30 ene 2008

O Porto deportivo vai pra largo

Touriño aproveitou a súa visita a semana pasada a Cariño para anunciar que Portos ten incluído no seu plan de actuacións un peirao deportivo para a localidade. Armada, asustouse e quere prudencia no anuncio e explicou que a obra se atopa aínda en unha fase embrionaria, pois Portos ten pendente aínda a redacción do proxecto. Trátase dunha obra que será realidade a medio prazo, indicou prudentemente, na Voz de Galicia, Armada. Eso si, Luis aposta por combinar no porto da vila catro usos: o pesqueiro, o comercial, o náutico e o de goce da praia, por si non o tiñamos claro. Por outro lado, Fachal, indicou que descoñecía que a Xunta fose construír un porto deportivo en Cariño. Indicou que ve inviable este proxecto se non se pecha antes o porto. Explicou que o peirao cariñés carece dunha zona de abrigo: En días de temporal chegamos a ter ondas de seis ou sete metros. Tamén sinalou que sería necesario executar un dragado para conseguir máis fondo. Actualmente, hai no peirao un pantalán, no que amarran tanto embarcacións de recreo como pesqueiras. Agora, vaise a executar nesa instalación unha serie de melloras, para que poidan atracar maior número de embarcacións. Pero, trátase, dunha medida provisional, ata que o porto deportivo sexa unha realidade.

60 comentarios:

Anónimo dijo...

A todo isto a sucursal progre segue a taconear... dicindo atrocidades coma a de O NOVO PORTO DEPORTIVO, claro e que en Cariño un pantalán,(cando esta en pé), chamaselle iso, unha VAC, será unha cuneta por esa regra de tres...

Anónimo dijo...

A inflación, desbocada, escala en xaneiro ata o 4,4%, toca o máximo nivel en case trece anos e ameaza a competitividade de España.

Productos básicos como as patacas e o pan subiron desde o euro 10 veces máis que os soldos.-

- A inflación segue desbocada e alcanza unha cifra da que non existen precedentes. O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) en España aumentou en xaneiro ata o 4,4%, dato provisional que publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE).

- Estamos na taxa máis alta desde xaneiro de 1997, data na que comezou a elaborarse este indicador.

- A vida está máis cara e custa más encher a cesta da compra.

- No mes de decembro, por primeira vez desde o ano 95, caeu o consumo case dous puntos porcentuais, demostrando o enfriamento da nosa economía e a sensación de crise que teñen os cidadáns.

- É evidente que os españois perderon gran parte do seu poder adquisitivo. A suba dos prezos en 2007 alcanzou cotas descoñecidas nos últimos 20 anos. A leite subíu un 31 %, o polo un 14 %, os ovos e o pan máis do 13 % e o aceite un 27 %. Por se fora pouco, os prezos regulados da enerxía e os servizos públicos tamén subiron e os cidadáns tiveron que afrontar un forte incremento das súas hipotecas pola suba dos tipos de interés.

- Zapatero non fixo nada por resolver os problemas.

- Zapatero é un presidente que sae moi caro a todos os españois.

Anónimo dijo...

Bueno, iso de que o IPCA é o máis alto dende xaneiro de 1997.... En fin....

Senon fose porque Rodrigo Rato "escondeu" (ou secuestrou, para ser máis exactos)as cifras de xaneiro de 2002... ¿Ou é que coa entrada do euro en 2002 non subiu a vida máis dun 4.4%?

Non me dirás que ti o notache..¿non?. Rato dixera que non se notara casi nada, e ao mesmo tempo os españois pagan un carro da compra que valía 5.000 pesetas con 50 €.

Ou sex, un 66% de subida. Repito, 66% (SESENTA E SEIS, por se quedan dúbidas). Hai que baixar da nube do ministerio ou do FMI (Fondo Monetario Internacional), mesmo da poltrona do BSCH, e poñerse á altura da rúa.

En todo caso, e ainda que npos comésemos a inmensa trola deses datos do PP, en xaneiro de 1997...¿quen levaba un aniño gobernando?.

A ver, aver,.... Ah, sí!! O señor da guerra. O que fala inglés de Opening en Georgetown.

En fin, "estamos trabajando en ellooo".

Flipante.

Por certo..¿alguén sabe se Rajoy se lembrou da VAC no seu mitin? É que como os PePeros da comarca suspenderon a manifa para ir a velo, debe ser que alí se ía a resolver a cousa.. Incrible.

Iso é interese pola nova estrada e o resto son tonterías.

Hoxe disfrazareime de Girón...

Anónimo dijo...

Hai a memoria, a p... memoria.

Vexo que moitos non lembran que na época do eminente Solves no anterior goberno ao do PP, deixou a economía moi ben parada cun 20% de Paro, xente sen darse de alta na seguridade social, cun déficit que nunca tal se acorda, xente espesa defraudando a Hacienda, ademais da corrupción a todo dar,... Resumindo e sen dar cifras, solo pra que lembremos que no ano 96, España non cumpría ningun dos requisitos pra entrar no euro ou dunha economía pra afrontar calquera reto.

O goberno do PP bastoulle ano e medio pra darlle a volta a situación, sanear a economía con medidas inpoulares como conxelar o soldo do funcionariado, saldar as deudas da nosa economía con entidades de crédito privadas, dar préto de 5 millóns de postos de traballo/altas na seguridade social, e facer de España o pais que máis e mellor creceu de europa en dez anos. Pero todo se acaba...

E si o señor Aznar foi cavando a súa propia tumba escravo da política de liberación dos mercados e de dar a palabra dada tanto a empresarios non afins coma a lideres de paises aliados.

Así creouse de grupos como PRISA un megaimperio mediático a base de comprar o silencio de entidades e profesionais do periodismo, reclutar activistas e facer toda unha campaña de caza de bruxas, parte responsable da crispación que estamos a vivir na actualidade, onde se viola o interes xeral, e onde en moitas veces ata se nega a realidade cotiá dos cidadáns.

Eu teño dúbidas no disfrace...
Roldán, Vera, Barrionuevo, Paesa, Bellocha, Rubalcaba, Solves, De la Vega, Chaves, Maragall, Bono, Mr. Bean, Torito, Maleny,...

Anónimo dijo...

Iso de co Euro subiu a vida un 66%, non o cree naide, nin a Rubalcaba que de cinco palabras que di, seis, son mentira, llo cola a naide. O Fenómeno do redondeo cundiulle a moita xente, pero non contemos trolas ou reescribamola historia, por que a xente que viviu todos os cambios dende o 96 ata o de agora nin se chupa o dedo, non é parva. Cala e despois, actúa.

Anónimo dijo...

Caperucita , no aulles tanto que te puede comer el lobo.
Visíta : www.losgenoveses.net y ponte al dia ,que vas con retraso.Saludos

Anónimo dijo...

Onde ántes eran vinte pesos ,agora e un euro(por exemplo os lavadóiros automáticos dos coches,entre un cento de cousas).

Anónimo dijo...

Maña, domingo, 3 de febreiro do 2008, dín que HIXI, vai leer íntegra a carta dos Obispos recordando que o PSOE non é de fiar para os católicos.Xa contaredes si é certo ou é un díxome...

Anónimo dijo...

¿Que pasou en Depuradoras e Opiniones que desapareceron todos os comentarios? ¿Eran cheirentos como o mamotreto?

Anónimo dijo...

Vaia vaia... Pero se parece que coa entrada do euro non subiu nada o nivel de vida...

Debe ser que soamente se notou na miña casa.

Alguén decía que os lavadoiros automáticos piden un euro onde antes pedían 20 céntimos. Pois ben, isto é soamente un exempliño de nada. Como ese hai mil...

A hora nos aparcadoiros subterráneos está a un euro, cando antes estaba a 100 pesetas, e así moiiitas máis cousiñas.

Pero claro, algúns van de sobrados e non lles afecta isto. Por iso o seu voto vai para quen vai, claro.

"Amnesia histórica" lémbranos que Aznar recuperou a economía con medidas impopulares (curioso xogo de palabras este), como por exemplo conxelar a subida dos funcionarios.

Pero claro, o que xa non apunta o amigo "Amnesia histórica" é que logo -na actual lexislatura- un tribunal deulles a razón aos funcionarios porque aquela medida fora totalmente ILEGAL, e o Estado houbo de aboar -nesta lexislatura e euro por euro- os atrasos acumulados, cos seus correspondentes xuros.

Aiii, canta amnesia (ou desinformación).

Por certo..¿non fora coa entrada de Aznar cando se acuñou aquilo do "emprego Lixo" (trabajo basura)?.

Facer 5 millóns de emprego (bueno, decir que se fixeron) é moi fácil, se duran 2 días cada un...

Lembro que por aqueles tempos España tiña con moito a taxa máis elevada de temporalidade da U.E., e que en Bruxelas estaban cansadiños de pedirlle a España que a reducise dunha vez.

Por iso paréceme que o amigo "amnesia histórica" debería rebautizarse como "Amnesia selectiva".

Víñalle máis ao pelo...

Anónimo dijo...

E eu pregúntome: agora que Girón xa foi a ver a Rajoy para darse a coñecer (debe ser cansada a campaña publicitaria que leva dende que foi posto a dedo no cargo)...¿xa vai haber manifestación reclamando a Vía de Alta Capacidade da costa?.

E que eu quero ir. Seguro que hai pinchos, e os que pon o PP nos mítines encántanme. O da estrada, bueno, está ben pedir... Pero eu quero saber se hai manifestación e, por riba de todo, pinchos ao rematar.

Se alguén sabe algo que avisa e poña un post no blog. Podemos ir varios xuntos se iso...

Anónimo dijo...

Eu tamén quero ir!

Ainda se lembran en Cariño aquelas magníficas tortillas que puxo Tallón no mitin da campaña 2003.

E xa non falemos dos que puxo Fachal fai case un ano, despois de decir dende o atril aquelo de "vamos a tomar algo, que isto de falar en público non é o meu".

¡Que ricos estaban!

Anónimo dijo...

Collonudos están os bailes do "FAROLEIRO"; pinchos a esgalla e bailar a todo gratis no local da Antigua Clínica; démoslle alegría o corpo Macarena¡¡¡ aaaaaaagggg!!! por nada; a conta do Concello que pa iso é de todos; ¡¡¡viva Luis que nos da pinchos e di todo!!! e unhas camareiras que son as máis ricas do pobo; viven de rentas e votan socialismo ou morte ¡¡¡para os demáis!!!; eles a chupar do bote
e dando pinchos a conta do contribuínte e no local "requisado" a Confraría de Pescadores o mesmo que onde van emburatar os vellos nazionalsociolistos e "arrejuntarlos" para que bailen con alegría e tomen chicolate con churros que les sube la "líbido".La p...memoria.

Anónimo dijo...

Con pinchos ou sen eles e a verdade e un material intanxible que se pode atopar se alguen a busca.

Resulta que agora os empregos basura son culpa de Aznar, ai mi madriña! Tiñamos que ser todos funcionarios, traballar en asteleiros estatais,... Ter dous anos de paro por cada mes traballado, ect...Sólo se vive una vez!

A herdanza do PP, rica e extensa, dun pais que estaba destiñado a codearse con máis grandes, está chegando a súa fin, e o pouco que queda úsase en promesas "antidesaloxo de poltrona", na que ponse prezo e cuantía a dignidade do cidadán.


