
Sete alcaldes do PP de Ortegal e da Mariña lucense acordaron en Cerdido convocar unha manifestación o día 17 de Febreiro no municipio do Vicedo para esixir á Xunta que incremente os fondos para o corredor costeiro. O noso alcade veciño de Ortigueira, Rafael Girón, que falou como portavoz dos mandatarios de Moeche, Cerdido, As Somozas, Xove, Cervo e O Vicedo, afirmou que será unha manifestación pacífica e reivindicativa e invitou a asistir aos axentes económicos, sociais e políticos da zona, así como a todos os veciños. Os alcaldes do PP entenden que só incrementando os fondos consignados no orzamento do 2008 (3,7 millóns) a infraestrutura poderá estar acabada no 2011, horizonte fixado pola conselleria. Os alcaldes populares acordaron, ademais, a realización dun seguimento estrito dos distintos tramos. A mobilización, baixo o lema
Que levante a man quen teña dereito a unha estrada digna, pretende reivindicar á Xunta que acelere a construción da vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao.
34 comentarios:
Todo iso está moi ben (xa o dixen) pero vaiamos ao que realmente importa: ¿vai a poñer pinchos Girón na manifestación do Vicedo?. Eu quero sabelo.
Esperemos que se os hai non sexan os que estaban feitos para o día 26 de xaneiro, cando se suspendeu a convocatoria de Vicedo por causas de forza maior (o mitín de Rajoy en Santiago); poden estar resesos, e o ovo das tortilla pode conter salmonella. Fixo moi bo tempo, e para o ovo xa se sabe.
Ven, que xa che temos esa tortilla reservada pra ti
Xa imos tres da zona.Van sobrar plazas no bus, asique vale máis que pillemos un taxi
A p...memoria recorda a foto na ponte do Baleo; Ismael Rego, Patiño, e demáis mentireiros...No 2009 eleccións Autonómicas e nin un metro expropiado...
Da transcantábrica aínda están a 50 km. de Ribadeo...
Catro anos de ^^ e ná de ná...
Casi outros catro de Touriño e Quin e aínda andan con dibuxitos e visitas relámpago para animar o personal nazionalsociolisto...
A realidade é a que é: ano tras ano nos orzamentos da xunta menos cartos para a VAC...¡¡¡E van tres anos!!!
Todos temos o deber de apoiar esta xusta rivindicación sexa cal sexa a noxa ideoloxía.
Eu vou, xa estou farto de oilos contos que sempre nos andan a contar. Prometennos unha estrada nova pra Cariño, cando ainda non remataron de poñer en algunhas parroquias o alcantarillado.
Un pouco de sensatez e sentidiño común, que a xente non é parva. Eu, pra decir a verdade, xa non agardo nada deste goberno bipartito. Sí, agardo polo futuro consello ministros en Galicia do espero, futuro goberno da nacion do PP. Que potencie e finalice as obras que proxectaron, co agardado Plan Ferrol. Que xa tivemos que tragar que nos expoliaran o plan Galicia. Como diria Magdalena Álvarez, "El plan galicia ese de mierr...". Todo pra contentar a Andaluces e Cataláns, socialistas de pro.
Non agardo atopar unha concentración do PP, senón veciños que queren que se lles escoite. Todo o mundo fala do mesmo, e que padecemolo mesmo mal, pero a hora da verdade veráse quen vai e quen non. Podemos chorar, dar pataletas insultarnos e recriminar. Pero a nosa realidade é a que é. E ésta é a oporunidade pra que os partidos cheos de ofertas e promesas electorais se acorde da estrada que nos axude a deixalo abandonismo da nsos comarca e se aibra pra todos un futuro de oportunidades.
