15 ene. 2010

80.635 euros para os parques dos nenos

O final parece que toman medidas. Tras as continuas queixas dos veciños comezará durante os primeiros meses deste ano a renovar os tres parques infantís urbanos cos que conta o municipio. O Concello vai cambiar o mobiliario e os xogos para adaptarse á normativa vixente que regula este tipo de espazos de recreo. As obras, que alcanzan un importe de 80.635 euros, están financiadas con fondos da Deputación. Entre outros traballos, acoutaranse estas zonas para evitar que os infantís cheguen ás vías públicas próximas aos parques. Ademais, na área de xogos que está pegada á Casa dá Cultura está previsto cambiar o chan, substituíndoo por un de caucho.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pareceme moito, non digo quen non fose necesario, pero pereceme moito meter en eso, seguro que hai outras cousas de intereses no pobo.

Anónimo dijo...

Cando unha administración como a Deputación,Xunta ou o Estado oferta unha subvención para poder adaptarse a unha norma non se pode coller eses cartos e invertilos noutro lado.É de caixón.Ou a colles ou a deixas.