Con respecto a o emprego basura dicir que a oferta e a demanda non teñen bigote e son elas as que determinan moitas cousas nas que podemos ou non estar de acordo. Tamén creo que as REGULARIZACIÓNS masivas de inmigrantes non axudaron en gran medida nesta lexislatura a cambiar esta situación, non si? E máis, co enfriamento económico e o freazo das inmoviliarias, o sector da construcción no que traballan a maioría deste colectivo que xa esta empezando a ter consecuencias, será o mais perxudicado e a seguridade social terá que atender a máis de un millón de parados que xa se dí. En fin, bos mesmos. Xa Sarcozy dixo que a operación do ministro Caldera fora bochornosa e irresponsable, e que ata Francia será perxudicada, falamos do corazón de Europa según Z.

Resumindo o de antes, cas cifras que estabámos a ter de paro, inflación, déficit público, ect... con Solves no 96... Xa estabamos non só fóra de europa, e do euro, senón que xa estaba vendo a xente sacando o diñeiro do banco coma tolos antes de que a peseta estivera a altura do betún. Neses puntos, ao "corralito", teriámolo que envidiar. Xa non digo a xestion de catástrofes que viñeron nos anos seguintes ¿quen retribuiria as indemnizacións con tanto bandoleiro de chaqueta e corbata?...

Liberar o mercado, privatizar as empresas trouxo toda clase de consecuencias, pero ao longo foi a tumba pra Aznar, a opulencia opresora e sectaria masónica acadou o ben máis prezado: O 4º poder, os medios de comunicación. Ca compra de a prática totalidade das empresas e as licencias para a comunicación a esquerda máis radical deste país conseguiu un exercito propagandístico e militante, no que as 24h do día fan gala do servilismo máis intolerable. Na época de Aznar, repartiron ata que se cansaron e intentaron botar a un dos mellores gobernos da democracia coma se fora apestados... pero o tempo da a razón a uns e quitalles aos outros.

Que gracia fai iso de o señor da guerra. Ainda me lembro cando no 91, os tanques de EE.UU. pasaban por riba da infantería iraquí facendoos puré, cunha impunidade inhumana, sen cohetes teledirixidos, asasinatos selectivos,... nada diso, xenocidio en toda regra, no que SÍ participou España. O que, por certo fomentou a situación no que vive o pobo iraqui, así coma a visión do mundo occidental. ¿Onde estaban os titiriteros do non a guerra?, ¿onde estaba o pacifismo?, Seguro que dandolle frores brancas aos de HB...Ai a paz, como me gusta usarte pra o que me convén...


Todo parece unha farsa, e ainda encima o presidente zapatero dixo que seguira negociando ca ETA, despois do da T4,... xa recoñecen ELES MESMOS que minten máis do que dín, e ainda encima, presentanse outra vez pra a reeleción e quedan tan frescos coma leitugas. Iso pasa só eiqui. Que vergonza!


O pior de todo e que a tónica xeral e que temos que sufrir en todas as administración, na súa correspondente escala, xente na que no seu día debeu de irse cunha man diante e outra detrais... foi posta de volta en bolandas...A perplexidade de vivir no pais no que estamos.

Anónimo dijo...

Queridos veciños/as,

Levase falando moito sobre a situación de abandono da nosa comarca. A Xunta quixo aliviar esa falta de comunicacións, de investimentos en infraextructuras coa VAC, creada co goberno de Manuel Fraga. Dende a posta en marcha deste goberno bipartito, estanse a cometer irresponsabilidades, nos plazos, no investimento, e contando escusas e historias que non teñen nada que ver ca realidade. Os prazos dados polo presidente Touriño e a conselleira Caride son irrisorios se poñemos enriba da mesa a inxección de fondos pra a contrucción da vía. O último espectaculo foi a escala da súa visita a Cedeira en Cariño. Boa contraprestación polas continuas ausencias e desprezos a comisión de alcaldes da comarca nas súas reunións e xuntanzas con Caride e entre eles mesmos. Reunións e xuntanzas pra reclamar o que nos pertence, pra que se puxera en marcha dunha vez por todas un compromiso pra facer o cumplimento desta VAC, en prazos e inxecións económicas coherentes co estipulado e acordado.

Lonxe de todo esta demagoxia preelectoral, xa toca ensinarlles ca nosa presenza e en voz alta a nosa situación de abandono que xa vivimos demasiado tempo, toca reivindicar ao noso pobo e a nosa comarca, pedir que cumplan os compromisos e as débedas que nos teñen pendentes e que polo visto non teñen interese en saldar. Toca defendelo noso futuro, o futuro de todos. Que nos escoiten de unha vez, alto e claro.

Só lles pedimos ao bipartito que gobernen, cumplan a palabra que se nos deu no seu día a Xunta pola que se destinan os cartos do contribuinte.

CUMPLAN COA VAC FERROL-SAN CIBRAO. Polo ben de TODOS. Esta estrada non é de dereitas nin de esquerdas, é a NOSA. Loitemos por ela!.

Unha Data: 14 Febreiro. Vemonós. Espertemos da sesta para que esperten eles da sesta bipartita.


É o noso, non o olvidedes.

Anónimo dijo...

NON É O 14. É O DOMINGO, DOMINGO 17
A data é o 17, DOMINGO 17.


Vémonos.

Anónimo dijo...

Vamos a facer un pouco de memoria...

Alo polo ano 2000... có PP en Cariño, na Xunta i en Madrid...

Hemeroteca La Voz de Galicia:

A Mariña y Ferrolterra se unen para que el trazado de la Transcantábrica no las aísle.

Decenas de colectivos respaldan la manifestación que se celebra hoy en Viveiro para demandar que ese vial discurra próximo a la costa
No sólo no es tarde sino que aún hay tiempo para que el PP aplique «o sentido común» y asuma que «condenará ó aillamento» a las comarcas de A Mariña, Ortegal, Eume y Ferrolterra si el tramo gallego de la Transcantábrica no discurre cerca de la costa. Y la alternativa de la vía de alta capacidad entre Barreiros y Ferrol «é unha maniobra dilatoria» porque contradice los argumentos del PP en defensa del trazado interior de la Transcantábrica: ahorro económico y escaso impacto ambiental. Al menos así lo creen las decenas de colectivos que secundan este mediodía en Viveiro la manifestación en defensa del trazado costero.

---

Tres mil personas demandan en Viveiro el trazado costero de la Transcantábrica.

Apelan al sentido común para que la Xunta no aísle ni anule el futuro de Ferrol, Eume, Ortegal y A Mariña
Por segunda vez en los últimos quince días, miles de vecinos de A Mariña, Ferrolterra, Ortegal y Eume salieron a la calle para exigir a la Xunta y a Fomento que el tramo gallego de la Transcantábrica discurra próximo a la costa norte, no por el interior, como defienden la Xunta y los alcaldes del PP.

---

«Sentido común»

Con una sola voz, representantes de partidos políticos (excepto el PP), sindicatos, colectivos empresariales, vecinales y culturales apelan al «sentido común» de la Xunta y del Gobierno central para que no los excluyan del trazado de la Transcantábrica. Que discurra por el interior lo interpretan como «unha decisión caprichosa e arbitraria que anula o noso futuro» y que además condena al aislamiento a un área donde viven unas 300.000 personas.
Subrayan que no es tarde, porque hasta el mes de diciembre no se definirá el trazado de la Transcantábrica, pero el Partido Popular ha decidido que pase por Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo y Vilalba, finalizando en Baamonde.

---

¿A quén pretenden enganar agora os que durante anos apoiaron as decisións da Xunta de D. Manuel?

- "As palabras as leva o vento, os feitos quedan" - Fernando Tallón.

Anónimo dijo...

As hemerotecas estan para quen as sabe leer sen mala fe.A realidade é que hasta agora, nada feito, nin por unhos nin por outros.Asi que a seguir loitando todos é deixádevos de liortas que xa estamos todos cansos de tantas verbas ó vento.Ten razón Tallón; os feitos quedan gusten ou non.

Anónimo dijo...

Ja,ja,ja!!!

"As hemerotecas están para quen as quere leer sen mala fe".

Facía tempo que non me ría tanto...

O malo dashemerotecas é que non so sirven para que tiren delas os do PP, senón tamén o resto de cidadáns.

Nesa multitudinaria concentracón que houbera en Viveiro ¿estaba o ex-alcalde de Ortigueira?. Creo que non, e iso que dende que lle puxo á biblioteca municipal o nome do dono de La Voz dende as liñas dun periódico quixeron convertilo no máximo defensor da VAC.

¿Onde estábades Campo e Girón cando todos nos opoñíamos ao engano de levar a A-8 por Vilalba?

¿Onde estabas Tallón cando na VAC nos deixaban sen saída para Cariño mentres o casco urbán (por chamarlle algo) de Ortigueira (menos de 1.500 habitantes) vaia ter saída norte e sur como se fose París?

¿Onde Tallón, onde?.

Aiii...

Anónimo dijo...

Menudo lío de datas...

¿Cando é a manifestación? Con iso de cambiala por mor do acto de Rajoy e o entroido, xa estamos feitos un lío de verdade.

Xa sabedes que os pinchos son o meu, por iso irei.

Anónimo dijo...

Eii!!

E falando da boa herdanza económica de Aznar... Vaiamos á hemeroteca:

La Voz de Galicia (5 de octubre de 2004):

"CRISIS DE LOS ASTILLEROS
Bruselas no perdonará las ayudas a Izar para forzar la disolución del grupo.
Admite que la crisis naval es un problema importante para algunas comunidades, pero se lava las manos
Estima que el Gobierno aparcó mucho tiempo la reestructuración del sector.

El grupo Izar no tiene más futuro que declararse en quiebra y disolverse de inmediato. Por las buenas o a las bravas. Éste es el escenario trazado para los astilleros públicos por la Sociedad Española de Participaciones Industriales (SEPI) y el único que encaja en los planes de la Comisión Europea, que está dispuesta a utilizar los numerosos expedientes de ayudas ilegales -los ya resueltos y los que vienen en camino- para cavar la tumba de la compañía naval.

Las autoridades europeas de Competencia estiman que el Gobierno español mantuvo aparcada durante demasiado tiempo la «necesaria» reestructuración del sector naval, a la que se enfrentaron hace algunos años países como Francia, Alemania o el Reino Unido. Y cuando el Tribunal de Justicia de la Unión Europea dictó una primera sentencia, en marzo del 2002, en la que reclamaba a Izar la devolución de ayudas por 111 millones de euros, el Ejecutivo comunitario creyó llegado el momento de poner a Madrid en cintura para que acometiese la reconversión."

E agora vén o máis divertido do asunto:

"...Aun así, el Gobierno español, entonces en manos del Partido Popular, optó por dejar las cosas tal y como estaban en un intento desesperado por salvaguardar el empleo en el sector. No obstante, el comisario europeo de Competencia, Mario Monti, mantuvo la presión y dio otra vuelta de tuerca cuando el pasado 12 de mayo reclamó al constructor naval público la devolución de otros 308 millones de euros, elevando así la suma final, contabilizando los intereses, a 526 millones.

Esta cantidad es suficiente por sí sola para sepultar a Izar, un compañía que cuenta con apenas 200 millones de euros de fondos propios, pero que arrastra una deuda de 230 millones, sin contar las ayudas ilegales que le reclama Bruselas. Para hacer frente a esta sucesión de golpes mortales, Izar tendría que vender patrimonio del Estado, tal y como reconocía el pasado lunes en Bruselas el propio presidente de la SEPI, Enrique Martínez Robles, al manifestar que la reclamación comunitaria «no plantea un problema de tesorería, sino de patrimonio, que es mucho más grave».

