14 ene 2009

Mais vale tarde que nunca

Por fin, Touriño, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, colleron a pala e colocaron a primeira pedra da variante de Ortigueira, o primeiro dos treitos da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte que conectará Ferrol con San Cibrao. A Consellería inviste un total de 48,8 millóns de euros na construción da variante de Ortigueira, que ten unha lonxitude total de 8,4 quilómetros e un prazo estimado de execución de 30 meses. Esta nova infraestrutura conectará a estrada As Pontes-Ortigueira (AC-101) coa localidade de Espasante. Deste xeito desconxestionarase a estrada convencional Ferrol-San Cibrao (AC-862) e evitarase o paso pola vila de Ortigueira. A variante de Ortigueira disporá de dous carrís (un en cada sentido) de 3,5 metros e dúas beiravías de 2,5 metros. Ademais, o treito disporá dun carril adicional para adiantamentos ao longo de 2,7 dos seus 8,4 quilómetros (unha terceira parte do percorrido). O treito que agora se inicia disporá de tres enlaces, todos eles deseñados tendo en conta a posible ampliación a autovía, polo que non será necesario modificalos no futuro. O de Ortigueira Sur conectará coa estrada As Pontes-Ortigueira (AC-101) e estará moi próximo ao Parque Industrial de Ortigueira. O de Ortigueira Norte sitúase á altura do núcleo da Venta, moi próximo á AC-862, e nel implantarase unha área de descanso con vistas á ría. Por último, o enlace de Espasante, tamén próximo á estrada convencional, irá situado en Agromaior. A circunvalación de Ortigueira é o primeiro dos treitos da Vía de Altas Prestacións entre Ferrol e San Cibrao, que será prolongada tamén con características de corredor polo Ministerio de Fomento dende San Cibrao ata Barreiros, punto no que enlazará coa Autovía do Cantábrico (A-8). Ademais da VAP da Costa Norte, a Consellería de Política Territorial está a impulsar outras actuacións que complementarán a dita infraestrutura e mellorarán a nosa mobilidade. Unha delas é a nova estrada de conexión con Cariño, unha vía de aproximadamente 11 quilómetros que suporá un investimento duns 35 millóns de euros e para a que se está a redactar o estudo informativo. Deste xeito Cariño pasará a ter un acceso a través dunha vía titularidade da CPTOPT da que ata o de agora carecía, cumpríndose así o compromiso recollido no Plan Director de Estradas de Galicia de que todos os concellos galegos dispoñan dunha vía autonómica.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

E un aplauso para as declaracións do Alcalde de Ortigueira Rafael Girón que apoiou o alcalde das pontes para o traslado de Ence. Ten moito que aprender o noso Alcalde para deixar a sua demagoxia, envidia e ignorancia aparte polo ben común dos nosos veciños.
Armada vaite xa.

Anónimo dijo...

Tou fixo o paripé, que corte cintas en vez de enterrar pedras.

Anónimo dijo...

non me creo nada de nada, pareceme que as eleccions estan cerca coma sempre.

Se deixarades de gastar cartos en partidos da seleccion, cambiar cada duas por tres a lingua e botar as empresas fora, a cousa cambiaria moito.

Fan falta empresas, traballo e mais apoio o que da a vida a costa que é a pesca!, haber se non enteramos que os cartos de todos tense que gastar para o ben común, un partido da seleccion a min non me da de comer, non sei a eles?

Sociolistos deixadenos en paz, porque de socialistas, obreiros e españois non sei que tedes ahora de partido politico moito!;demagoxias e mentiras!

Anónimo dijo...

Quen sabe sabe...O alcalde de Ortigueira, o popular Rafael Girón, iniciou a rolda de intervencións no acto de onte cun discurso que aproveitou para lanzar ao presidente da Xunta algunhas demandas que afectan non só a Ortigueira senón tamén ao municipio veciño das Pontes. O rexedor ortegano pediu á Xunta que aproveite os 16 millóns «aforrados» na adxudicación á baixa da variante para «financiar a redacción do proxecto e a compra de terreos precisos para construír unha autovía entre Ortigueira e As Pontes facilitando a conexión do Ortegal coa autovía Ferrol-Vilalba».
Non foi a única petición do rexedor. Girón cualificou de «barbaridade» o concurso eólico e pediu que se aproveitase «para compensar a saída de Ence da ría de Pontevedra e impulsar o seu traslado ás Pontes». Terminou a súa intervención recordando a Touriño o seu compromiso de que toda a vía estaría operativa no 2011. Cualificou de «fundamental» para o desenvolvemento social e económico da comarca esta estrada «que acumula excesivos atrasos».
O máximo responsable do Executivo galego eludiu dar onte unha cifra de remate da totalidade da infraestrutura viaria

Anónimo dijo...

