6 nov 2009

Cousas da Gripe A

Ante a situación creada polo crecente absentismo escolar a causa de enfermidade e as numerosas chamadas telefónicas recibidas no centro Manuel Fraga Iribarne, comunícaron aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as que a dirección do centro, seguindo o protocolo pertinente, está en comunicación via web e en tempo real co Servicio Galego de Saúde que está en coordinación coa Consellería de Educación. En ningún caso entra dentro do protocolo de actuación do centro a posibilidade de peche do mesmo. A gripe A logrou esta semana desatar certa psicose entre os pais dos 237 alumnos do centro Manuel Fraga Iribarne. Tanta que onte faltaron a clase 145 escolares, é dicir, un 63% dos estudantes. O pasado martes faltaron 158, e o mércores, 149. Tres días cun elevado índice de absentismo que o director do centro, comunicou escrupulosamente tanto á Consellería de Sanidade como á de Educación. Pero o caso é que son varios os pais que estes días botaron de menos a visita dalgún técnico da Consellería de Sanidade ao centro para aclarar a situación. Foi o pasado venres cando unha vintena de nenos empezaron a colapsar o centro de saúde do municipio, segundo explican varias nais. A partir de aí, todo foi a máis. Foi por iso polo que a algúns o pediatra recomendoulles que non levasen aos nenos ao colexio, pola velocidade do contaxio. Con todo, a maioría dos pais descoñece se hai afectados pola gripe A. O absentismo débese ao medo ao virus, é unha medida de prevención, segundo explican, aínda que o certo é que foron varios os pequenos que esta semana tiveron febres altas e dor de cabeza. Non só os pais dos nenos do centro cederon ante o medo ao contaxio. Tamén catro dos 37 profesores do colexio decidiron esta semana non acudir ás aulas. A causa do absentismo escolar por enfermidade, o CONCURSO DE POSTRES que estaba programado para o vindeiro martes, 10 de novembro, aprázase para a seguinte semana. Por tanto os postres poderanse traer ao centro os días: LUNS, 16 e MARTES 17 de novembro. Todas as actividades programadas para celebrar o MAGOSTO quedan aprazadas para o MARTES, DÍA 17 DE NOVEMBRO.