Pero por si todo lo anterior no fuese suficiente para provocar la reestructuración de los astilleros públicos, el Ejecutivo comunitario aún guarda varias cartas en la manga, como son otros 550 millones de euros, a los que habría que sumar 110 millones en intereses, que tiene previsto reclamar a Izar por ayudas ilegales. Y hay en agenda algunos casos más en investigación, que si se resuelven en contra del grupo español podría elevar la suma final a 2.000 millones de euros.

La única posibilidad que tiene Izar de no devolver este dinero es, según fuentes comunitarias, disolviéndose y desapareciendo del mapa."

¡¡Qué gran xestión de Aznar, Rajoy e Piqué!!. Incrible. Menos mal que alguén puido frear a Bruxelas e resolver a papeleta...

E iso que nos falaban do défiit cero e das contas saneadas... Claro, iso sí, sen contar cos pufos de RTVE, ADIF, asteleiros e un longo etcétera.

Así calquera.

E logo houbo de facerse -quen tuvo dous dedos de fronte para facer o que non mola facer e quita votos- unha reconversión en RTVE, en Izar, etc...
Un veciño dille a outro "este ano aforrei como nunca, a miña conta non fai máis que medrar".

"Pero non lle debes a Luis o do comercio e a María a da peixería?" contesta o outro.

"Sí, bueno, e a Juan o do concesionario, e a Pepito o pasteleiro. Pero iso on conta".

Aznar, Aznar.

Por certo, no ano 1991 algún nos mnifestamos contra a guerra de Irak que, se lembras (igual eras moi cativo) produciuse porque Irak invadiu de maneira unilateral Kuwait para quedarse co seu petróleo. ¿Acórdaste?

E dime, ¿non che sona de algo iso de invadir un país de xeito unilateral para roubarlle o seu petróleo?. Iso sí, coa disculpa das armas de destrucción masiva.

Por certo, ¿quen suministrou durante décadas armas a Irak para que loitase contra o perigoso Irán?

Collinlle o gusto á hemetoteca.

La Voz de Galicia, 18 de septiembre del 2002:

"En aquellos momentos, cuando la guerra Irak-Irán estaba tan empantanada como para que no faltaran quienes la compararan con la muy fúnebre y paralizada campaña del Somme durante la Primera Guerra Mundial, Husein forzó la entrada de los Estados Unidos para proteger los petroleros de los ataques iraníes.

Es decir, recurrió al dinero para remodelar a su favor una guerra provocada por él y de la que no veía otro modo de salir indemne. Americanos y británicos pusieron a Irán en su sitio, y así quedaron las cosas hasta que Husein lo intentó de nuevo con Kuwait, de donde saldría bajo el peso de dieciséis resoluciones de la ONU, incumplidas por ahora."

Cousas que pasan por falar sen saber un pouquiño de historia. É o que ten escoitar a Federico Jiménez Losantos, que o tío é listo e sabe da ignorancia de moitos dos seus ointes, e claro, así son fáciles de levar ao redil.

Ovelliñas.

Anónimo dijo...

Buffff!!!! Tanto rollo, tanta data, tanto suxeitos, pra o final non afirmar nada. Nin desmintes nada, nin argumentas,... o único que dis son pataleta e insultos que nos veñen recordando todo o día a "Caixa tonta".

Contas historias dos asteleiros estatais. Non sei si te decatache, nestes anos, e mirando a historia, que unha empresa publica está condenada ao fracaso e a miseria. Paises coma Grecia, Italia, ect... pra ter operativas aos seus asteleiros estatais teñen que facer todo tipo de chanchulladas, desvios de caudal público, ect... e por suposto normativas e un control mais estrictos e diferentes do noso pais. Un exemplo, como vai competir un home que lle paga o estado por estar na casa pendente do teléfono da mesiña de noite, a familias enteiras que dende o avó de 80 anos ao neto de 10, traballan 16h o día tódolos día a semana traballando no asteleiro, por catro patacós, falamos de paises coma INDIA, COREA, CHINA, Soanche?. Si así é imposible competir. A globalización é un fenómeno que empezou con Colón, que nin tan sequera él era español. Todo mal ten consecuencias, as politicas de tranparencia do PP, non permitiron moito pra enmendar nada, e as consecuencias veñen de ANTECEDENTES, pero "don hemerotecas" culpa de todo o sr. Aznar, que pouca vergoña temos.


Se o queres creer, ti mesmo. O confligto con Irak ven de lonxe. Xa dixen que se cometeran auténticos XENOCIDIOS, moitisimos soldados americanos precisaron de axuda psicolóxica, outros quedaron internados de por vida, e ata houbo algún que foi executado na cadeira electrica, por ATENTAR AO SEU PAÍS, en edificios provocando deceas de mortos. A Operación "Tormenta do Deserto", non se parece en nada coa de "Liberdade Duradeira", unha guerra non a desexa nin quere ninguén, pero usar esa carniceria con fins políticos é unha autentica baixeza tan inhumana coma as balas e bombas da batalla. Igual colleume bastante cativo a guerra do Golfo. Pero bueno, hai cousa que non pode un esquecer por máis que queira, e o espectáculo deprobable dos titiriteiro do NON A GUERRA queda clavado pra sempre. Incitaron a todo o mundo a chamarlles asasinos, fascistas, etc. a xente que non comulgaba cas ideas do antiamericanismo cheirento e populacho. Crisparon este pais coma nunca en décadas, todo pra que? Só polo poder, quedou demostrado.

Polo poder usaronse ata os mortos, que mira que fai falta ter poucos escrúpulos. Un xuiz tivo que demostrar que Al-Quaeda, NON estaba detrais do 11M, tal como dicia o imperio PRISA pra concentrar a xente nas sedes do PP, Rubalcaba, Pepiño,... todos, usaron 192 mortos pra alcanzalo poder, violando a xornada de reflexión...Todo era mentira, dende os suicidas depilados dos calzóns...ata fai dous días, e ainda seguen facendo improperios infundados. VERGOÑA DE GOBERNO, VERGOÑA DE PAíS.

Ata Pilar Manjón, quere que un xuiz diga que os asesinos do seu fillo foron de Alquaeda, e levar Aznar, despois de que foran absoltos os detidos na época do PSOE, pra dar pé a esa infundada teoria, que magoa de seres humáns. Moita xente, ainda que non o pareza e os silencien e ameazen continuamente queren saber a verdade e os auténticos perpetradores do atentado máis grave de historia de Europa. Non creo que apoien que un mineiro trastornado mental e drogadicto, e un musulman analfabeto integrista que pasaba por alí fixeran toda esa masacre. Nin eu tampouco. Sobretodo sabendo o uso do goberno que fixo coa xustiza e as forzas do estado, poder xudicial que debería ser independiente. Non o foi. Xa non esisten probas xa, borraron todas as vergoñas e as inoperancias e culminouse cunha paupérrima sentenza aberta. Este é o noso pais.

Coidado con insultar, por que a min caeseme a alma a os pés cando vexo a coñecidos meus que saliron das Vascongadas e agora viven longas tempadas nan nosa comarca polas ameazas de morte e o inferno que supón defende-las liberdades nun estado NAZI como é aquel na que nin sequera se pode enterrar aos mortos. Este goberno contribuiu a que a extorsión seguira, que as ameazas seguiran, a violencia nas rúas seguira, e o máis grave de todo, que a banda ETA se rearmara, e a súas entrada triunfal nas institucións, levendo financiamento do estado e tendo información de primeira mán das VICTIMAS. Por iso cando esas persoas, van facer a compra ou a calquera sitio, sabe que esta rodeado de moitos traidores e cómplices de asasinato, e culpables polo tanto de que sigan nesa situación.


A vida é a mellor hemeroteca, apredes cada día, sabes?

Por certo, descansa a cabeciña, que metafóricamente en argumentos non tes nin duas bofetadas. Non lle hai que facer moito caso a propaganda imperialista de PRISA, son capaces de todo. TODO.

Anónimo dijo...

Gracias polas túas leccións sobre a vida. Ata o día de hoxe estaba bastante perdido. Dende agora escoitarei a Cope para poder argumentar coma ti, baixo os auspicios de César Vidal e Losantos.

Efectivamente, non coñezo a ningún xuíz que dixese que Al Qaeda estaba detrás do 11-M, ainda que tampouco coñezo a ningún que dixese que fora ETA (o La ETA, perdón). ¿E ti?.

Os de NON Á GUERRA foron, segundo as enquisas do momento -incluido o "neutral" El Mundo- o 90% dos españois.

Case 40 millóns de persoas que non estaban dacordo coa decisión de ir a unha guerra INXUSTA (¿onde están as armas de destrucción masiva?) e ILEGAL (véxanse as resolucións da ONU), moitas das cales votaron ao PP, ¿son titiriteiros os que recolleron e expresaron esta sensación e interés xeral?. ¿Ou son titiriteiros porque Losantos lles chama así?. Iso de que non che teño dúas bofetadas faime graza. A diferencia entre ti e eu é que eu penso por min mesmo, non me dí a Cope o que debo pensar. Ata falas coas súas mesmas palabras, ¿e sabes por que o sei?. Porque escoito a Cope, igual que escoito Onda Cero, a Radio Galago ou a Ser. E logo saco as miñas conclusións. Non as quita ninguén por min.

Sei que che é difícil de comprender, pero é así.

En canto aos asteleiros: é certo que os asteleiros públicos teñen un futuro dubidoso (sobre todo se se lles deixa traballar como traballaban), iso non se pon en dúbida, pero o que non se pode facer é cobrar axudas da U.E. para darllas a esta xente mentres están sentados na casa sen producir, como fixo Aznar.

Claro, logo chega Bruxelas pedindo que se devolvan os cartos, e de paso multa a España. Se algo non da máis de si, como dirixente político sé valente (que para iso te escollen) e toma decisións. Non te adiques a dar soldos con cartos europeos de xeito ILEGAL a esa xente e toma decisións difíciles (e non agardes os votos do 14-M, que logo os que veñen detrais teñen que pagar as tuas débedas).

En canto ao de empregar os mortos con fins electorais, iso sí que ten tela.

Un tal Alcaraz sí que sabe diso. Fai pouco (o 30 de xaneiro) fíxose unha homenaxe a Alberto Jiménez Becerril militante do PP asasinado cruentamente por ETA xunto coa súa dona, Ascensión García.

Algo moi normal, se non fose que dende que ETA existe na data 30 de xaneiro asasinou curiosamente a outras 5 persoas ademais destes dous militantes do PP.

Pero claro, non eran do PP... E Alcaraz olvidouse destas outras 5 persoas. ¡¡O presidente das vítimas do terrorismo!!

Que pena. De falar de empregar as vítimas non é o PP quen pode dar leccións. A asociación de vítimas ao seu servizo.

E en canto ao 14-M, parece que non aprendíchedes nada. Os españois votaron LIBREMENTE ao PSOE ¿ou estás decindo que a xente é imbécil? ¿e iso canto ti cres do españois?

E se o atentado tivo influencia cecais as dúas vías de investigación de Acebes puideron ter que ver en que a xente se decantara por uns ou outros.

