10 ago 2008

Reflexions sobre a madeira e a ponte

O da ponte tenme alucinado.Levo anos escoitando ese argumento,unha ponte cara Ortigueira se pide.Pero imos a ver ¿vos credes que alguén con dous centímetros de sesera vai a financiar unha ponte entre unha aldea do concello de Cariño e un núcleo de pouco máis de 1.000 habitantes? ¿E todo iso pasando por riba dunha zona RAMSAR, ZEPA, LIC e incluida na Rede Natura 2000 da Unión Europea?. ¿Credes que interesa económicamente? (xa non falo de se interesa medioambientalmente). Non falamos de unir Nova Iorque e Manhattan,non. Nin Francia con Inglaterra. Nin sequera Italia e Sicilia. Non se uniron as áreas de Ferrol e Coruña con tres pontes (entre unha e outra área de influencia case medio millón de habitantes) e vaise facer unha entre Figueiroa/Sismundi/Feás ou donde vos pareza a vos e Ortigueira para ir a Facenda a entregar a declaración.Ler para crer.E o argumento máis bo foi aquel que dixo que "tamén o monte estaba cheo de muiños e ninguén di nada". Iso é como se temos un can que mexa na casa e,como xa mexou o can,pois a mexar todos polo chan. Total,xa mexou o can e ninguén dixo nada.A ver rapaz, non dirás nada ti,non xeralices. Algúns si decimos,outra cousa é que se nos chegue a oir.Pero decimos,moleste a quen moleste. E da desfeita que está a facer a mina de Landoi sen permisos de ampliación nun espazo protexido (nin por suposto estudos de impacto ambiental novos desas ampliacións) tamén decimos, sí. Eu ,como dixo alguén,penso que a ubicación do polígono vai a ser un fallo garrafal que este pobo vai a pagar ao longo de décadas.¿A quen se lle ocurrería a brilante idea de estrangular o crecemento da vila con un polígono xusto por onde debería de medrar o pobo de maneira natural?¿quen sería a cabeza pensante?Debeulle quedar ben descansada.Tódalas vilas do mundo sacando as industrias do casco urbán (incluidas as veciñas,por algo será) e nós que somos así de peculiares meténdoas no casco urbán.E ata de potenciar o aceiro inox dentro deste polígono industrial urbán se fala.Quedo acojonado (e perdón pola expresión).En Pontevedra tolos por sacar Ence do casco urbán, en Avilés apestados pola fábrica de Acelor e coas casas negras e eiquí pedindo todo iso para o medio do pobo.Flipante.Pero bueno,isto tamén é unha opinión que se pode escoitar ou non.E debater,que non é o mesmo que insultar,por suposto. Eu non me opoño á industria,todo o contrario, nin a evolución do noso pobo,pero cada cousa no seu sitio.O polígono nalgún sitio máis axeitado (seguro que fora dos cascos do pobo e parroquias hai sitios oportunos a esgalla) ¿Ou na casa de algún de vos o urinario está na cociña ou no salón? Seguro que non.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

que se deixen de ponte e que busquen unha solucion para as gaivotas que me teñen tolo este veran xa nas aturo mais ata denoite dan a lata as cabronas.

Anónimo dijo...

O ex futbolista do Celta Valery Karpin, eloxiado ata a saciedade pola súa visión para os negocios inmobiliarios, puxo terra polo medio empuxado pola crise do sector e a falta de achaiadura en todos e cada un dos municipios onde se gastou en 4 anos 100 millóns de euros, para levantar sete urbanizacións que seguen paradas.
Onte foi presentado en Moscova como novo director xeral do Spartak, o club onde se formou e co que conquistou tres ligas e unha Copa Soviética. O dono do equipo, Leonid Fedum, tardou dúas semanas en convencer a Karpin, que onte mesmo se declarou «aburrido» polo fracaso das súas xestións inmobiliarias.
O centrocampista rubricou unha dura carta de despedida na que acusa aos políticos de «paralizar» os seus investimentos. O estoniano non venderá a súa participación en Valery Karpin Group, matriz do holding fundado no ano 2004 e desde onde controla o 100% de Investimentos Canaima, sociedade patrimonial adquirida no 2006, e as firmas Valery Karpin Moda e Telecomunicacións, ambas as inactivas.
¿que será agora dos seus socios en Cariño?