Onde estabas cando D. Manoel ( o dos PePelistos )a desviaron pra terra cha?,¿agora reclamas? ,¿como e que no fixeche na quel momento?.Agarda , e agarda ben sentado polo próximo consello de ministros ,antóxaseme que te vas a cansar.Saudos.
agora lembrome de algunha manifestacion da transcantabrica, ¿onde estaban entonces estos que convocan? ilusos, desmemoriados,demagogos,manipuladores... acabanseme os adxectivos, pero a verdade so te un camiño. A via de alta capacidade so foi contemplada por este goberno.
Esta é a estratexia de sempre no PP: subirse ao cabalo gañador.
Desvían a estrada da costa por Vilalba (por orde de Fraga e, quen sabe se de Rouco Varela tamén. Visto como anda a igrexa...), Cuiña promete a VAC (unha VAC que pasaba por Loiba a 50km/h..¡¡viva a alta velocidade), Núñez Feijoó non fai un kilómetro de VAC pero asegúrase -coa colaboración dalgún cacique comarcal- de que Cariño quede sen saída e, agora que ven que a cousa vai en serio e que se vai a facer a estrada maniféstanse.
Así sempre lles quedará o de sempre, terxiversar a historia. Como di algún, a p...memoria.
Deste xeito quedaralles o recurso da confusión co "fixerona eles, pero porque nós protestamos no Vicedo".
En caso de derrota clamorosa sempre lles queda o mesmo recurso: tratar de enredar e enmerdar para confundir.
Iso está ben, vese que xa teñen interiorizado o seu papel de oposición.
¿Donde estábades cando a estrada ía por Vilalba, onde?
Por certo, hai que documentarse ou, mellor, sair un pouquiño da casa: a A-8 está TODA licitada ou en obras agora mesmo. Soamente hai un tramo en Otur (preto de Luarca) que non está en marcha. E isto débase porque o fenomenal trazado de Álvarez Cascos foi tumbado por uns veciños nun xulgado.
O tramo cruzaba un treito protexido da rasa costeira asturiana. Menos mal que interesa o medio ambiente e que o susudicho era asturiano.
Agora hai que rediseñar ese tramo enteiro.
É mellor que non lle tope a nada o PP, que logo pasa o que pasa. So hai que lembrar a chapuza da VAC do Salnés, o trazado da autopista de Carballo ou o surrealismo da autovía do Porriño (entre as 3 de maior siniestralidade do Estado).
Chapuzadas.
Un exemplo do dito sobre a capacidade de xestión do PP pode atoparse hoxe en La Voz de Galicia:
"La construcción de la autovía Santiago-Brión comenzó a mediados de marzo del 2006 con cuatro años de retraso respecto a lo que, en octubre del 2000, había prometido por escrito el entonces conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña (PP). Pero entra en servicio tres meses antes de lo pactado por contrato entre la actual responsable del departamento, María José Caride (PSOE), y la firma concesionaria de la carretera, un acuerdo rubricado en septiembre del 2005."
Vamos, que o PP levaba dende o 2000 rascando a panza e vendendo fume, e tivo que chegar o PSOE para facela andar, en tan so uns meses.
O de sempre.
"O PP levaba dende o 2000 rascando a panza e vendendo fume, e tivo que chegar o PSOE para facela andar, en tan so uns meses"
Rapas ten coidado vaiche subir a tenZión con tanta dramatiZación.
E un bo fotomontaxe, aguillón, felicítote, deches no clavo. Pero escenificarías mellor, se en vez de esa arribada no horizonte puxeras a algún dos suxeitos que comentan as historias de sempre. Moito servilismo e moita bechamel.
Tamén melloraría se o pé da fin de esa foto, puxeras a Quin e Becerriño inagurando e cun cartel que puxera: Ata a quí os fondos da vía do PP, ata aqui a propaganda. E claro que veñan de paso de que visiten Cedeira ou Foz ou algunha "Praza" desas.
NACIONAL
O PSOE prefire tensión a confrontar ideas e programa co PP.-
- Esto foi o que dicho Zapatero cando cría que ninguén lle oía: “Nos conviene que haya tensión”, “voy a dramatizar”. Esa é a súa verdadeira estratexia nestas eleccións.