Por certo, nunca tantas detencións de etarras houbo como nos derradeiros meses (e falo dos de antes da ruptura da tregua).

Fai un pouco de memoria. Cando ETA se rearmou foi mentres Aznar falaba co "movimiento vasco de liberación". Movimiento vasco de liberación, que pouca vergoña.

Iso sí é baixarse os pantalóns. Da pena ver esas imaxes de Aznar (podedes buscalas en Youtube) tragando saliva antes de decir "..de liberación".

¿E donde estaba o hooligan Alcaraz cando Aznar falaba co movemento vasco de liberación?. ¿Ou é que daquela as vítimas non o eran?

Lamentable.

¿Pero de que dades leccións?

Non ves que ves a por lá e saes trasquilado.

Nin para empezar me tes. E iso que pensan por ti.

Anónimo dijo...

Miña nai querida, tio o teu é grave!

Chamarlle HOOLIGAN A ALCARAZ, APOIAR O PROCESO DE RENDICIÓN, COMPARAR A TREGUA DE ZP COA DE AZNAR, DECIR QUE A XENTE QUE NON APOIE UNHA GUERRA, (COUSA LÓXICA) TEN QUE SER DO CLUB DOS IMPRESENTABLES DO NON A GUERRA(ESA GUERRA PRECISAMENTE),...E dis que son eu o que toma por parva a xente, isto é incrible!!!! Canto mais dis peor é!! Que pouca decencia!!! Pra iso usas as hemerotecas???!!! Quen me dera un Almunia no goberno, estades todos tolos!!!!

Penso que moi contrastado non estas. Eu teño que escoitar de vez en cando a COPE, se quero enterarme de algo coherente. Non só de propagandismos e mentiras a gran escala. ¿Ti crees que se fixo un ambiente propicio pra unhas celebracións tendo que obrigatoriamente sair un ministro do interior sete veces ao dia a compadecer a prensa debido a crispación e cohaccion masiva do imperio PRISA nos días posteriores a masacre do 11M?.

Que baixo dicir que o presidente da AVT usa os mortos. Da a casualidade que foi ese atentado en Sevilla, o día da Paz. Pero bueno que máis che podo decir a alguen que afirma iso? Unha perda de tempo. Defender a dignidade e a xustiza neste pais e ser HOOLIGAN. O que hai que oir, e ler.

Tamén moitos morreron polo fogo amigo, e non fixeron propaganda diso. En Afganistan, perdeu a vida un do diario EL MUNDO, mágoa que non fose de telecinco, ect.. Naide lembrouse del nin de tantos, verdade?

Os votos foron pa urna e os mortos pra o campo santo, pero ninguen sabe nada, so que se mentiu pra gobernar este pais. Mentres, a ninguén parece que lle importe seguir na procura da verdade e que se faga xustiza. Esa é a mágoa de toda esta historia, e agora non esta Aznar pra botarlle a culpa de todo, e COMO SE NOTA!

A ver se te decatas que ninguen quere dar lecións de nada. So que moitos xa estamos fartos de oilo mesmo a todas horas coma se fora todo verdade e fóramos todos reaccionarios ou tiranos os que non estamos de acordo co que esta a pasar.


Vexo que o das vofetadas doeuche, non te amoles home. Tamén esiste moita xente que non é do PP que che da moitas mais volta a ti e a min, Optan pola prudencia, e desexan un PSOE, que teña un rumbo distinto ao de agora.

De momento o mes de Xaneiro saldouse con 4.400 persoas paradas ao día. Un dato pra gardar nesa interesada hemeroteca que ti tes.

Don´t worry, be happy!

Anónimo dijo...

Repito. O día 30 de xaneiro (día da Paz como dis) ETA asasinou a outras 5 persoas máis a maiores de J.Becerril e esposa, pero estes 5 non eran militantes do PP..¿onde foi a homenaxe que lles fixo Alcaraz, presidente de TÓDALAS vítimas?.

É que non me respostache a iso.

Respóstame por favor. Necesito oílo.

E respóstame a esta: ¿onde estaba Alcaraz cando Aznar negociaba co "movimiento vasco de liberación"? (segunda pregunta).

Un presidente do goberno dando lexitimidade estamentaria a unha banda terrorista. Impensable no 3º mundo.

ZP negociou cunha BANDA TERRORISTA (como o fixo Blair, por exemplo)para tentar acabar con ela. Aznar, todo un PRESIDENTE DE GOBERNO, covertiu a unha banda terrorista en "movimiento vasco de liberación". O home que escollen tódolos españois convirte unha banda terrorista en movemento vasco de liberación.

¿De liberación de que?. Respóndeme por favor a esta tamén (e van tres preguntas).

Máis cousas. Ti dis:

"Penso que moi contrastado non estas. Eu teño que escoitar de vez en cando a COPE, se quero enterarme de algo coherente."

Agora entendo todo. O de "de vez en cando" é chiste, supoño. Falades todos iguais, é un defecto de fabricación que tedes. Recoñécesevos a kilómetros de distancia.

En canto ao das bofetadas, pois moi ben non me sentou, non. É que non estou afeito a ese tipo de comentarios tabernarios, non me movo ben no campo do despretixo do adversario verbal.

Sempre miro de tratar ás persoas como tales, por moi distanciadas que estén as nosas opinións. É un defecto que teño.

Pero tranquilo, que xa comprendín a cousa. É lóxico que escoitando o que escoitas (sobre todo polas mañás) se che escape algún improperio. Non debes ter toa culpa ti diso.

Bueno, agardo a resposta ás miñas tres preguntas, que non son moitas nin moi difíciles de comprender, penso eu.

Anónimo dijo...

"...Hay muchos pueblos en el mundo que no comprenden realmente, o dicen que no comprenden, cuál es la gran disyuntiva entre el mundo libre y el mundo socialista. Que vengan a Berlín.Hay quienes dicen que el socialismo es la corriente hacia el futuro. Que vengan a Berlín. Y hay quienes dicen, en Europa y en otros lugares, que podemos trabajar con los comunistas. Que vengan a Berlín. Y hay hasta unos cuantos que dicen que es cierto que el socialismo es un sistema funesto, pero que nos permite progresar económicamente. 'Laas' sich nach Berlín kommen'. Que vengan a Berlín.La libertad afronta muchas dificultades y la democracia no es perfecta, pero nunca hemos tenido que levantar un muro para impedir que nos abandonen."

"...Así pues, compatriota: no preguntes lo que tu pais puede hacer por ti, sino lo que tú puedes hacer por tu país.
Conciudadanos del mundo: pregúntense no que puede hacer por ustedes Estados Unidos de América, sino qué podremos hacer juntos por la libertad del hombre.
Finalmente, ya sean ciudadanos estadounidenses o ciudadanos del mundo, soliciten de nosotros la misma medida de fuerza y sacrificio que hemos de solicitar de ustedes. Con una conciencia tranquila como nuestra única recompensa segura, con la historia como juez supremo de nuestros actos, marchemos al frente de la patria que tanto amamos, invocando su bendición y su ayuda, pero conscientes de que aquí en la tierra la obra de Dios es realmente la que nosotros mismos realicemos."

Anónimo dijo...

Alucinado. He quedado anonadado. Es la primera vez que entro en esta página y viendo comentarios a una noticia sobre un puerto deportivo en Cariño, me encuentro con una retahila de improperios que se rifan dos anónimos. Para vomitar.

Tengo que reconocer que a uno de ellos, al mas joven creo (por eso de que lo cogió un poco pequeño la primera guerra del golfo), le cae grande la política, la economía y la reciente historia de este país y de este mundo. Algunos comentarios que me han llamado la atención.
1.- La competencia imposible con los astilleros hindúes. Los países desarrollados pueden competir con ese tipo de astilleros, como con otro tipo de industrias de países emergentes; ¿cómo?,como están haciendo con el textil, poniéndose de acuerdo para no comprar manufacturas realizadas por niños, o como ocurre con los llamados "diamantes de sangre", imposibles de vender en el mercado legal. Por si no lo sabes, en este país se privatizaron las mejores empresas estatales pero, en Francia, Alemania, Italia, ..., nos encontramos con empresas estatales como EDF, que puede entrar a l OPA hostil contra la española Iberdrola (curioso que empresas estatales tengan capacidad y competitividad suficiente comopara hacerse con empresas privadas en sectores estratégicos en otros países de la UE).
2.- Como todo joven, carece de la experiencia y las tablas suficientes como para tener ideas suficientemente maduradas, lo cual es tan bueno como natural. Quién no ha discutido y defendido apasionadamente de joven algunos ideales y asuntos que, tiempo andando, nos hemos ido dando cuenta de que no aguantarían ni medio debate. Son las cosas así. El que a los veinte no es radical no vive la juventud pero el que a los cuarenta continúa siendo radical, es anacrónico (por no usar un término más fuerte).
El problema más grave que he observado es que el chaval es hombre de un solo libro, y eso es peligroso. El dogmático representa un peligro para la democracia, para la paz y para el sentido común.
Confío en que la madurez provoque algún cambio en tí, mi amigo; si te vale de algo, lee "El Príncipe" de Nicolás Maquiavelo, te dará otra óptica y te ayudará a entender la política fuera de los sectarismos de la COPE
Un saludo a todos.

Anónimo dijo...

Os productos de consumo frecuente encarecéronse o dobre que o IPC.-

- A leite subiu un 31% en taxa interanual; os carburantes, un 16,2% e o pan, un 14,4%.

Dous millóns de parados.-

- O paro subiu en 132.378 persoas en xaneiro, o que sitúa a cifra total de desempregados en 2.261.925. O número de contratos en xaneiro foi de 1.581.360, o que supón unha disminución do 4,3% respecto a xaneiro de 2007.

- Zapatero deixa tras de si máis paro do que había cando chegou ao Goberno.

- Máis de 4.000 parados novos ao día no mes de xaneiro son moitos parados.

- Zapatero xa supera con creces incluso a Felipe González, o presidente dos 1.000 parados ao día.

- Estes datos rematan de desmontar por completo o optimismo de Zapatero. Sube o paro, suben os prezos e o único que baixa é a credibilidade de Zapatero.

- O problema é que a Zapatero non lle importan os problemas de España nin as preocupacións dos españois.

- Zapatero sempre antepón as súas necesidades partidistas personais aos intereses xerais.

- Dos datos de xaneiro que se coñecen son especialmente significativos os relativos ao desemprego masculino, que sube en 50.458 parados (un 5,7%), e ao paro fiminino, que crece en 81.920 (un 6,5%).

- Un dato que demostra que con cotas non é suficiente para conseguir a igualdade real de homes e mulleres. É evidente que a paridade nas listas electorais non resolve os problemas das 81.000 mulleres que acaban de perder o seu emprego.

- A maior caída en contratos rexistrouna en xaneiro a modalidade dos indefinidos, pois se rexistraron un 22,9% menos que o pasado ano.

Anónimo dijo...

