
A constructora San Martín está sendo a encargada de executar as melloras na rúa Crecente Veiga, que se atopan xa na sua derradeira fase. Estas obras, que son unha continuación das xa emprendidas nas vías do Carme e Dos Santos, desenrolanse no casco antigo da vila.Os traballos a realizar consisten na sustitución do firme, pasando do hormigón ao tradicional empedrado, separación de canalizacións de augas pluviais e fecais, así como nas melloras nos abastecementos e saneamentos. Dende o consistorio estimouse oportuno invertir un total de 65.598,30 euros na licitación dos traballos, ainda que finalmente aceptouse a oferta á baixa presentada por San Martín adxudicación realizouse en 61.990,39 euros, o que representa un notable aforro de 3.607,91 euros. Como queira que as vías Balbís, Pilar e Rosario, así como a Praza da Mariña Española e a Porta da Pulida, todas elas na parte baixa do casco urbán, xa tiñan sido acondicionadas con estes equipamentos, dende o consistorio decidiuse apostar por un covizoso plano que pretende conectar o novo sistema de recollida de augas da parte baixa do núcleo da vila co barrio do Campo, na parte alta da vila. Desta maneira, á rúa Crecente Veiga, do Carme e Dos Santos sumarase O Campo, mentres que para unha seguinte fase quedan pendentes idénticos traballos nas vías Santa Apolonia, S.Bartolomé (ou rúa Real), Centeás ou Santa María. En total ata 7 vías máis coas que se culminará a completa canalización de fecais e pluviais da maior parte do casco antigo, á vez que se mellora a imaxe do centro do pobo aco empedrado do firme
3 comentarios:
¿e non se lle podería sacar un pouco de pendiente? ¿ou poñer un teleférico?
Aínda non sei cómo poden ir as velliñas á misa, porque si hai que ir se va, pero baixar...
Din que tamen van ser peatonais as ruas do Castro, ect..
A cuestión é ¿Qué carallo van facer os que teñan negocios e locais comerciais?¿quén lles van repartir?¿e a súa clientela?
A fin de Cariño parece acelerarse a unha velocidade de vértixe. Toda actuación esta dirixida a turistas e persoas maiores.Naide ofrece oportunidades, nin se compromete sinceramente con Cariño.
Se isto segue asi en 15 anos, Cariño será unha caricatura do que foi, cuns gobernantes locais levando aos velliños votar papeleta en man.
Xa vexo os buses pasando pola rotonda do mamotreto e cos guías dicindo isto é "Agarimo" unha vila preciosa que se adicou moito tempo ao mar, se queren saber unha pequena mostra do medio do que vivian os mariñeiros... Temos ao Artal, un barco que nos levara pola costa Ártabra gracias aos seus paneis solares.
Tocará emigrar.
Noutros sitios -en Santiago de Compostela, por exemplo- o casco vello é totalmente peatonal, pero os residentes teñen uns pases para poder meter os coches. Os repartos para os comercios están organizados, teñen uns horarios e uns días, e non parece haber ningún problema.
De todos xeitos si que é preocupante o rumbo que colle Cariño, pero digo eu que estará un pouco en mans de todos facer o que cada un poda para evitar que a cousa vaia a peor, ¿ou?
Publicar un comentario