15 ene 2010

O burofax dos criticos da CMVMC da Pedra

Este burofax foi enviado ao Presidente da CMVMC da Pedra durante as pasadas datas, transcurrido o prazo de confianza otorgado á nova directiva para que presentase as contas e actas dos anos anteriores e vendo que non se mostraba ningún documento. Nel pídese copia de documentos básicos en calquera sociedade, tal como o libro de contas, o de actas, así como un detalle das subvencións recibidas nos últimos anos e no número de toneladas cortadas, así como os lugares ondes se realizaron traballos forestais. As preocupación dos criticso con o actual Presidente de Comunidade de Montes da pedra resumense en:
-Non se realiza subasta pública da madeira que se corta.
-Contrátanse traballadores a dedo sen pasar pola asamblea.
-Rexeitouse un proxecto subvencionado por valor de medio millón de euros para cultivar fungos nos montes.
-Preséntanse facturas astronómicas por pleitos que non debería haber.
-A xunta non aclara se un dos repetidores de televisión do concello está nos terreos da comunidade de montes. Nese caso deben existir as factura da empresa Abertis por ocupar ese terreo, que non figura nas contas presentadas.

1 comentario:

Festeiro dijo...

Mais alto se pode decir, pero mais claro non.