9 dic. 2009

O PPdeG lembra o PSOE

O PPdeG lembra que foi o PSOE quen paralizou de forma clara a VAC do Norte que uniría Ferrol con San Cibrao. Os socialistas, desde o Goberno bipartito, limitáronse a frear a inmensa maioría dos tramos que compuñan o proxecto da Xunta de Manuel Fraga, e a recortar de forma notable os investimentos naqueles que non decidiron paralizar. En todo caso, os populares lembran que nos últimos anos non só presupostaron menos para as obras da devandita Vía de Alta Capacidade, senón que reduciron a execución dese orzamento até deixala nun mísero 9%. O PPdeG lembra que estas e outras cuestións serán explicadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, este xoves e en sede parlamentaria, e desexa que para entón o PSOE recupere a vergoña allea e deixe de acusar a outros de asuntos sobre os que só eles ten culpa. Foron os socialistas os que sacaron o diñeiro que ía destinado á VAC do Norte e puxérono noutros proxectos que para eles eran máis importantes que este. Os populares lembran que dita vía estaría máis avanzada si, por exemplo, as contías que puideron pagarse de máis nalgunhas infraestruturas nas que houbo indicios de sobrecustos pagos por parte da Administración completasen as irrisorias partidas fixadas para esta VAC do Norte. O PPdeG entende que o PSOE teña necesidade de tentar desgastar ao Goberno galego, pero aconsella aos socialistas que escollan temas nos que teñan algo que gañar, e que non utilicen casos nos que os únicos culpables son os socialistas.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Hei, seique xa non existe ese blog de caciques de a pedra? quedéime dunha idem ao non velo no google.

Anónimo dijo...

segue no mesmo sitio

Anónimo dijo...

Eu tampouco non o atopo

Cabaleiro dijo...

O blog de Caciques da Pedra continúa en activo. Para os que teñades problemas en atopalo:

http://caciquesdapedra.blogspot.com

En breve publicaremos novo material, deixamos-vos tempo para que leades con calma a escritura do xeriátrico. E esta nova é para falar da estrada Mera-Cariño.

Anónimo dijo...

Aguillón, o pimento picante é a salsa deste blog, perdeuse cas reformas que fixeches.

Vas ter que volver a deixar que este sexa un blog de portas abertas, olvidate un pòuco de tanta censura e deixa correr o rio polo seu cauce, xa verás como o personal queda máis contento.

O Aguillón dijo...

Xa se que é a salsa do blog, non falemos de censura, tan so de reflexión de comentarios, de feito tan so hai un no caixon, e non por insultos, ni difamación, senon...deixemolo ahi. Pronto abriremos as portas de novo.

Anónimo dijo...

coido ridiculo , e inoportunos alguns comentarios que no seu dia foron escritos por algun vecinho , iso non e motivo para que o que modera este blog si e que alguen o fai de boa fe sexa tan antidemocratico como para dictar , ti xogas, ti non xogas , temos que medrar como pobo e comunidad e todo iso de PP ou PSOE que alimenta os comentarios eiqui publicados e mais triste que outra cousa , falade de progueso de proxectos de algo constructivo para nos e nosos fillos , falando de esquerdas e dereitas , isto e hipotetico si a gripe dos porcos soio afectara a os de dereita , tanto os que gobernan no pobo igual que en Santiago ou Madrid, todos eles estarian con gripe . Fai anos tinhamos Nordeste, falo da revista non do vento , aguillon si podes e tes tempo follea eses anos , coido que podes aprender que o importante e o colectivo non o individuo.

Anónimo dijo...

Aminatu Haidar:.É a"Marcha Blanca"do pobo saharaui.

jajajajaaaaa.... dijo...

¿Teu home de que é?

¿ De ezquerdas ou de dereitas?

Que eu sepa é medio pensionista

Anónimo dijo...

xa empezan a rondarme.