1-.PLAN NAVAL PARA A RIA DE FERROL. EMPREGAR ASTANO PARA O QUE SIRVE. FACER BARCOS.- a primeira medida adoptada polo goberno socialista foi executar unha reconversión naval “salvaxe” que se saldou coa destrución de 1.400 empregos directos e outros 3.000 indirectos na industria auxiliar. Con tan só 300 empregados, a antiga ASTANO perdeu a súa autonomía para a construción de buques, abandonando o sector civil, e converténdose nun taller auxiliar de Navantia Ferrol


2. O AVE A FERROL. CATRO ANOS SEN MOVER UN PAPEL. EN FERROL HOXE POR HOXE TEN ANULADO O AVE.- o segundo dos compromisos a incluír no novo Plan Ferrol é a conexión de Ferrol á alta velocidade. Lamentar que o goberno Zapatero descolgue a Ferrol do AVE, encargando un novo estudio informativo para o subtramo Betanzos-Ferrol. O PSOE pasou de prometer o AVE para o 2007 a non asumir o compromiso de concluílo nin en 2012. Coa planificación do PSOE, o AVE non chegará a Ferrol.

3. O AVE TRANSCANTÁBRICO. ANULADO.- recordar que o Plan Galicia contemplaba a construcción do Ave Transcantábrico, para conectar Galicia co sur de Francia. A pesar das iniciativas parlamentarias presentadas polo PP no Congreso ao longo desta lexislatura, o goberno do PSOE empeñouse en cualificar a actuación como “non prioritaria”, e por iso, o proxecto atópase anulado na súa fase inicial, logo de catro anos.


4. CHAN INDUSTRIAL. FERROL NON PODE AGUANTAR SEN UN METRO CADRADO ONDE INSTALAR UNHA FÁBRICA.- non é de recibo que Ferrol siga sen contar cun só metro cadrado de chan industrial. Recordar que Zapatero foi incapaz de avanzar na construcción do Parque de San Pedro de Leixa.


5. A SEGUNDA FASE DO PORTO EXTERIOR.- para o PP, o goberno socialista dilapidou catro anos, atrasando a licitación da segunda fase do Porto Exterior e pola mala xestión, a dársena de Caneliñas perdeu a vantaxe competitiva que adquirira. Recordar tamén que a licitación dos viarios foi atrasada outros dous anos. Coa planificación das obras realizada por Cascos, o viario estaría rematado en 2006, e os socialistas dilataron os prazos ata o segundo semestre do 2008.

6 . O DESDOBRAMENTO DA ESTRADA AO PORTO. DOBRE MORAL.- en 2004, cando o PSOE estaba na oposición, reclamaba o desdobramento da estrada ao Porto Exterior. Cando chegaron ao goberno, esquecéronse das súas reivindicacións e licitaron, con dous anos de atraso, o mesmo viario que criticaran cando gobernaban os populares. O problema é que catro anos despois, o porto segue sen estrada.

7. TREN AO PORTO EXTERIOR.- lamentar o abandono ao que o goberno socialista condenou ao proxecto de conexión ferroviaria da dársena de Caneliñas. Durante catro anos o goberno do PSOE mantivo bloqueado o proxecto de conexión ferroviaria do Porto Exterior, sen tan sequera tramitar a correspondente aprobación por parte da Dirección de Ferrocarrís.

8. TERREOS DE DEFENSA PARA VIVENDA PÚBLICA. LEXISLATURA DE CERO METROS CADRADOS DE SOLO PÚBLICO PARA VIVENDA E CERO VIVENDAS PÚBLICAS.- na campaña electoral de 2004, Zapatero anunciou que o seu goberno destinaría as leiras do Ministerio de Defensa desafectadas de usos militares á construcción de vivenda de promoción pública. En catro anos, en Ferrol non se utilizou nin un só metro cadrado de chan de Defensa para a construcción de vivenda.

9. VAC DA COSTA. CATRO ANOS PERDIDOS. CERO KMS.- recordar que na campaña electoral das xerais, o PSOE prometeu conectar a costa do Ortegal cunha vía de Alta Capacidade, que agora atrasan, tanto desde a Xunta como desde Fomento sen ningunha xustificación técnica que explique devanditos atrasos.

10-. SEN CONTRATACIÓN DA SEXTA FRAGATA F-100. UN INCUMPRIMENTO MÁIS.- Zapatero prometeu que ía contratar nesta lexislatura a sexta Fragata F-100 e ao remate da lexislatura ten que recoñecer que non vai a contratar a fragata. Catro anos dicindo que van contratar a sexta fragata e agora a negan.

Anónimo dijo...

1º Faime moita gracia que pensen que ¡EU!, quero facer algún tipo de debate con cousas que son de sentido común, e ata da vergoña repetilas. Non teño capacidade oratoria suficiente pra face-lo, sen embargo un por moito cativo que sexa non pode quedar indiferente cando ao espresar unha opinión reponden con atrocidades dignas de diario nacional de Republica Bolivariana.

2ºUn cativo ten a mente aberta e capacidade de apredizaxe. Ainda que tamén a un cativo soelle doer as inxustizas e reflexar o malestar que lle aflixe ca política actual. Non obstante, se digo con 65 anos o que oio todolos día por ahí, non só sería un analfabeto funcional senón que careceria de dignidade humana. Temos que interesarno polos mundo que nos rodea. Polo noso futuro.

3ºNon teño carreira nin fixen económicas, nin poseo altos coñecementos de mercado mundial. A globalización é un feito. As comunicacións achega productos de todo o mundo. Alguns pensan que con pechar as aduanas e tirarlle pedras aos camions coma os Franceses aos camioneiros españois xa está. Non creo que a os Asteleiros lles importe iso a verdade. Empresas fortes estatais, con capital ÍNTEGRAMENTE publico... ¿CANTAS HAI? ou mellor dito ¿CANTAS QUEDAN?. Hai a soberbia que mala é. Penso que a liberar o mercado é das mellores cousas que pasaron na españa das deudas do paro e da caida en picado que moita xente maior non acorda...que magoa. Por unha parte gracias a deus que endesa, iberdrola, ect... non son públicas, xa que ZP xa llas tiña regalado aos seus compinches Montilla e Chaves, qué lle importará España a este ser. A última foi a de ENDESA, que orquestaron unha OPA OSTIL, Zapatero disposto a incumplir as normas da UE, e Montilla pra acadar pra Cataluña a maior parte da electrica española con GAS NATURAL. Pizarro, presidente nese momento non dubidou en defende-lo pequeno e mediano accionista, pra defender unhas accións que llas querian mercar por catro patacós. Así mesmo este vergonzoso goberno, non dubidou de facer gala do socialismo de principios dos 90, e fixolle un seguimento a Pizarro con Axentes da Guardia Civil e do antigo CESID. Pobriños dos que se entrometan nos intereses deste vergonzoso goberno. Di un cativo.

4º O máis triste é a política antiterrorista. Non só o PSOE abandonou o PACTO POLAS LIBERDADES E CONTRA O TERRORISMO, non só incumpliu A LEI DE PARTIDOS, e que mentres tiña en defender estes pactos no ano 2002, xa mantíñan contactos co mundo ETA, o PSE mantiña conversacións coa banda, por iso Zapatero botou a patadas a Nicolás Redondo, pro pactos PP-PSOE pra aislar a ETA das institucións. Os distintos nacionalismos xa coñecen a ZP, e radicacalizaron considerablemente as súas posicións. Lonxe quedou Pujol e Cia. Agora só hai pactos do Tinel, ect...Sectarismo cunha soa conxura destrucción do "estado español", e coller os cachos do morto, e todo gracias ao papanatas de "Z", o príncipe da paz.

Non sei que pensarán aos demais pero eu comprendo a total frustración de Alcaraz. Un goberno que defende un partido nacional, fixo unha atronadora e aterradora campaña contra as víctimas do terrorismo, as do 11M, incluidos. Ese home se asistiu a un homenaxe o outro día ten dereito a facelo, digo eu. Non vamos a lembrar o que fixo o goberno nesta lexislatura por que me CAE A CARA DE VERGOÑA, o outro día o coñecido que nomei anteriormente, manifestoume a rabia que supuxo que o alcalde socialista de Ermua denunciara por usar o nome do concello a famosa asociación de víctimas. UNHA VERGOÑA. É triste cando te ves rodeado de xente que lonxe de comprender a túa dor che despreza a cada segundo só polo interés partidista. INTOLERABLE.

Último, sendo un cativo espero que estivera a altura das circunstacias e argumentara ben as miñas opinións. Agardo que algún día se volva a creer na política que non sexa un cúmulo de intereses na que a dignidade, a xustiza, e sobretodo a verdade se soterren mentras divirten aos cidadán con polémicas superfluas, e sexa unha fabrica de extremistas e intransixentes. Espero que non volva a experimentar a vergoña de ser español que tiven estes catro anos.

Eu recomendo "Un mundo feliz", de Aldous Huxley. Na que a tiranía campa as súas anchas fronte a unha sociedade narcotizada(Coma os medios de comunicación que temos), na que se lle asigna a cada individuo un papel dende que nace, na que un cidadán non ten dereitos, nin moralidade, e sobretodo dignidade. Na que se lle sectariza (Educación pra cidadanía co "políticamente correcto).

OUmellor ain da "EL MAÑANA NOS PERTENECE".

En fin VÓS MESMOS.

Anónimo dijo...

Antes de nada. "OSTIL" escríbese con "H" (hostil), é soamente unha pequena puntualización ortográfica (hai máis moitas, pero non están en maiúsculas), non te amoles por iso. Como ben dis, sempre se está a aprender.

"Un mundo feliz", de Aldous Huxley, boa oferta. Leino en 1º de bacharelato, do antigo bacharelato, na asignatura de Ética
(aquela maltraída asignatura para o AP -Alianza Popular- da época).

O que son as cousas.

Tes razón, menos mal que Endesa, Fenosa, etc... son privadas, así hai as liñas que hai nas vilas de Galicia. Así se vai a luz e se queiman todo tipo de electrodomésticos (sen que ninguén aboe un euro nin se vexa reflexado na cota mensual) cada vez que alguén tose. Sinxelamente non invirten un euro, xa non falo de mellorar a rede (que o tema daría para escribir un libro) senón de mantela operativa e servindo a voltaxe contratada (isto non se fai, e iso chámase FRAUDE).

Pero claro, o carto é o carto, e non compensa invertir. Iso sí, compensa ir a esos mesmos pobos a montar muiños eólicos e minicentrais eléctricas nos ríos.

E xa non falemos de xente que se movía como peixe na auga na administración Fraga, como o amigo de Paco Vázquez (que iba no PSOE por non ir no PP, como ten demostrado en innumerables ocasións) e dun ex-alcalde desta comarca, o señor Castro Valdivia.

Poño este enlace, cecais teñas interese por ler algo do asunto:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2340&pIdSeccion=2&pIdNoticia=97311

Eu comprendo o liberalismo, pero non o comparto. Non comparto que os galegos teñamos que pagar por usar a vía de estrada que vertebra o noso país. Chámame comunista por iso, pero mellor sin peaxe, grazas.

E mellor se por riba de sacar a peaxe (e non renovala cando ía vencer, Sr. Núñez Feijoo...) se evita así que se enriqueza o amigo de ninguén.

É o malo do liberalismo atroz propio do caciquismo. É o malo.

Volvendo ao tema do terrorismo, pásoche de novo (vou facer un cortar e pegar) tres preguntas moi sinxelas que alguén che fixo onte, e das que parecer escaquearte (nótouse moito, síntoo):

1.- O día 30 de xaneiro (día da Paz como dis) ETA asasinou a outras 5 persoas máis a maiores de J.Becerril e esposa, pero estes 5 non eran militantes do PP..¿onde foi a homenaxe que lles fixo Alcaraz, presidente de TÓDALAS vítimas?.

