10 abr 2008

Os vellos para o Campo do Hospital

O hotel Villa de Cedeira, situado na parroquia de Montoxo de Cedeira, no Campo do Hospital, a uns quince quilómetros de Cariño, mais ou menos ¿non?, naceu como hostal fai doce anos, e polo que din está á venda desde principios de ano por 2.600.000 euros. Os catro socios estiveron á fronte do negocio durante unha década. Fai dous anos, cambiou de mans e asumiu a propiedade do inmoble Alfredo Vilela, promotor inmobiliario, que executou unhas reformas no edificio para convertelo en hotel e neste monento está en negociacións para unha posible venda á Xunta. Vicepresidencia da Xunta estuda a posibilidade de adquirir o hotel Villa de Cedeira, para convertelo nunha residencia para a terceira idade. Que sorte temos, unha residencia a poucos quilometros da casa. Por que a idea que baralla Vicepresidencia é abrir as portas dunha residencia comarcal, cun área de influencia que incluíse, Cedeira, Cerdido, Cariño e Moeche, entre outros termos da zona. Mais de un xa estará contento, terá un curruncho donde meterse nos últimos anos da sua vida, como e no noso caso. E todo isto gracias os do BNG de Cedeira, que lle están comendo a orella a Anxo Quintana para que solte os cartos, mentras que os do BNG de Cariño, enteranse pola prensa coma nos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿que fan os do BNG de Cariño? cobrar e non rascala. O que tiña que facer Quin e vir por aqui e poñer orde e facer un cambio, xente xoven e o que necesita o BNG en Cariño.

Anónimo dijo...

Cala Oscar.

Anónimo dijo...

Mandar calar e moi facil cando doen as verdades, xente xoven é o que necesita o BNG todo o demais sobra, xa sabemos que os cartiños a fin de mes axundan a levar a vida pero o pobo quere algo mais que tragons no concello.

Anónimo dijo...

http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw
http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw
http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw

Vídeo hecho por Akatxona Productions, sobre fotos antiguas de Cariño inéditas!!!

Gracias.

Anónimo dijo...

renovacion do BNG
XA

Anónimo dijo...

O BNG de Cedeira a lo menos conseguiu que R, empresa de telecomunicacións galega lles garantice unhas telecomunicacións do s.XXI ademais dun importante aforro...
Nós temos un pase "Bip", Armada e Varela ó abandono e a chapuzada.