- A única estratexia de Zapatero é a crispación porque sabe que non ten capacidade para mobilizar ao seu electorado de outra maneira.
- Zapatero carece de balance, non transmite ilusión e non foi capaz de articular propostas.
- A Zapatero non lle interesa confrontar ideas de forma serena con Rajoy.
- Zapatero, en público, acusa ao PP de crispar e en privado recoñece que é a el e so a el a quen lle interesa a crispación.
- Zapatero quere tensión e por iso insulta. Zapatero quere dramatizar e por iso está axitando o voto do medo contra o PP.
- Zapatero non quere que os españois voten os programas e as propostas. Quere que voten con medo. Pero non o vai conseguir porque os cidadáns son moito máis maduros e intelixentes do que Zapatero pensa ou do que Zapatero querería.
- Fronte a iso, o PP: propostas constructivas, ideas claras e principios sólidos.
- Rajoy ten un programa de rebaixa de impostos, de subida de pensións, de control da inmigración irregular, de loita contra a inseguridade… Zapatero só ten insultos e mentiras.
A esa manifa e libre de ir quen queira pero é un verdadeiro insulto a intelixencia.
Os que agora se manifestan hai nada aplaudían a D. Manuel e compaña por levar o trazado de transcantábrica esta por Vilalba, además de ser capital da terra chá e a vila natal de D. Manuel.
Os que se manifestaron pola familia contra o aborto son os mesmos que estaban caladiños nos 8 anos de era Ansar con practicas de abortos a diario. Contanse por miles e nada pasaba.
Podería seguir...
Hai cousas que co tempo esquecense ou chegan a pasar desaperdibidas pero gracias a este tipo de actos panfletarios sen ton nin son veñen a memoria un lote de troulas, a cada cal meirande.
Son mellores as de tirar pedras as sedes e emisoras de radio non afins. Jo, que tensión facedes, dende que pagedes a axentes electorais co diñeiro dos galegos, os que van chamando CACIQUES aos demais. Vivir pra ver, ver pra creer. A trans, non se puido facer porque estresaba ás vacas.
O bonito ben agora... Xa veredes ó que pasa a partir do luns co asunto das expropiacións... Todos queremos estradas pero pola finca do veciño...
E se son en beneficio de todos, que se joda. O veciño claro.
Hoxe vémonos no baile Filomena,e despois a mover tu cuerpo Macarena aaaagggg. Hoxe 16 de febreiro na Casa da Cultura; gran actuación de Kiko Peña, non pasan os anos por él, segue sendo un rapaziño; gran actuación do Tarolo e un gran recordo a "Pelín" ese can que tanto peleou pola segregación.
Gran recordo tamén para "Troski" ese can que tanto fixo pola estrela do anterior "Dream Team" e a dúa dona.
Hai que ver que de cans famosos hai por aquí.
¿Troski non era o can de Tallón?
O seu can, non se vai a malinterpretar a mensaxe.
E disque Luis tamén ten can.
¿Teñen can Juan e Fina?
"Troski": cantaba como Pavaroti; Deus o teña na gloria; na Academia de Tallón daba gusto velo e escoitalo. Xa choveo...
"Pelín": feo como seu dono, pero intelixente. Deus o teña tamén na gloria; sempre a os pés do seu dono mentras escribía (case sen poder ver)para que Cariño fose un Concello. Xa choveo...
Lilli i el Vagabondo
¡¡¡Viva Cariño Ceibe!!!
Caesar mandavit enemici ab porto Ostiae Carinno.
Traducción:El César de una ostia arrojó con cariño a los enemigos del puerto.
Ave César.
Cariño vai a mais non hay mais que dar unha volta polo pobo e xa se ve que a xente ten outra alegria, nunca ouvo tantas obras ,notase que este pobo avanza no vo camiño .
Estou orgulloso de ser de CARIÑO .
Gracias a Armada e Varela o poo funciona.
