
¿Alguen se preguntou cánto custou o Ortegalrock? 4 millóns das antigas pesetas. Preguntome se como dí o noso alcalde, esta festividade promociona como é debido ao pobo de Cariño, se como di tamén fai o ARTAL un fenomeno... Un impacto ou repercusión económica favorable no turismo e na hostaleria... como? onde? cando? pero sobre todo ¿Por que deberia darse? O concello cumpliu 20 anos de existencia e a súa celebración baséase en unha toma de diapositivas, dosis de demagoxia e apropìarse e patrimonializa-la segregación por parte duns poucos. Se isto fose verdade, ¿éste e o prezo que temos que pagar? Se non se esta de acordo cómo cohesionar e xuntar a maneira de que celebremos todos o feito de ser cariñeses, cando menos poderíase darnos unha homenaxe e ofrecernos unha festas patronais coma as de antes, grandes e con orquestras de prestixio. Deu moita rabia saber que ao Ortegalrock fomos catro gatos... e todos de Cariño. (Anonimo)