Aiii, como lles doe algúns que se fagan as cousas.E iso é o triste,que o que é bo para todos a algúns lles molesta porque non o fan "os nosos".

Ese é o interese que mostran pola comarca,o mesmo que sentían agochadiños cando Fraga e Feijoo tiveron o proxecto de Cuiña parado case 6 anos.Sí,si,ese mesmo Feijoo que agora ben de salvador non sabemos moi ben de que.Veredes o pau que vai a levar,veredes.E iso que a min nin e vai nin me vén,pero vexoo vir.

O bo desta estrada é que en 2013 volta a haber eleccións á Xunta,así que non bos preocupedes que estará todo o trazado aberto antes desa data,nin o dubidedes.Os 90 kilometros.Ainda que soamente sexa por electoralismo e rédito político.

Os nosos políticos son así,para ben ou para mal.

Anónimo dijo...

No 2013 non sei si estarán cortando a cinta da primeira pedra que agora se pón.Ejecución 30 meses, dous anos e seis meses, tendo en conta: a "seriedade" das empreas adxudicatarias,a baixa casi temeraria (15 millóns de €) faime ser incrédulo; pero, paciencia, para todos nos e, xa non digamos, para os veciños directamente afectados,Barbos queda cortado por unha gran navallada esperemos que cure pronto e para millorar eles e máis toda a comarca.Cariño segue tanto ou máis aislado, seguen estudando como jodelo o menos posible, menos mal que temos unha costa que non no la merecemos do fermosa que é. Feliz San Xiao

Anónimo dijo...

"...Insuficiente para el alcalde de Ortigueira. En un discurso rodeado por la plana mayor del PSdG, Girón le propinó tres tirones de orejas a Touriño. Primero:"Hubo excesivos retrasos con el vial, el presidente debe agilizarlo".Segundo: "El decreto eólico es una barbaridad y no prioriza a Galicia, Ence debe trasladarse hasta As Pontes". Y tercero: " La variante de Ortigueira se adjudica por menos de lo indicado, pedimos el resto para la autovía a As Pontes", Ante el ciclón Girón, Caride presentó una tenue defensa; "¡Este é o Goberno que comeza as obras!. Aplausos socialistas y momentos de tensión.
jueves 15 de Enero 2009

El Correo Gallego

Patricia Hermida

Anónimo dijo...

Girón es el bufón de Antonio Campo.
Digno del club de la comedia la perogrullada de todos los que se creen que mandan algo en los PP's de Galicia.

- "Hubo excesivos retrasos con el vial, el presidente debe agilizarlo"

Hay que ser doctorado en ignorancia para largar semejante panfleto. Aunque razón no le falta, con lo avanzadas que estaban las obras con el gobierno de D. Manuel. Por Villalba claro, porque la Transcantábrica debería de pasar y pasa, como no, por Villalba, que además de ser la tierra natal de D. Manuel, también es conocida por su feria de capón y por sus diques de abrigo y muelles de atraque cantábricos.

- "El decreto eólico es una barbaridad y no prioriza a Galicia"

Aquí se le ve el plumero. Se cree que somos tontos. Con solo tener conocimiento de los miembros de las sociedades que gestionan y administran todos los parques eólicos del otro lado de la ría, se alcanza a comprender cuan dolor se ha sentido y cuantos € se resentirán después del reparto final de licencias.

Antes con D. Manuel era otra historia. Y si no que se lo pregunten al jefe del alcalde de Ortigueira.

No deja de ser curioso que en el último reparto de licencias de radioemisores adjudicadas por la Xunta de D. Manuel en todos los concellos gobernados por el PP plantaron un emisor de la COPE o de Onda Cero. Curioso.

- "Ence debe trasladarse hasta As Pontes"

Queda como dios, eso cree el, pero así son los PePeros que operan a dedo.

