
Tras case un ano de traballos de reparación, posta a punto e adaptación ás medidas de seguridade, o Artal iniciará nunhas semanas a sua nova vida para deleite de uns, e negocio de outros. Nesta ocasión, non irá á captura de sardiña, xurelo e anchoa, senón que paseará os turistas polo cabo Ortegal, os cantiis de Limo e Herbeira, e Os Tres Aguillóns. A bordo da tarrafa do Artal viaxará xunto con vinte turistas un monitor, posto que ocupará Xosé Miguel Alonso, e dous tripulantes, ambos os titulados como capitáns de pesca e motoristas. Nas profundidades da tarrafa, aínda se poden ver os camarotes, un para os mariñeiros e outro para o patrón. O Concello aposta por conservalos para, por unha banda, mostrar este tipo de estancias aos turistas e, polo outro, para utilizalos en caso de mareos. Ben pensado o dos mareos, mais de un vai marear despois de saber en canto sae manter este luxo para os turistas. O mellor da restauracién e que o water orixinal que tiña o barco consérvase, aínda que se instalou un inodoro químico, como o dos avións, de forma que non se verte nada ao mar, ¿moi modernos e ecoloxista verdade?. O noso alcalde puxo especial interese en que o Artal conservase, na medida do posible, a súa aparencia orixinal e parte dos seus aparellos, cun fin didáctico e divulgativo, e que temos un alcalde que non o merecemos, sempre coidando da nosa educación. O pesqueiro Artal, un cerqueiro construído nos anos oitenta en Vigo, que ía camiño do despezamento, foi rescatado polo noso Alcalde para convertelo nun aula do mar para ben de todos, ainda que agora beneficianse uns poucos del. Dende Os Aguillóns damos unha vez mais a enhoraboa, a familia Guerra, que cedéron o Artal ao Concello no 2006, eles si que souperon ver o futuro.
14 comentarios:
"Dende Os Aguillóns damos unha vez mais a enhoraboa, a familia Guerra, que cedéron o Artal ao Concello no 2006, eles si que souperon ver o futuro."
Que se quere dicir con isto¿?¿?
un futuro de gloria pra noso concello xa temos armada, xa temos flota, agora so nos falta o portavions
Vaia estampa a da foto do noso polideportivo na LVG de hoxe 10 de abril do 2008. Cos baldes apañando a auga do temporal, pena que non puxeran a pé de foto o artigo do progresismo de armada do outro día, e de paso, a casa da cultura,...
Hay cartos para arranchar a igrexa da Pedra pero para o polideportivo nada. Aaayyyy como se entere Zp.
Chove "augha" a baldes,
baldes coma os do "poli",
baldes cos que apañamos,
vosa dignidade.
Loita co polucionado Cariño,
cariño, que investimos en vós,
se onte "bombeamos" a Modestiño,
agora "a merda" bombeamola nós.
A noite é para os morcegos,
morcegos do novo mercado,
viven sós e de penuria cegos,
falan á soidade ollando.
.
O andar faise o camiño,
o "camiño", terá nova estrada,
¿cando nos virá o sentidiño,
se a que hai esta escangallada.
¿Onde xogarán os nenos?
so hai que pasarse no domingo,
para ve-los a pé de beirarúa,
unha vida feliz, plena de saúde,
agarda aos nosos pequenos.
Aduriña xoven e voou,
dicia Xoán Pardo,
A un “viveiro” o alcalde me invitou,
E logo, quedei con cara de parvo.
O señor cura oficiou a miña confirmación,
Confirmoume que para conseguir algo,
Embauca-la xente teria, e ademais diso,
Carecer de vergoña e ser dos socialistas devoción.
Albergamos ilusións no alberge,
xa que no que se refire a igrexa,
está ao cargo o concello e a súa xente,
xente que na súa maioría non a van pisar,
e que, de seguro, de Miguelanxo será a envexa.
¡Gracias señor cura! Teño fe cega en vostede,
Non esquezo a rosa que me deu despois da misa.
¡Xa veñen os do alcantarillado!
¡haber cando o sentidiño!,
en Cariño separan fecais e pluviais,
nas parroquias so canos e camiños.
Mirando al mar soñé…
Soñei, cun horizonte de esperanza,
Pero, nunca imaxinei,
Que cos nosos cartos,
Fletasen un cruceiro de pracer,
E asi, asi nos luce o pelo.
Eu digo...
Onde, cando e como sairon a "concurso" publico as prazas para ser Patron, Motorista ou Monitor do "Barco de Chanquete"? Que eu seipa no noso pobo sobra xente interesada e preparada para estes postos de traballo (en lugar de partirse o cu polo mar a diante) e que eu seipa non se enterou nin Dios das vacantes destas prazas...
Penso que o que ocurre neste caso e que o noso alcalde, coma sempre, ten o dedo indice moy afiado pra nomear con el os que mas lle interesa, ... e intereses sabemos todos que os hai ...
Si que sairon, a convocatoria estaba na porta da libreria de Armada, e que non te enteras de nada rapaz, todo o pobo o sabia, presentaronse cen para o posto de patrón 500 para o de motorista e un so para o de monitor, e que non habia xente con titulacion superior no pobo pra ir. Todo moi legal, que eiqui respetamos as leis, ademais eu estou moi tranquilo porque o control desas oposicions o levou o Tarolo, que non lle pasa nin unha a Luis. Eu presenteime a proba de motorista, pero non a paseise, atascouseme a palanca de arranque. Asi que dou fe que no Artai van os mellores, garantia de quen non van ir a pique.
A convocatoria debeu ser coma a praza de barrendeira con BMW e dous airbags
http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw
http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw
http://es.youtube.com/watch?v=LT0CFKqpIKw
Vídeo hecho por Akatxona Productions, sobre fotos antiguas de Cariño inéditas!!!
Gracias.
que casualidad que solo salimos en la voz cuando la noticia es mala
Salió de Jamaica....
rumbo a Nueva York...
O Artal xa ten gas oil... Pra que? Pra expolealo pola ría...O barco dos paxaros...dos ecoloxistas...Velaí o tedes.
where is the next whisky baaarrr..........
Sooooome wheeere oooover the raiinbooow.....
Publicar un comentario