11 dic 2007

Esperando a Pepiño desesperadamente

O secretario de Organización do PSOE, Pepe Blanco, confirmou que visitará a comarca o vindeiro venres para manter unha reunión de traballo cos portavoces dos diferentes grupos socialistas dos concellos da zona. A súa primeira parada será no Concello de Fene, segundo anunciaron onte desde o mesmo consistorio. Alí reunirase co alcalde de Fene. Acto seguido, o responsable do partido desprazarase ata a urbe de Ferrol, onde si está previsto realizar un encontro de portavoces e alcaldes na que se realizará un traballo en común para planificar as próximas eleccións xerais. ¿Ira o noso alcalde? ¿levara a libreta de peticións? ¿vira Pepiño Blanco a visitarnos algún día? moi pronto o sabremos....

49 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta é a típica nova deste blog que demostra claramente que o fin do mesmo é "unha reacción cívico-política independente na blogosfera, cuia finalidade principal é a de traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño na Coruña." (citado textualmente da columna da dereita).

Todo un síntoma de imparcialidade. E xa van uns poucos.

Todo un record perder a credibilidade nuns meses...

Anónimo dijo...

uyy pareceme que o aguillón pinchou en oso. Seique os socialistas de Cariño non foron invitados a reunión dos camaradas de ferrolterra ¿non si?

Anónimo dijo...

Eu estou seguro de que Pepiño Blanco e Luisiño Armada farían boas migas, porque os dous son igual de falsos, sectarios e teñen cara de parvos.

Anónimo dijo...

A mensaxe que precede a esta é outro exemplo máis de non fanatismo e, por riba de todo, de educación.

Como di a primeira mensaxe deste bloque, e parafraseando os obxetivos deste blog, esta mensaxe previa é "unha reacción cívico-política independente na blogosfera, cuia finalidade principal é a de traballar a prol dun cambio profundo nas formas de gobernar e de facer política no município de Cariño"

Se este tipo de actitudes e comentarios (como mínimo soeces) son as que se pretenden nesa "nova forma de gobernar e facer política", o que escribe estas liñas (que non lle debe nada a ninguén, e menos a partido político algún, sexa da ideoloxía que sexa) vaise inmediatamente a empadroar en Moeche e, se é posible, máis lonxe... Pode que en Negueira de Muñiz, ven pretiño dos Ancares.

Dende logo, nunca deixo de abraiarme do tipo de persoaxes que temos neste pobo, e mira que un leva visto de todo...

En fin, o blog pode que gañase en maior credibilidade se nel se vertesen novas de esquerdas, dereitas e nacionalistas, e que cada quen (dende o respeto, evidentemente, e non como fai algún) opinase libremente sobre cada unha. Poderíamos establecer uns debates moi bos, penso eu.

Xa sei que iso pode restar lectores -máis que nada porque a certos individuos cóstalles moito ter que pensar e debatir. "Iso de ter que argumentar con razóns e non con insultos é moi difícil", deben pensar- pero evidentemente sería máis propio, penso eu, dun pobo avanzado do século XXI.

Pode darse a paradoxa de que, precisamente os que aos que nos gusta o debate limpo pero cara a cara, acabemos tendo que abandoar o blog por converterse nalgo insostible dialéctica e intelectualmente falando en mans duns acomplexados que non teñan máis que o insulto fácil na boca.

Agardemos que non. Iso espero.

Un saudiño veciños!

Anónimo dijo...

Vendo o mass-media deste pais ca súa cruzada a prol do pensamento único asi como o manipulamento da da formación educativa, intelectual e persoal que estan a ser sometidos as novas xeracións. Ter unha páxina ainda que sexa de ambito local dando un punto de vista crítico é un soplo de aire fresco nun pais no que o que non comulgue cas ideas inculcadoras gubernamentais así coma a súa falsa moralidade son perseguidos e sometidos ao linchamento público. Xa nin falemos das campañas contra o periodismo independente e asociacións, as poucas que quedan a prol do pluralismo e a convivencia...

O insulto, a vexación, a falacia e un instrumento que empezou nun grupo político e que non abandonou ainda alcanzando o goberno da nación e o señor Blanco é xunta Rubalcaba un dos seus máximos exponentes.

Anónimo dijo...