Hai que destacar que ENCE con un depósito de madera era la única presencia notable en el polígono industrial de Ortigueira, aunque la actividad era nula. Simples labores de carga/descarga a modo de almacén temporal que realizaban los propios camioneros que se encargaban del transporte.

Dicho más claro. ENCE chupó subvención y demás y ahora deja a Rafa Girón con el culo al aire que para salir del paso larga lo que larga y creyéndose el salvador de As Pontes no es más que un simple bufón sumiso a la voz de su amo.

- " La variante de Ortigueira se adjudica por menos de lo indicado, pedimos el resto para la autovía a As Pontes"

Se ve que en Ortigueira ya poco queda que chupar y viendo lo que se puede echar encima mejor llevarse bien con los vecinos, posibles compañeros de padrón a medio/corto plazo.

Anónimo dijo...

Xa están os burgueses sociolistos rebuznando.

Anónimo dijo...

si. definitivamente los socialistas son como la primitiva, siempre que toca nos quita de trabajar.

Anónimo dijo...

Girón defendeu os intereses da xente da comarca. Ence da postos de traballo, os eólicos dan postos de traballo. Qué importa quén de o traballo. E agora vai Armada e emplea os fondos para os paneles solares da piscina. ¿ Canta xente que esta no paro en Cariño vai traballar niso ? ¿ Non debería xa de incluilo no proxecto inicial ? E o BNG caladiño coma un can de palleiro. Ver para crer. Non é que Girón penses que eres tonto é que eres subnormal profundo.

Anónimo dijo...

Aguillón, pon a foto onde aparece Armada coa pala...pa unha vez que o vemos traballar....

Anónimo dijo...

José Cuiña Crespo, descansa en paz, y un recuerdo en este día donde tú sucesora está poniendo por fin!!! la primera piedra de lo que tú dejaste iniciado,y estos nuevos, una y otra vez están retrasando y modificando.

Anónimo dijo...

El alcalde de As Pontes pertenece al PSOE y sus declaraciones con respeto al plan eólico hay están; son destructivas políticamente hablando para su partido, pero es un hombre con sentido común y que lucha por su pueblo, da ejemplo él y sus concejales, son el único caso en toda Galicia que no cobran ni un euro.

Este de Cariño ahora dice una cosa y mañana lo contrario y se queda tan tranquilo, vive de la política, y eso es un peligro para un pueblo, y eso fue asi desde hace muchos años, como Pepiño, ahora Don José.

Anónimo dijo...

Ahí rapaz, ahí te quero ver.
Antes de enviar o comentario revisa a ortografía, para eso está a "vista previa" paparda.
Eiquí cos sociolistos que ti e os teus chaman saimos gañando. Agora so ten nómina o alcalde. Antes chupaban Tallón e Auri.
Claro que cadaquen fala da feira como lle vai.

Anónimo dijo...

E ti revisa a túa ignorante do carallo. Vaite facer unha cura de humildade.

Anónimo dijo...

AYYYYYY!!!!! AYYYYYYYYYY!!!!!! JEEEEJEEEEIIIIIIIIIII!!!!!!! D. Jose luis cobra el soliño máis do que cobraba Tallón e Auri xuntos.O que leva cobrado nestes seis anos e un escándalo; en vez de yate podía ter un paquebote.

Anónimo dijo...

Que Giron le eche una mano a ENCE tiene su gracia. Hay que recordar que ENCE prometio e Ortigueira 43 puestos directos de trabajo y a cambio el ayuntamiento que preside le dio una bonificación del 95% en la licencia de obras y permitio que se quedase con parte de los viales publicos del poligono. Luego ENCE no cumplio y dijeron que si le iban a pedir cuentas y hasta hoy. Hay que recordar que uno de los empresarios de la propuesta del traslado de ENCE es Epifanio Campo.Una de las cusas de la exclusion es el escaso numero de puestos de trabajo que crearia.
Lo de hacer una autovia Ortigueira-As Pontes es como lo del puente Cariño-Ortigueira. Una idea lanzada para despistar. Mientras nois dediquemos a hablar de eso nos alejamos de lo importante. Si por lo menos hubliera hecho esa carretera con los carriles de lentos correspondientes el problema de comunicación quedaria resuelto por muchos años.