2.- onde estaba Alcaraz cando Aznar negociaba co "movimiento vasco de liberación"?

3.- Aznar, todo un PRESIDENTE DE GOBERNO, covertiu a unha banda terrorista en "movimiento vasco de liberación". O home que escollen tódolos españois convirte unha banda terrorista en movemento vasco de liberación. ¿De liberación de que?.

Despois de que me respostes a isto falamos máis de preto sobre Alcaraz.

E sigo. Es novo, pero lembrarás (e senón podes empregar internet) que un ex-presidente do goberno e un ex-vicepresidente (hoxe candidato do PP á presidencia do goberno) dixeron que "saberemos ser xenerosos" cos terroristas se depoñían a súa postura.
Isto non sería unha nova por si mesma se non fose porque ETA xa rompera a tregua días atrás, tiña xa matado a Miguel Ángel Blanco Garrido (aquel concelleiro do PP de Ermua, o pobo do que falas) despois dunha chantaxe sen precedentes non so ao Estado, senón tamén ao país.

Cun morto -DO SEU PROPIO PARTIDO- ainda quente, e tendéndolle a man aos terroristas. Pouquiña vergoña hai.

E o que colmou o vaso: en Navarra o PP pídelle pactar ao PSOE (ese gran partido amigo dos terroristas e que ía a vender Navarra a ETA) despois de que os cidadadáns non lles renovasen -baixo as siglas de UPN- a maioría absoluta. E faino con toda a cara, sen problemas.

¡¡ E iso que o PSOE ía a vender Navarra!!. Todo sexa por manterse no poder, que é o que importa.

Hai que ter cara para dar leccións de terrorismo. Polo menos mantente calado e trata de pasar desapercibido.

E trocando de tema; hoxe o que faltaba: un contrato de cumprimento da lei "de ser bo español" para os inmigrantes. Impresionante.

Pero é que non saben que TÓDALAS PERSOAS QUE PISAN ESPAÑA (españois ou non, agás certos membros diplomáticos que gozan de condicións especiais) SE DEBEN Á LEI. Deben cumplir a lei.

E de incumplila solucionarase nos xulgados, como nos pasa a todos.

Ollo, salvo que relaciones directamente inmigración con delincuencia. Entón estarás chamando cacos aos inmigrantes. Quero crer -repito, quero crer e creo- que o PP non pensa iso.

E por poñerlle a un inmigrante diante un contrato "de bo inmigrante" xusto ao entrar en España non se vai conseguir nada. A ese extranxeiro, se o incumple, vaino sancionar o que estipula a xustiza xa hoxe en día (salvo que isto tamén se reforme).

E os que entran ilegalmente (que poderían ser os máis tentados a roubar, se nalgún caso chegasen a facelo, por verse altamente desamparados) non asinarán nada.

Así que de nada servirá. Pero bueno, estamos en campaña.

Por certo, eu pensaba que un contrato era algo pactado entre dúas partes. Debe ser que un contrato debe ser imposto...

Dende logo, que rápido esquecemos o que pasaron as nosas familias cando marcharon ao extranxeiro, e máis nós, os galegos. Agora resulta que todos marchaban de Galicia cos papeis en regra, con contratos asinados e firmaban no seus país de destino que mataran a Manolete. O que hai que escoitar.

En fin.

O que me preocupou de verdade foi o que dixo hoxe Arias Cañete, comparando aos camareiros boísimos que había antes e aos inmigrantes que a día de hoxe traballan na hostalería. Qué cagada (e xa van mil) do zampabolos.

Pero claro, que se pode agardar dun ex-ministro de agricultura que na crise das vacas tolas dixo que se erguía as 5 da mañá para almorzar os callos, animando aos españois a facelo...¡¡que saque ten o tío!!. E xa non falemos de Celia Villalobos e os seus caldiños.

Cheira a racista o comentario de Cañete, agardemos que no PP alguén lle obligue a rectificar. Seguro que se fai, non o dubido, porque os votantes do PP non consintirán que un ex-ministro seu saia de rosiñas de semellante improperio.

Confío niso.

Un pracer o debate.

Anónimo dijo...

E xa ves que plaguei o "testo" anterior de faltas ortográficas: comín letras, metín outras, saltei ordes, etc...

Non te asustes, son irónicas. Non as tomes a mal, trato de poner unha pinga de humor ao asunto.

Anónimo dijo...

1º OSTIL en galego, é, de toda a vida SEN HACHE. As miñas peores faltas son os castelanismos e a pereza.

2ºAP, integrabano xente do OPUS DEI, lóxico que non lles fixera graza ningunha ver relixión coma opcional.

3º Se o estado controla a electricidade, xa me vexo eu comprando cirios en Etelvina. Bota unha ollada a marcha da educación ou a sanidade. Sen embargo, eu opto por que estes sectores nunca se privaticen e apostes pola calidade e as oportunidades pra todos.

4ºXa mirarei o enlace ese máis tarde, agora non me apetece.

5º O do peaxe, nin eu nin naide o ve xusto. Tacharasme de fascista e retrógada pero e un exemplo máis da falta de silidadriedade e equidade entre as CC.AA.


Terrorismo.


Non sei o que fai Alcaraz as 24h do día. Ese día asistiu a un homenaxe por que é o presidente da AVT. Non creo que como víctima que é lles teña desprezo as outras. Pero unha cousa teño clara, xamais direi o que dixo o irman do anterior ministro de xustiza, Lopez Aguilar, que afirmou que cando a Alcaraz e a súa familia sufriu ese atentado tocoulle a lotería. INTOLERABLE. DEPROBABLE.

O máis importante, a tregua cunha ETA cun terrible poder nas rúas coma tivo Aznar e unha tregua cunha ETA acurralada coma tivo Z, xamáis se poden comparar. Nesa de Aznar, xa se aprendeu que con asesinos non se fala se non se ten un abogado e un xuiz diante. Ou no cárcere.

Por último, o contrato dos inmigrantes, dicir que si se convirte nunha medida que poida faverecer a total integración destes, serán os primeiros en apoiala. Non esquezas que España é o 2º pais do mundo en recepción de inmigrantes, e a total irresponsabilidade que tivo Z, e Caldera coas REGULARIZACIÓNS masivas, pode que o pagemos caro, e todalas partes seamos perxudicadas. De Arias Cañete, non te preocupes quedou fóra das listas, asi comprendes mellor as subidas de tono deste señor, que defendeuse coma ministro de agricultura como puido, xa que logo a sombra que deixara LOYOLA DE PALACIO, era inmensa, unha muller excepcional.

Ata outra.

Como ves tamén leo o PAÍS, ainda que moi de vez en cando.

Saudos dun cativo.

Anónimo dijo...

Saúdos dunha cativa.

Anónimo dijo...

Bueno, parece que da gusto debatir así, sen insultos nin saídas de ton.

A ver, con todo hai cousas que me deixan trastocado. Dis que en AP había xente do Opus Dei...¿e que marcharon de AP ao cambiarlle o nome para PP?. Eu penso que non marcharon a ningures.
Eses mesmos son os que agora queren tirar -de novo- unha asignatura.

Disinto no da electricidade e as eléctricas. Non vexo que supuxesen mellora algunha e, reitero, utilizan aos paisanos como ops colonos aos africanos fai poucos séculos. Roubanlles as terras para facerse ricos, expropian o que faga falta e, por riba, ese paisano queda sen luz cada 5 días. Cando non lle queiman os aparellos eléctricos cunha subida de tensión.

Deixar a sanidade no sector privado sería, con moito -vexo que estamo na mesma liña- unha temeridade. E senón, preguntade en Europa e en U.S.A. do que pasa co sector sanitario.

A sanidade española é a envexa de Europa, da o mesmo quen goberne agora ou antes, o que pasa é que estamos moi mal acostumbrados e nunca deixamos de queixarnos. Un hospital público opera a quen faga falta a peito aberto, con bos profesionais, e ademais sen reparar en gastos. Como che faga falta iso no sector privado e non compense económicamente... de Deus che veña o remedio, como se soe decir.

¿Que temosmproblemas na sanidade? Claro que sí. As listas de espera o primeiro e máis grave. Pero ollo, as listas de espera para consultar a un especialista, non para operarse.
Outro problema máis novo -temporalmente falando- é a saturación do servizo de Urxencias Hospitalarias (probablemente debido a que a xente esquiva ao médico de familia para irse ao hospital cunha sinxela gripe, por exemplo).

Unha proba da calidade da nosa sanidade é o número de europeos que veñen de vacacións..¡¡para operarse eiquí!!. Entre eles moitos alemáns, por algo será.

O das peaxes. Non coñlezo todas as realidades (sí moitas, pero non todas, polo que non podo xeralizar) de España. Pero o tema galego é moi sangrante. ¿A que cabeza lúcida, sen intereses ocultos e sibilinos, se lle ocurre prolongar a concesión da que é, sen dúbida algunha, a estrada máis importante de Galicia?.
Feijoó, Feijoó... E esta decisión non creo que tivese moito que ver con a insolidaridade interautonómica, dame a nin que vai a ser que non.

Tema ETA. É ROTUNDAMENTE FALSO que ETA estivese forte cando Aznar negociou coa banda (perdón, "movimiento vasco de liberación"). E digo que é falso porque todos lembramos que a tregua foi empregada pola banda para rearmarse, máis que nada porque estaba feita un desastre.

Con ZP non deixaron de deter a xente, incluido o aparello de reclutanmento e o xefe militar (tamén compre lembralo).

Sigo sen comprender porque Aznar e o seu goberno seguíu a decir que "sabremos ser generosos" si a banda deixaba de matar, xusto despois de que lle matasen a un concelleiro do seu partido.
Incomprensible para min, que queres que che diga.

As declaracións do ex-ministro de xustiza referidas a Alcaraz: unha cagada como a copa dun pino. Sin máis paliativos.
Por certo, Cañete non creo que lle vaia a facer ningún favor con Rajoy con esas declaracións. Ningún (ainda que non figure nas listas).

Inmigración. Se un inmigrante ilegal orixinario do Chad parte unha perna e vai a un hospital...¿que se debe facer?. O sistema sanitario español di que hai que axudarlle, ainda que non cotice. Logo das curas, non se lle poderá repatriar porque non hai acordo de extradición con certos países. Eu pregunto...¿non sería máis favorable para España que cando menos este home estivese contribuindo coas arcas públicas?.
Eu opino que sí.
Por que ademais de xeran gasto social (polo tema que sexa) tamén provocan un aumento da economía sumerxida, dos cartos negros, etc... Claro, logo nos queixamos dos Top Manta, das redes de prostitución ilegal, etc..

Non poden vagar polas rúas como inexistentes, porque esta xente é a inmigración máis tentada a delinquir en caso de desesperación. E son esta xente a que non vai a asinar o famoso contrato de Rajoy (eu bautizaríao como o contrato de "¿vas a ser bueno?").

En fin... Diverxencia de posturas.

Anónimo dijo...

Sendo bastante obxectivos, nas precampañas dos dous grandes partidos quen esta a marcar o ritmo é Mariano Rajoi, lonxe de insultar e polemizar e "defender la alegría", fai propostas que ministro a ministro, o propio Zapatero apura a ocasión pra desacreditala e repudiala. Poden ser propostas máis acertadas ou non, pero centranse nas verdadeiras preocupacións dos cidadáns. Ou polo menos, eu o vexo así.

