste mes a instancias de membros da Plataforma a título de membros comuneiros.

Ese día celebrara-se un acto de conciliación no que debe entregar a petición exixida recentemente por burofax, é dicir: os libros de contas e de actas dos anos anteriores e outra documentación relativa á comunidade.

En caso de non acceder ás peticións dos demandantes, o caso quedará en mans da xustiza ordinaria, coas consecuencias que se deriven da súa actuación.

En ningún caso era a nosa intención chegar a esta situación, pero a nula vontade de entendemento que mostrou ata agora a actual directiva obríga-nos a tomar este camiño.

Chabola made in Tarolo dijo...

En el Correo Gallego de hoy lunes 18 de Enero de 2010 en su última página.

Magnolias...

Para Manuel Varela

representante vecinal

En la zona de ferrol, que ha lanzado los perros contra un Ayuntamiento y una Xunta que presumen mucho de no dejar construir cerca de la costa, pero por otra parte llevan años haciéndose los suecos ante la proliferación de casetos, algunos con look claramente chaboloide, en terrenos rústicos casi pegados al mar. Si ese es el paisaje idílico que queremos para la costa gallega, apaguemos y vayámonos.

Anónimo dijo...

Navalladas na galiza. Haberá que volver meter pedroulos nas autovías de don manuel.