13 ene 2009

A voltas coa VAC

Os representantes do PP dos municipios de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Valdoviño, As Somozas, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cabanas, Pontedeume, A Capela, Cariño , Cedeira, Mañón, Ortigueira e As Pontes reuníronse onte no Clube Náutico de Ortigueira para perfilar a campaña electoral das eleccións autonómicas. O encontro dos populares serviu para cargar contra o Bipartito da Xunta de Galicia e moi en particular contra Touriño e contra a Conselleira de Política Territorial. A voz cantante a levou o secretario xeral do PP na Coruña, Diego Calvo, que acusou a Xunta de falta de interese pola comarca. Como exemplo esgrimiu os atrasos da vía de alta capacidade (VAC) da costa que conectará Ferrol coa Mariña lucense. Que logo de catro anos de bipartito, a realidade é que a finais de 2011 só estará finalizado o 20% da autovía, é dicir, 18 das súas 90 quilómetros. Como estamos en precampaña os populares aseguraron que no seu programa electoral incluirá numerosos proxectos para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

definitivamente, os socialistas son coma a primitiva... sempre que toca, quitanos de traballar...

Anónimo dijo...

Seguirán mexando por nós y diremos que chove. A culpa do PP e de Busch

Anónimo dijo...

Ten que ser hodido pra un nacionalista do bnga coma ti ter que poñer noticias do pp nesta comarca ¿verdade aguillón?

Anónimo dijo...

Eu creo que o agillón non é un só.

Poñede vos unha blog do be ne ge,

Poñede os contidos correpondidos coa realidade.

Entrevistas a Otegui, Yosu Ternera, Paquito...

Manifestacións pro-referendum independentista.

Tematica CHE.

Organización de boicots a filoloxia de lingua castelá.

Lingua portuguesa.

activismo antiespañol.

ect...

Anónimo dijo...

O CHE dixo: socialismo ou morte(e iso con ser médico e todo)

Anónimo dijo...

A ignorancia e moi atrevida.
Agora resulta que os PePeros da comarca pretenden que o goberno actual da Xunta fose quen de facer o que eles non fixeron en 20 anos. Vivir para ver.

Anónimo dijo...

Home, outros con catro e ainda non empezaron a obras do PP.

Atrevida e desbragada.

Anónimo dijo...

Ainda non lle preguntastes ao voso alcalde e candidato, como e onde vai gastar o fondo de investimento local en Cariño??


Cal foi a miña sorpresa que din que o grupo de goberno púxose de acordo que os fondos vanse a invertir en células fotovoltaicas para a nova piscina municipal. Apostando polo desenrolo sostivel.


Sorpresa, porque nas condicións para a concesión dos fondos que foron aprobados nestas datas recentes, pon moi claramente que estas concesións son exclusivamente para financiar proxectos de NOVA CREACIÓN. A piscina non cumple estas carácterísticas.


Polo tanto interesádevos polos cartos que son pra Cariño, estamos a falar de máis de 700.000 euros...


Os cartos son de todolos cariñeses.

Anónimo dijo...

Invirtense niso e tamén en moitas máis cousas, pero ese investimento foi o primeiro no que se puxeron de acordo

Anónimo dijo...

Sinpatica foto aguillén a la espera del huevo de vac

Anónimo dijo...

Hoxe estaba a traballar arreo unha maquina no inicio da variante de Ortigueira para ter mañan mercores dia 14 todo preparadiño para que Torito e Caride colla a pala e bote a primeira grava da VAC. Carpa incluida. Por un momento pensei que estabamos no 2005. Cambiou algo?

Anónimo dijo...

Este comentario último es de un guarro machista. Vete mañana y pregúntaselo personalmente.

Anónimo dijo...

Antes as palomas ou pombas blancas simbolizaban a paz ou tamén ao espiritu santo, agora temos esa galiña branca que está mellor para a época de crisis que estamos a pasar, está gordiña e dan ganas de facer un bon caldo con ela.Boa idea Aguillón

Anónimo dijo...

Tinoaguillón,controla a os teus,outras veces o fixeches con outros.E unha bergoña o que din estos do PartidoPerdedor,censura xa.Saudos

Anónimo dijo...

Cando gañou Torito? e Quin o"bailarín"?

Anónimo dijo...

Ese,Quin que criticaba a o noso `presidente Fraga,(porque como era vello iba as festas dos vellos).Ese que baila e fai as festas pra os vellos,pra que o voten????.Bueno,e a alguns por si lles pode papar todo o que teñen.No creedes???.Pois preguntade nesa famosa Vicepresidenza da desigualdade e do malestar.!!!!!.

Anónimo dijo...

A verdade que estou por montar un blog para desfogues sexuais de algún dos nosos lectores, xa sebemos que a intención no é desfogarse eles, si fose esa e valese para algo ainda os permitiriamos. Pero a intención é desvirtuar o debate, asi que vos recomendamos que cada vez que isto ocurra, non entredes o trapo e nos avisedes, para esto esta o noso correo electronico: aguillons@gmail.com
Un correo que podedes usar calquera dos lectores para pasarnos información, facer vosas propias noticias a publicar aqui, o simplemente dar queixa de algo. A idea e que Os Aguillóns os fagamos todos.
Unha aperta a todol@s veciñ@s

P.D. A os militantes e responsables dos partidos politicos que sabemos nos siguen con asiduidade decirlles que si queres poden mandar as suas notas de prensa a noso email para ser postas no blog. Este mensaxe e para os tres partidos principais pero si hai outros colectivos que tambén o fagan se queren.

Anónimo dijo...

Tranquilo aguillón xa seabemos que hai uns cantos interesados en cerrarche o chiringuito para que non se fale dos problemas do concello. E xa veras como os que máis critican nin te mandan unha nota para que a publiques e máis fácil criticar que traballar. Ánimo aguillón e dalles na cachola que donde máis lles doe.

Anónimo dijo...

Eu supoño que as direccións dos e-mails que manden ao aguillón gozarán de escrupulosa privacidade. Porque sabemos onde estamos e de que son capaces moitos como para abrirllela ventá da casa.

Alzala voz ten prezo.

Anónimo dijo...

Podes dar por seguro a escrupulosa privacidade dos emails enviados. Si o remitente non quere que se sepa que a noticia ou información ven da sua parte con decilo e suficiente. E si o remitente quere firmar a noticia co seu nome ou con un seudónimo pois pola nosa parte non hai problema. Eso si a demais de noticias nos mandan fotos estaríamos encantados. Entre todos podemos facer un portal do que esta a pasar en Cariño.