Anónimo dijo...

Xa teñen o peto cheo os socios.

Anónimo dijo...

as gaivotas son desertoras do "PP"

Anónimo dijo...

Sempre nos estamos queixando. As gaivotas forman parte da nosa fauna;¿ ou preferides as pombas das prazas de Sevilla, ou os ratos dos campos de Castilla, ou que as vacas campen polas rúas como na India? Deixáde en paz aos animáis, que ainda que molesten teñen a sua función e o seu lugar na cadea alimenticia.Iso sí, ás moscas nin auga, que mira que son pesadas....

Anónimo dijo...

coma se nota que chove a xentiña non sae do ordenador, lastima que as javiotas non sepan teclear.

Anónimo dijo...

¡¡ No nos llega con las de los politicos, que ahora se les unen las gaviotas. ¿ No se hacen batidas para controlar los jabalíes y los lobos; pués con las gaviotas igual. !!

Anónimo dijo...

estoy aburrido de ese sonido que hacen las gaviotas nunca tanto se ayeron como ahora sera por que no hay vertedero de basura ?

Anónimo dijo...

solo a mi me molestan me parece raro que a nadie mas le parezca extraño que este año se hagan notar tanto

Anónimo dijo...

o que pasa e que hay menos pescado e eso notase nas descargas e as gaviotas teñen fame.

Anónimo dijo...

Que desprestixio de páxina.Só a estamos a utilizar pra decir estupideces.

¿Non será que estamos perdendo masa encefálica?

Anónimo dijo...

Onde eu vivo non se escoitan ¿ será que non é o corredor de alta velocidade das javiotas?

Anónimo dijo...

Alguen se preguntou cánto custou o Ortegalrock?

4 millóns das antigas pesetas.

Preguntome se como dí o noso alcalde, esta festividade promociona como é debido ao pobo de Cariño, se como di tamén fai o ARTAL un fenomeno... Un impacto ou repercusión económica favorable no turismo e na hostaleria...como?onde?cando? pero sobre todo Por que deberia darse?

O concello cumpliu 20 anos de existencia e a súa celebración baséase en unha toma de diapositivas, dosis de demagoxia e apropìarse e patrimonializa-la segregación por parte duns poucos. Se isto fose verdade, ¿éste e o prezo que temos que pagar?

Se non se esta de acordo cómo cohesionar e xuntar a maneira de que celebremos todos o feito de ser cariñeses, cando menos poderíase darnos unha homenaxe e ofrecernos unha festas patronais coma as de antes, grandes e con orquestras de prestixio. Deu moita rabia saber que ao Ortegalrock fomos catro gatos... e todos de Cariño.

Anónimo dijo...

o prestixio ganase pouco a pouco e sitodos pensamos coma ti vamos de "cu"
ai que ter pacencia e gañar o prestixio pouco a pouco e non desanimarse o ortegal rok como a festa da caldeirada teñen que ir medrando e correxindo pequenos ou grandes fallos e co tempo facernase mais populares .
aora ben setodos pensamos coma ti repito escusa facerse nada no pobo.

Anónimo dijo...

Para, para.
No comentario non se fala de estar en contra do OR, senón que este ano non tivo éxito, simplemente e ademais tivo un custo engadido. Aposto o que queiras que se van os grupos de Cariño e da comarca de Ferrol ten o mesmo éxito. Por suposto que é unha boa iniciativa a que hai que apoiar. Agora ben...