Co do terrorismo. Xa canso de repetilo mesmo. Herri Batasuna, cobraba moitos cartos públicos pra o financiamento, sumamos o imposto revolucionario, a extorsión aos empresarios(de sempre) restamos os moitísimos vascos que tiveron que emigrar pra buscar un lugar pra vivir en liberdade, as errikotabernas,.... E temos, a unha banda terrorista con comandos en Madrid, Andalucia, Cataluña, A Rioxa, Navarra, Guipuzcua, Álava, Bilbao. TODOS cunha actividade sen descanso e preparados en calquera momento pra actuar. As detencións que se produciron neses anos foron golpes duros pero non facian retemblar os pilares da barbarie, entón chegarón os secuestros de Lara e o inolvidable secuestro-asesinato de Miguel Anxo Blanco, fillo de pais galegos cando descubriu que unha "amiga" sua esperabao nunha estación cunha pistola pra decirlle que era da ETA. Hoxe reposa en Ourense, onde pode descansar en paz sen sufrir as profanacións que veñen acontecendo últimamente. Todos buscaban a liberación de tódolos presos pra buscar a hipotética saída do problema. Aznar ofreceulle o achegamento dos presos ao Pais Vasco e o "trato" que ves a repetir ti ata a saciedade. E xa non nos enteramos de máis ata que reanudaron os actos asesinos.

Non digas que en aqueles anos eran un desastre... (PUNTOS SUSPENSIVOS), non intentes enganar a naide nin a ti mesmo, daquela interesada ou non a información non sufría apagóns. Agora podese ou non estar de acordo co que se xestionou, cada quen...

Nesta frustrada tregua-trampa incumplironse consensos e políticas comúns pra aislar o principal partido da oposición, con máis gravidade nestes temas tan importantes pra todo cidadán.
Estivose case dous anos sen facer nin unha soa detención en España, e o señor Rubalcaba meteunos polos ollos que Otegui era un home de paz...¡OTEGUI!, de De Juana non falemos, o chivatazo de Garzón, que facilitou a escapada do aparato financiero da ETA, Da xestión do fiscal do estado Conde-Punpido que dixo que "Hai que facer xustiza adaptandose as circunstacias do presente", etc,etc... E culminou coa chegada da ETA a Bruselas pra que o parlamento aprobara os dialogos, un lobro histórico que seguro que pensaron que mereceu a pena facer o que fixeron o longo da historia pra chegares ata alí. Foi unha auténtica vergoña.

Gracias a política de Zapatero os nacionalismos máis radicais etán a incrementarse alarmantemente. Non vexo lóxico que o pai de Albert Rivera reciba unha carta ca foto empapada en vermello do seu fillo cunha bala clavada na fronte. Non é normal, que os candidatos do PP en Cataluña tivera que escapar nun camión do circo(Ainda que che pareza gracioso non o é). Isto non pode continuar así, e ninguén é un facha por querer atoparlle remedio. A liberdade esta en xogo.

Ah!
E a ETA estaba máis necesitada ca nunca nesta lexislatura. Errouse, e hai que recoñecelo.

Polo demais, penso que non compredichela miña opinión. Relee o que dixen se queres.

Anónimo dijo...

creo que non tes moi boa memoria, quen chamou movimiento de liberacion vasaco foi aznar. Tamen creo que o tema de España rompe calouche profundamente, pero que sepas que as concesions e transferencias feitas na primeira epoca do pp no governo foron as mais importantes, dende o consorcio basco ata a expedicion de titulos profesionais.Ter como bandeira os mortos do terrorismo pareceme dunha baixeza total, cando os socialistas foron e son victimas no pais basco xunto con outros colectivos. Empregar esto electoralmente e cando menos non torelable eticamente. Por outra banda a situacion actual do terrorismo e moito peor que fai catro anos tanto o de eta coma o mal chamado islamico. E unha pena que teñan que pensar por nos....

Anónimo dijo...

Un grupo de estudiantes independentistas intenta agredir a Maria San Gil durante una conferencia en Santiago


Medio centenar de estudiantes de ideología independentista han intentado agredir a la presidenta del PP del País Vasco, María San Gil, antes de pronunciar una conferencia en la facultad de Económicas de Universidad de Santiago de Compostela.

A su entrada en la facultad, el equipo de seguridad de San Gil, formado por dos escoltas, reforzados por cuatro policías de Santiago de Compostela, mantuvo un forcejeo con un grupo de estudiantes para evitar que la presidenta del PP del País Vasco resultase agredida. Uno de los escoltas ha resultado herido con un corte en una mano y otros dos policías sufrieron contusiones.

Alguno de los estudiantes que intentaron boicotear el acto también denunció que recibió algún puñetazo. Aún así, María San Gil pronunció su conferencia entre pitidos y consignas de corte independentista como "españolistas fuera de Galiza" o gritos que reclamaban la "ilegalización del PP" o denunciaban que este acto "trae el fascismo a Galicia".

María San Gil se dirigió a algunos estudiantes y comentó que "la democracia se construye con diálogo" y "hay que sumar y no dividir". Así, afirmó que "estaría mucho más de acuerdo" con que entrasen al acto "a hacer preguntas, que es lo democrático y lo que lleva a poder progresar conjuntamente". Fonte: Cadena Cope.

Anónimo dijo...

O terrorismo non ten cabeza, tan só pistolas e amonal.

Anónimo dijo...

Acabo de quedar sorprendidísimo co que vexo e leo.

A COPE dí que "Un grupo de estudiantes independentistas intenta agredir a Maria San Gil durante una conferencia en Santiago". O que hai que ler e oir; así nos vai.

Hoxe en Santiago 7 ou 8 rapaces independentistas adicáronse insultar -de xeito DENUNCIABLE e LAMENTABLE- a María San Gil con gritos de "fascista". Tamén lle chamaron "españolista", o que non me parece un insulto, vaia. Polo menos se mo chaman a min non me sentiría insultado.

Cando a cousa se tensou, tiveron un intercambio de manotazos e empurróns cos escoltas e policías, nada que esta xente non faiga en Santiago en calquera momento. Vese que na COPE non os coñecían.

Acabo de ver as imaxes na TV, e non enganan. Do que pasou a intento de agresións... En fin, como vende o vitimismo.

A Magdalena Álvarez dixéronlle de todo menos fermosa hoxe en Cataluña polo tema do AVE (segundo a lei os insultos deberían ser penados igual, independentemente de quen os pronuncie ou a quen vaian dirixidos) e non se armou revuelo algún. Nin saíu na COPE dicindo que case a matan.

As furnas están cerquiña.

Por certo, hoxe Esperanza Aguirre dixo en Cataluña que vai a abrir un instituto para o estudo da lingua catalana; levaría o nome de Tarradellas (en honra ao ex-presidente da Generalitat).

¡¡ O que hai que ver !!. Que repentino amor por Cataluña e o catalán. Lémbrame a aquel que falaba catalán na intimidade.

Impresionante. Iso sí, a semán pasada poñíase o berro no ceo porque en Andalucía xa se facía isto...¡¡que inmorales!!.

É que Espe pensa que pode gañar, e irlle facendo as beiras a Artur Mas pode facer falta (do recurso de inconstitucionalidade do Estatut pasamos).

Por certo, hoxe ZP pasoulle pola esquerda e como un cohete a Mariano, que parece que vai desinflando, e que teme un debate na tele de todos os españois. Prefire darlle pasta en anuncios previos e posteriores aos colegas das empresas privadas que ás arcas públicas. Sentido de Estado.

Hai que ver como apostan polo público algúns, cando as súas donas van a parir nos hospitais privados e os fillos van aos colexios de pago (que din teñen mellores resultados en notas. Habería que ver como se acadan esas calificacións, porque como sexan como as que otorgaba certo instituto compostelán que trampeaba ata a selectividade...).

O carto é o que ten, merca todo (salvo a dignidade, se se quere manter, claro).

Anónimo dijo...

E eu preguntome si ANV e o PCTV estan fora da vida democratica por non condenar a violencia e os asesinatos de ETA e estar vinculado con este mundo(o cal pareceme ben), ¿Por que o PP non esta no mesmo por non condenar os asesinatos fascistas e a dictadura e amparar e ter como presidente honorario un exministro da dictadura militar franquista que esta orgulloso delo?

Anónimo dijo...

Sempre se acaba falando do mesmo. E ainda por riba xustificando "os medios" do inxustificable.

Anónimo dijo...

Hai que lembrar que esta muller leva escolta por defendela liberdade. E que viña a universidade a dar unha charla de terrorismo. Non ia a falar do Bloque ou do PSOE. Xa temos nas nosas narices probas do que esta a mudar esta sociedade. Que cada quen saque as súas propias conclusións.

Anónimo dijo...

tamen a levan os do psoe polo mesmo

Anónimo dijo...

E o de mudar non sei, fai catro,cinco, seis... anos era o mesmo energumenos sempre os habera, poido lembrar afgun acto de fraga abucheado, aznar... por non decir do psoe en euskadi

Anónimo dijo...

Certamente, tamén conferenciantes do PSOE teñen sufrido ataques e improperios, pero...¿onde estaba a "neutral" COPE para informarnos destes conatos de agresión -e denuncialos- cando os conferenciantes eraqn do PSOE?

Como mola a neutralidade. Menos mal que algúns so escoitan a COPE se se queren enterar de algo...

Anónimo dijo...

Bueno, todo iso do terrorismo está moi ben, e é moi interesante pero, vaiamos ao que realmente importa: ¿vai a poñer pinchos Girón na manifestación do Vicedo?. Eu necesito sabelo.

Xa me enterei de que o concello de la Ilustrísima Villa de Santa Marta de Ortigueira vai a poñer fondos públicos para pagarnos o bus cara o Vicedo, pero non din nada dos pinchos.

Seguro que o pasamos tan ben como no acto de Mariano.

Anónimo dijo...

الرياض (ا ف ب) - كشف عضو اللجنة المن لبطولة العالم للاندية في كرة القدم السعودي طلال آل الشيخ أن الاتحاد الدولي (الفيفا) حدد منتصف نيسان/ابريل المقبل أخر موعد لتلقي طلبات استضافة البطولة لعامي 2009 و2010.

واشار الى ان اليابان في تصريح الى وكالة فرانس برس "ستستضيف أخر نسخة من البطولة في العام الحالي 2008 حسب الاتفاق السابق بين الفيفا والشركة الراعية لها".

واوضح آل الشيخ "الفرصة متاحة لجميع الاتحادات الأهلية بتقديم طلب الاستضافة شرط استيفاء شروط ولوائح البطولة وهناك ملف متكامل عن شروط الفيفا للاستضافة".

وأضاف "بامكان أي فريق عربي استضافة البطولة والفريق المستضيف لن يلغي مشاركة بطل القارة التي ينتمي اليها وسيعمل وفق ما هو حاصل في اليابان حاليا بمشاركة الأندية أبطال القارات الي جانب الفريق المستضيف".

وذكر ان طلبات الاندية الراغبة في الاستضافة "تقدم عبر الاتحادات الاهلية وليس عن طريق الاندية".

Anónimo dijo...

Atalajacaalaestaca, APARCAR.

Anónimo dijo...

VOTO POR CORREO



Si el domingo 9 de marzo no puedes ir a votar personalmente en la urna, ejerce tu derecho solicitando votar por correo.

