21 nov 2009

Falan de Cariño nunha revista francesa

Os ornitólogos aseguran que o Ortegal é un paraíso para a observación das aves migratorias. Hai unhas semanas, un equipo francés da revista especializada Ornithomedia estivo en Cariño para comprobalo. Estas son as súas impresións. Algo en que por certo ten moito que ver o noso veciño José Miguel Alonso Pumar, responsable do blog Galician Birding. Para os que leades en francés os poñemos o link da revista especializada Ornithomedia: Artigos en www.ornithomedia.com