
A autovía do Cantábrico, orixinalmente, formaba parte dun proxecto máis amplo de rango europeo impulsado en España a mediados dos oitenta. A Xunta comezou a analizar xa posibles trazados en 1988. Foi a finais dos noventa cando se decidiu que a transcantábrica circulase polo interior da comunidade. A partir de aí comezou a sucesión de anuncios e cambios de prazos. Os 150 quilómetros que separan Ferrol e Ribadeo carecen, salvo un pequeno treito final, dunha vía de alta capacidade. Noutras palabras, o litoral norte de Galicia está afogado neste terreo e sen alternativa para a mobilidade nun territorio que suma máis de 187.000 habitantes computando a urbe naval e o veciño municipio de Narón, que tamén se beneficiarían da mellora da estrada. De forma directa, a situación afecta a catorce municipios, entre eles Cariño ... Tanto na súa actividade industrial como no desenvolvemento do sector turístico e no propio benestar de todos nos, que padecenos unha estrada estreita, infestada de curvas e limitacións de velocidade, e da que non hai escapatoria polo momento. En setembro do 2000, o entón conselleiro do PP, Xosé Cuíña, para solucionar esto anunciou un corredor costeiro para comunicar os concellos do litoral. En xaneiro deste ano, Touriño do PSOE colocou a primeira pedra da variante ortegana. Obra inicial do corredor da costa norte. Seguía aínda en vigor o calendario de que todo estaría finalizado no 2011. ¿Como se atopa hoxe o proxecto? O parecer estará completamente operativo o tramo autonómico do corredor, desde a comarca de Ferrolterra ata San Cibrao, no horizonte do 2015. Bótase por terra, unha vez máis, un calendario anterior. Dito mais claramente agora, co Goberno galego de novo en mans do PP, márcase como horizonte final o 2015.