13 ago 2009

A Conselleira do Mar en Cariño

A conselleira do Mar, Rosa Quintana visitou as Cofradias do Norte, entre as que se encontra a de Cariño. Entre outros temas trataron, o da xestión das reservas mariñas. A responsable do departamento de Mar brindou o apoio da Consellería para o desenvolvemento das dúas reservas mariñas (Lira e Cedeira) que hai en funcionamento na costa galega e que neste momento son unha realidade grazas aos Fondos Europeos da Pesca (FEP). Nas reunions se salientou que hai que ser conscientes de que as nosas rías son moi ricas pero é necesario o respecto medioambiental para facer sustentable a pesca. Rosa Quintana abordou ademais a modificación do decreto das artes da pesca, unha reivindicación que tamén se tratou durante os encontros. A conselleira anunciou que o Decreto 424/1993 do 17 de decembro polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia vai ser do primeiro que se revise. Neste momento están vendo as modificacións que se poden facer nos aparellos e tanto biólogos coma técnicos están a facer un seguimento ata ter todas as artes estudadas. No caso particular da Cofradia de Cariño, foi acompañada en todo momento polo patrón Maior, Juan Fachal, anfitrión da Conselleira e por Armada, o noso Alcalde, na reunión se falou principalmente da deuda da Cofradóa y como solventar a mesma, un problema que se soluciona da noite á mañá.