Meu Deus... Sr/a do comentario nª 4 si ve vostede que en Negreira de Muñíz vívese sen tanta crispación coma en Cariño...mande recado que eu vou tamén empadroarme alí.
Desde que alguén pode dicir que o "insulto, a vexación, e a falacia" son un invento da "esquerda" (poño esquerda entre comillas por que me rio eu deses esquerosos que menciona o autor do comentario que me precede) xa podo dicir que quero fuxir dun pobo no que algunha xente perdeu a memoria ¿teremos que recuperar a memoria histórica tamén a curto prazo?
Unha cousa e que algunha xente vaia pola vida con orelleiras e non vexa mais que a liña que lle marcan, pero... por Deus Srs/as, relaxen o tono e as formas, que no Pobo so se fai política de andar por casa, e a algúns váiselles a perola de tal xeito que tal parece que están a facer méritos para entrar ca COPE.
Saudiños a tod@s

Anónimo dijo...

sabedes algo da asociacion que estan facendo os motoreiros de cariño? parece que a cousa vai en serio polo que eu sei son case todos os motoreiros menos tres ¿sabedes vosoutros algo mais eti aguillon? un saudo pa todos

Anónimo dijo...

sabedes algo da asociacion que estan facendo os motoreiros de cariño? parece que a cousa vai en serio polo que eu sei son case todos os motoreiros menos tres ¿sabedes vosoutros algo mais eti aguillon? un saudo pa todos

Anónimo dijo...

Si, señor. Ben apredida a lección tendes algún/has.

Como podedes observar, non interesa falar de algunhas cousas como o que esta a pasar ao noso redor por exemplo. Fai xa sete anos o partido socialista, decidiu dar un paso máis adiante nos valores de reconciliamento, convivencia, tolerancia e, sobre todo democráticos, alonxandose do discurso do confrontamento dúas españas que se enfervece dentro da linea radical e comunista do seu partido. Sendo consecuente cos tempos intentou abandoar o termo socialista polo de progresista. Decidiu afrotar co goberno de turno a loita contra o terrorismo, un partido comprometido cos grandes problemas do estado, e cun talante en favor das políticas sociais. E presentouse as eleccións xerais e foi o gran derrotado.

Comprobou que non lle compre abandoar o confrontamento das dúas españas, que tense que cambiar ata de réxime e abandoar os compromisos de estado, de expulsar ao partido popular de todo goberno, de perseguir a medios de comunicación non afins, pactar con todo partido nacionalista pra expulsar e aislar ao PP, remexer nas heridas ca memoria histórica,... e o peor cambiar e estigmatizar a xente dun novo e único pensamento.

Falo de Educación pra cidadanía... pero e que xa se estava "impartindo" en moitos centros educativos e de formación profesional. Vin cos meus olliños no ano 2003(Apoxeo da propaganda mediática) como nun centro da Coruña, se facian mitines en horario lectivo de Forza Nova e Xuventudes Socialistas ou como se organizaban excursións a Muxía no que o único obxectivo era a incripción nestes grupos como activistas e militantes onde os canticos e ameazas de morte contra os gobernantes daquela época eran a tónica xeral.


O progreso non importa máis que o sectarismo e o poder a calquer prezo.
EDUCACIÓN PRA CIDADANÍA
Uns representan o pasado e o franquismo, nos as liberdades e os deritos e a paz. Uns a intolerancia nos non...
SEMBRAR, LOBOTOMIZAR, E RECOLLER.

Anónimo dijo...

Propoño ao aguillón e demais lectores falar e aportar posibles ideas nun tema, tamén importante e que pasa moitas veces desapercibido e que afecta directamente nos gastos do concello de hoxe e de mañán.
O consumo enerxético.

Estamos vendo estes últimos meses como o noso concello está a invertir en nova maquinaria, equipamentos e quere ultimar a realización da nova piscina municipal e un centro asistencial de día, tamén chamado centro socio-educativo pra maiores.

Tamén vemos de contemplar ao longo destes anos as condición na que se atopaban a maquinaria e instalacións actuais especialmente as deportivas e de ocio, de deplorable abandono, no que se invertiu en sustituir o céspede do campo de fútbol, pero sen observala situacións ruinosas que presentaban tanto o pavillón como o dito campo.

Se tan costoso é o mantemento e optimización das instalacións actuais, medo me da cando esten rematados e operativas as novas instalacións.

Non vamos pedir imposibles... Pero pode o concello iniciar a tarefa de buscar formas de aforrar custes como o gasto enerxético que suporá cubrir todos os servicios pra os usuarios.

¿O noso concello podelle sacar rendemento e aforro co parque de aeroxeradores da Capelada?¿ou calquer medida pra o noso beneficio?

Pregunto dende a ignorancia e non me da medo darme cun canto nos dentes. A situación actual non é moi alentadora. Nada que ver cos concello9s limítrofes. Non veñen as inversións agardadas pra Cariño, coma a mellora das vias de comunicación, o dinamizamento do noso porto, o parque industrial,...

Vamos unha maquinaria, un rendemento ou unha certa solvencia económica e xestión axeitadas pra afrontar un futuro con dignidade.

Esperten, señores.

Anónimo dijo...

Esperemos que o noso Pepiño Blanco nos traiga unha praia pra Sismundi.Algúns políticos son patéticos, a senadora do PP, que veranea en Cariño, dixo que iba pedir unha praia pra Cerdido.Cando veñen as eleccións oímos de todo.Xa nada nos asombra.

Anónimo dijo...