1.-Solicita personalmente con tu D.N.I. , en cualquier oficina de Correos, entre el día 15 de enero y el 28 de febrero, el impreso para votar por correo.

2.-Rellena y firma el impreso entregándoselo al funcionario que comprobará tu identidad con tu D.N.I., te lo sellará y enviará por correo certificado a la Oficina del Censo a la que perteneces.

3.-La Oficina del Censo te remitirá, entre los días 18 de febrero y 2 de marzo, al domicilio que hayas indicado en cualquier punto de España, la documentación para votar. Esta documentación tendrás que recibirla personalmente y para que te sea entregada tendrás que presentar tu D.N.I.
En caso de no encontrarte en tu domicilio, te dejarán un aviso para ir a recogerlo (tienes que ir personalmente, no se lo entregarán a otra persona).


La documentación electoral que recibirás está compuesta por:
• Certificado de estar inscrito en el censo electoral.
• Papeletas de todos los partidos políticos que se presenten en estas elecciones al Congreso de los Diputados y un sobre del mismo color para introducirla (color blanco)
• Papeleta color sepia con todos los candidatos al Senado ordenados por partidos políticos y sobre color sepia.
• Sobre dirigido al colegio, mesa y sección a la que usted pertenece.

4.-Elije la papeleta del partido político que quieres votar al Congreso de losDiputados e introdúcela en su sobre.

5.-Marca con una cruz el recuadrado de los nombres de los candidatos al Senado hasta un máximo de tres. Dobla la papeleta, no la cortes e introdúcela entera en el sobre color sepia.

6.-Introduce los sobres de las papeletas, junto con el Certificado Censal, dentro del sobre más grande donde aparecerá ya impreso la dirección del colegio, mesa y sección a la que perteneces.
No metas este certificado dentro de uno de los sobres de las papeletas, porque invalidaría tu voto. Ponlo suelto dentro del sobre dirigido a la mesa.


E por favor, mira bien a quen das tu confianza. Que no se repita el cuatrienio del talante vergonzoso e incompetente...NUNCA MÁIS. HAI QUE BOTALOS!

Anónimo dijo...

愛されメイクをマスターしたい!
今はやりの愛され顔。私もかわいいメイクに挑戦したいけど、何となくいつものメイク方法に落ち着いてしまいます。かわいさを出した好感度が高いメイクを教えてください。

アイメイク

アイホールカラーはラメ入りイエローゴールドを、まゆ下からまぶた全体に入れます。ミディアムカラーはピンクを、まぶたのくぼみから、まつ毛の際からくぼみに向かって入れます。ポイントカラーはブラウンを、黒目の上が一番濃くなるように真ん中からチップや筆で入れます。

黒目を中心にアイシャドウを濃く太く入れていくと、目が大きく丸く見えて“愛される目元”になります。さらに目頭の“くの字”の所と、下まぶたの目尻にラメ入りのシルバーシャドウを入れるとウルルンとした瞳の効果がでます。

アイライン&マスカラ

アイライン……ブラックのペンシルでまつ毛の際をうめるように。黒目の上が一番濃くなるように入れる。
マスカラ……ビューラーでまつ毛を上げ、黒目の上のまつ毛が濃くなるように重ねてボリュームアップマスカラを塗ります。そうすることで丸みを重視した目元が、より強調されます。その後コームを使い、まつ毛についた余分なマスカラを取り除き、ダマを防ぎます。

アイラインを太く引き過ぎると、ナチュラルな仕上がりにならないので注意してください。

アイブロウ

まゆの形は曲線を重視した形にすると、女の子らしい優しい感じになります。色は自分の髪の色と瞳の色の中間を選ぶとバランスが良くなります。

まゆ尻がまゆ頭より上の位置にくるようにすると、イキイキと元気な印象になります。

チーク

ピンクとオレンジを混ぜた色を、ほおの上に丸く入れて、周りをぼかします。

黒目より内側に入れないようにすると、バランスがよくなります。

リップ

全体の色はピンクベージュで、唇の真ん中内側に赤のグロスやリップを入れると立体感のある口元になります。

あまり輪郭をはっきりさせないようにしましょう。少しラメ入りのグロスがあると、キラキラしてよりかわいらしい口元になります。

メイクアップ完成!
丸み、柔らかさを意識したアイメイクと、キラキラ、ウルルンとした質感で女の子らしさをアピールしましょう。

Anónimo dijo...

¡¡Como mola!!

Nos ensinan como votar por correo, de xeito claro e moi ben explicado. ¡¡Así da gusto ser demócrata!!. Que sinxelo é.

Non vota quen non quere. ¡¡Se ata nos din por quen temos que votar!!. Non temos nin que pensar, xa o fan por nós. E fan ben porque, vamos a ver: ¿seríamos capaces por nós mesmos de escoller a opción boa?.

Eu creo sinceiramente que non. Pero por sorte con isto do blog xa temos quen nos aconselle.

Mil gracias. Xa sei a quen non votar.

Gracias de verdade

Anónimo dijo...

Para votar ^^ tes que ser unha gorxa profunda

Anónimo dijo...

O Código de Bon Goberno de Zapatero: 250.000 para arranxar unha vivenda ofical.-

- Fernández Bermejo gastouse 250.000 euros de todos os españois en arranxar a vivenda oficial na que reside, xa por poucos días.

- Trujillo desminte que o novo ático do ministro estivese en ‘situación de abandono’ como asegura Xustiza.

- Sen ningunha dúbida, atopámonos diante dun despilfarro brutal e insultante para os españois que cada vez teñen máis problemas para pagar a súa hipoteca ou encher a cesta da compra.

- 12.000 euros en mobles de cuarto de baño e 5.400 en xardineiras, por poñer dous exemplos, son unha barbaridade que incumpre gravemente o Código de Bon Goberno de Zapatero, que falaba de austeridade e de non facer mal uso dos bens públicos.

- Ao final, aquel Código quedouse en pura propaganda.

- Non é a primeira vez que ocorre isto. Climatizouse a piscina da Moncloa por 17.000 euros, realizaronse voos oficiais a Londres para que Zapatero e a súa familia fixesen compras, presupuestouse medio millón de euros en cambios de mobiliario na Moncloa, etc.

- Bermejo ten en folga e movilizados a todos os sectores da Xusticia. O problema dos traballadores dos xuzgados e tribunaies son as súas baixas retribucións.

Anónimo dijo...

Claro, invierten para eles.

ZP levarase para a súa casa particular a climatización da piscina da Moncloa cando remate de ser presidente (dentro de anos, non vos preocupedes), Bermejo fará o propio e levarase o piso reformado para a súa casa. O mobiliario novo da Moncloa (facía falta porque o anterior inquilino tiña un gusto bastante dubidoso, non hai máis que ver con quen se casou) tamén habrá que levalo para a casa particular cando remate o mandato.

Todo vale en período electoral. Iso fala da pouca fe en si mesmo que teñen algúns.

Pero tranquilos, a Rajoy soamente lle quedan 23 días na política estatal. Lástima que non "morran" políticamente con el Angelito, Eduardín e Espe.

Que ben o imos a pasar.

Anónimo dijo...

Eu tamen o vou pasalo de vicio, cando Z, el competente, Rubalcaba el sincero y De la Vogue se refuxen no palomar no que está empadronada en Valencia. Nada que ver co pisiño de Bermejo. ADIOZ.

Anónimo dijo...

A Xunta paga con fondos públicos billetes de avión de axentes electorais socialistas.-

- A Xunta de Galicia pagou un billete de avión a un axente electoral do PSOE para que viaxase a Bos Aires en busca de votos para os socialistas durante a pasada campaña das municipais.

- O PPdeG puxo en coñecemento un correo de Marisol Soneira, responsable de Emigración do PSdeG, a unha persoa non ligada á Administración pero afiliada ao PSOE, no que lle mandaba localizador e datos do voo que a levaría de Santiago a Madrid e de Madrid a Bos Aires o día 2 de abril, e de volta á capital de Galicia o 23 de maio, cinco días antes das eleccións.

- Ese mail non era máis que un reenvío da secretaría de Emigración á propia Soneira, no que se pode ler que o billete xestionouse por orde do secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez -departamento que depende de Presidencia-, a través do seu xefe de gabinete.

- A beneficiaria deses voos era M.I.B, emigrante retornada, non dubidou en admitir que traballou como axente electoral de Félix Porto, actual alcalde socialista de Muxía, durante a campaña das municipais.

- Como proba, o PPdeG mostrou varios emails remitidos por emigrantes galegos que recibiron nas súas casas de Bos Aires a M.I.B. En devanditos correos electrónicos esas persoas admiten recibir información electoral do PSOE, incluíndo un CD, e unha carta por parte da persoa referida.

- Esta persoa viaxou a Bos Aires cunha bolsa de viaxe de preto de 30 quilos cargada con correspondencia electoral a repartir en Bos Aires que a entregou o propio alcalde de Muxía, por aquel entón só candidato.

- Este é un escándalo de difícil xustificación, que non pode deixar indiferente a ninguén, e que require dunha explicación inmediata por parte do Goberno.

- A Xunta está pagando con diñeiro público a campaña do PSOE, e é un acto que debe ser investigado e depurado no seo do propio Goberno galego.

- Pode que o caso desta persoa non sexa illado, e que na actualidade haxa centos de persoas traballando para o PSOE en Latinoamérica, pode que con viaxes pagadas pola Administración galega.

- É innegable que a Xunta pagou o billete de M.I.B. Para demostralo, o PPdeG mostrou o recibo do billete no que aparece un número de rexistro, unha clave que identifica a un cliente que ten un acordo coa compañía Iberia, a que operou ese voo. Esa clave, consultadas ata tres fontes da compañía, corresponde á secretaría xeral de Emigración da Xunta de Galicia, dependente da propia Presidencia do Goberno galego.

- Ricardo Varela, número dous do PSdeG, como responsable de Organización do partido, debe explicar por que os axentes electorais do partido viaxan con voos que pagamos todos os galegos.

- Ademais, debe aclarar cantas máis persoas traballaron para o PSOE custando diñeiro ás arcas galegas e cantas o seguen facendo na actualidade.

- Marisol Soneira debe explicar que fai xestionando voos para axente electorais do PSdeG desde o seu despacho do Parlamento ou polo menos co correo electrónico que se lle facilita como deputada.

- Manuel Luís Rodríguez debe explicar por que o seu departamento está pagando voos a axentes electorais socialistas con cargo aos Orzamentos da Xunta.

- E o alcalde de Muxía debe explicar, e de inmediato ademais, como buscou que fose o Goberno galego o que lle financiase a campaña electoral.

Anónimo dijo...

Hai que ser paparda para ter un exclusiva así e non cobrar por ela recorrendo as televisións locais da jalisia profunda.

Se e verdade o que dís colles o teu DNI e denúncialo no cuartel da garda civil.

Se non é verdade pecha a boca e deixanos de amolarnos cos teus razoamentos profundos de copia e pega de lista de distribución.

Anónimo dijo...

Non tuvo tempo entre pasar a jorra para pajarlle o bus a Super Girón e poñerse dacordo a ver quen levaba os coches hasta a vila non damos feito.
Estas cousas de andar a chorar e pedir con Antoñito Campo e Fernandito Tallón non pasaban.
Canto perdeu o PPdeG sen D. Manuel a fronte.

Anónimo dijo...

water billingham needlman indent delineates lingual compute checker confines manotel tosun
lolikneri havaqatsu