Agora e cando entra en escea pseudofernandotalloncabana e che cuspe lume.
Eu quero empadroarme na vila, cada día máis.
pois arranca e vaite ti non mereces ser de cariño se pensas eso vaite ca merda da vila
na vila non hay mais que xente miserable que envidia a xente do noso pobo ou acaso alguen da vila e capaz de dar a gañar un peso a alguen de cariño,poucas empresas de cariño son chamadas a facer ningun traballo a esa vila ,cousa que os da vila vila si comen dos de cariño por algo sera ,ou e que o teñen a menos depender de cariño pra algo ,pois lles recordo que dependeron das empresas de cariño durante moitos anos
Cantas empresas do pobo traballan nas obras?
E traballadores de Cariño?
Quen se beneficia?
Cumpren os rumanos,portugues,etc coa lei de prevencion de riscos laborais cando os esplotan a xornadas interminables e sin limite de horas de traballo.
Viva a man de obra barata.
Viva o psg por que a O de Obreiro xa fai anos que a perderon..
¿Por qué Ortega, o dono de Zara se fixo cunha das fortunas máis grandes de España ?
¿E por qué os nosos non van ao mar?
¿E por qué cando chamas aos nosos para facer unha obra nunca chegan?
¿E por qué hay xefes, "dos nosos ", que mandan a aprendices e non revisan o seu traballo,nin aparece a pesar de chamálo i "vouche mañán"?
!Que ben debe vivir o empresario de Tomiño deixando todo manga por hombro , incluso ao fillo, que tamén traballaba nas obras.
Viva tamén a paternidade responsable
Kosovo libre.
Os prezos, as hipotecas,... todo sube, os salarios seguen a ser iguais, cun goberno que fai coma o seu electorado, e dicir, nada, agás insultar. A ignorancia é moi atrevida.
- A provincia serbia de Kosovo declarou este fin de semana, de forma unilateral, a súa independencia. Conven recordar que Kosovo non é nin foi nunca unha república independente da antiga Iugoslavia, senón unha provincia dunha desas repúblicas.
- A declaración unilateral de independencia non ten cabida no dereito internacional, posto que Kosovo non é un territorio suxeito á autodeterminación nin por razóns históricas nin por razóns xurídicas. Ademáis, o paso que deu a provincia serbia volve a desestabilizar perigosamente un complexo taboleiro de relacións a nivel local e internacional que pode ser moi perigoso para Europa.
- O Partido Popular apoia ao Goberno na defensa prudente e equilibrada da estabilidade na rexión, así como dos principios básicos que rixen no dereito internacional. Consideramos tamén que a coordinación a nivel, europeo é esencial, polo que apoiaremos a postura comunitaria, aínda que non coincida exactamente coa do noso partido.
- As alusións ao caso kosovar que algúns dirixentes nacionalistas veñen facendo nos últimos días son, ademais de interesadas, unha distorsión total da realidade. Nada ten que ver o caso de Kosovo, unha provincia onde existe unha maioría étnica provocada por un intenso movemento de poboación, coas reivindicacións separatistas que existen nalgúns territorios españois.
Vaia, pero se temos a Rajoy (ou a Elorriaga) entre nós.
Digo isto porque se escribiu isto:
"O Partido Popular apoia ao Goberno na defensa prudente e equilibrada da estabilidade na rexión, así como dos principios básicos que rixen no dereito internacional. Consideramos tamén que a coordinación a nivel, europeo é esencial, polo que apoiaremos a postura comunitaria, aínda que non coincida exactamente coa do noso partido."
CONSIDERAMOS? APOIAREMOS? Paréceme que hai moito pseudoportavoz neste blog.
Hai xente á que lle costa moito representarse a si mesma, como para representar a alguén máis.
Así é todo... que ben estamos aislados do mundo.
QUE RAZÓN TEN O DITO, PRA IR A CARIÑO HAI QUE PASAR POLA PEDRA.
Reaccionariado, torito, y los adulones.
Publicar un comentario