¿Cando se promocionou este, o presente festival?
¿Que clase de promoción tivo?
¿Por que as empresas locais non colaboran?¿Por que non se consiguen ou se buscan apoios de patrocinadores sexan os que sexan?
Cando vemos os festivales dos arredores vemos que traballan todo o ano e sen contar co apoio da administración...aqui..¿que se fai e quen o fai?

Quen dá o paso adiante en facer un proxecto de festival é a administración local con cartos do contribuínte. É totalmente lexítimo que os veciños pidan o compromiso e seriedade correspondente xa que son os interesados e os que as van a "disfrutar". Digo eu...

Non fai falla ter popularidade pero sí intentar establecerse e consagrar unha tradición. A popularidade trae cousas que non sempre son boas, por exemplo, que a Ferrol acuda gracias a Concelleira de cultura a sra. Diaz traer a bandabasotti, unha admiradora do mundo etarra do noso pais, isto non sería algo sen máis importancia se os que che ameazan insultan e desexan a túa morte son contratados cos teus cartos...pero en fin, asi montan os pesebres os que impoñen os que oprimen os que obrigan os que esixen limpeza e intolerancia..., todo cos cartos do conxunto da cidadanía. O poder é o poder.

Anónimo dijo...

BOAS.

SEI QUE NON TEN QUE VER CO FESTIVAL O SEGUINTE,.PERO VOU DEIXAR CONSTANCIA IGUALMENTE....

QUEREN VENDER CARIÑO COMO DESTINO VACACIONAL...QUE SI AS PRAIAS , A SERRA DE CAPELADA.,,,ETC ETC

VERGOÑA LLE DEBERIA DAR OS NOSOS DIRIXENTES. O VENRES PASADO CANDO CAEU A ESO DAS 7,30 DA TARDE ESES CHAPARRONS FORTES, O POBO, ( VIVENDAS E GARAXES) ANAGOUSE DE AUGA ,, E SI SO FORA AUGA ...HIXIENICOS...TERRA,,,RATAS E MERDA......

O CHEIRO QUE SE COLABA NAS VIVENDAS O DIA SEGUINTE,,,ERA TERRIBLE.

ISTA SITUACION REPITESE CADA POUCO EN CANTO CHOVE FORTE ALGO SEGUIDO...

AVISOUSE,,FALOUSE ,,CONSULTOUSE CO CO CONCELLO E EMPRESAS E O RESULTADO:

QUE NON POÑEN REMEDIO...E UNHA VERGOÑA.


CARIÑO DESTINO VACACIONAL.....JODER.

Anónimo dijo...

BOAS.

SEI QUE NON TEN QUE VER CO FESTIVAL O SEGUINTE,.PERO VOU DEIXAR CONSTANCIA IGUALMENTE....

QUEREN VENDER CARIÑO COMO DESTINO VACACIONAL...QUE SI AS PRAIAS , A SERRA DE CAPELADA.,,,ETC ETC

VERGOÑA LLE DEBERIA DAR OS NOSOS DIRIXENTES. O VENRES PASADO CANDO CAEU A ESO DAS 7,30 DA TARDE ESES CHAPARRONS FORTES, O POBO, ( VIVENDAS E GARAXES) ANAGOUSE DE AUGA ,, E SI SO FORA AUGA ...HIXIENICOS...TERRA,,,RATAS E MERDA......

O CHEIRO QUE SE COLABA NAS VIVENDAS O DIA SEGUINTE,,,ERA TERRIBLE.

ISTA SITUACION REPITESE CADA POUCO EN CANTO CHOVE FORTE ALGO SEGUIDO...

AVISOUSE,,FALOUSE ,,CONSULTOUSE CO CO CONCELLO E EMPRESAS E O RESULTADO:

QUE NON POÑEN REMEDIO...E UNHA VERGOÑA.


CARIÑO DESTINO VACACIONAL.....JODER.

Anónimo dijo...

Que chova que chova a...........