Un compañeiro preguntaba "¿O noso concello podelle sacar rendemento e aforro co parque de aeroxeradores da Capelada?¿ou calquer medida pra o noso beneficio?".

Non, en principio non pode. A concesión dos parques de aeroxeradores é cousa da administración autonómica.

Actualmente a consellería de Medio Ambiente ten o tema paralizado, á espera de regular e reordenar a distribución un tanto aleatoria dos mesmos.
Dos moitos parques singulares municipais que se solicitaron fai anos na comarca, se a memoria non me falla, soamente se permitiu no ocaso do goberno de Manuel Fraga un: para Ortigueira (os proxectos Cedeira, Cariño, As Pontes, etc.. foron rexeitados).

De calquera xeito, os actuais parques -que son producto de concesións e concursos antigos (o da Herbeira de 1998)- penso (non estou seguro) que deben pagar algo ás comunidades de montes propietarias do chan.

Pero repito, non estou convencido disto.

Eu penso que ademais de permitirse aos concellos un parque mínimo -que non impacte moito no medio, e que sexa suficiente para obter enerxía de sobra, e ata un beneficio moderado- deberían obrigar aos centros (bibliotecas, residencias, polideportivos, piscinas...) a colocar sistemas de aforro de enerxía, así como placas solares que mitiguen o consumo.

Hoxe en día hai formas.

Anónimo dijo...

Eu estou dacordo en que se debe tratar o aforro enerxético pero antes quixera saber como están as contas do concello, ¿ como lle vai o "plan de choque" a estes nacional-sociolistos?. Nas primeiras lexislaturas Armada foi incapaz de cerrar a contabilidade dende o 89 ata o 95 as tivo que cerrar o PP. Cando voltou o poder dixo que o Concello estaba enpufadisimo. ¿ Como o deixa agora?
Penso que case triplica a deuda. Non me extraña comprando todo cos fondos do ayuntamento xa que é incapaz de xestionar subvencións.
Así nos luce o pelo.

Anónimo dijo...

Fai moitos anos que se fan plan de aforro enerxético, o que pasa é que cada vez aumenta máis o consumo; máis servicios máis consumo e o aforro ten un limite; non vaia ser que queramos aforrar tanto que volvamos a usar velas; que xa pouco nos falta no pobo.As placas solares non están mal; como as bombillas de baixo consumo, todo máis caro; incluido o prezo da electricidade.Iso vémolo todos no recibo da luz na nosa casa, por moito que querramos aforrar non hai maneira, ven Fenosa, e cobranos máis e iso que consumimos menos.

Anónimo dijo...

Pronto daremola benvida ao ano 2008. Ano do noso XXº Aniversario como concello. Que sorpresas nos teñen gardadas Armada e Cia.. Haberá comida de fraternidade das antigas e actuais corporacións municipais. Fraternidade con Ortigueira. Dado que o día é o 21 de Xaneiro, metelo todo no día de San Xiao traendo a Paris de Noia, barra libre e ambulancia, por si acaso. Algun festival?

Anónimo dijo...

Pepiño.
Moitos neniños din a pregunta ¿Que che gustaría ser de maior? Pepiño Blanco.

Normal, sete anos na carreira de derito, total pra non sacala. Meterse en política sen ser nunca apoiado pola cidadanía no ámbito municipal. Como mentira tras mentira e ninguén cho ten en conta. Chalet nas Rozas sen pegar pau a auga.... Agora suprime cos compañeiros o imposto de patrimonio, e que nos tempos que corren debe haber mas ricos de esquerdas que de dereitas, ou totos queren "viaxar" ao centro dentro da radicalidade e intransixencia. UN CRACK E UN HERÓE NACIONAL.

Anónimo dijo...

!!!!!!!"20 anos de Cariño"!!!!!!!!

E eu ainda sen saber o noso himno, por favor se alguen sabe a letra completa que a escriba. E aguillón, que mellor homenaxe podes facer poñendo a letra na post, haber se empezo a ser un bo cariñés dunha vez.

Anónimo dijo...

E unha foto da bandeira oficial do noso pobo.

Anónimo dijo...

a q canciom te refieres eu te�o algunas de cari�o ahora nom sei cal e o himno

Anónimo dijo...

Empeza: Cariño porto de mar...A ten a Coral Polifónica de Cariño.Os oito da serán; o riló do Concello toca parte do himno de Cariño.

Anónimo dijo...

AMAIS DAS BELAS PRAIAS,DO BRAVO MAR,DO TEU LINDO PORTO,AMAIS DOS XEBRES CASTROS,DOS PIÑEIRAIS EFLORIDOS HORTOS,AMAIS DAS VELAS RUAS,DOS VERDES PRADOS,FONTES E REGEIROS,TI TES GARRIDAS RAPAZAS E REXOS HOMES NOS TEUS MARIÑEIROS,"ESTRIBILLO" CARIÑO PORTO DE MAR, CARIÑO XENTE GAIOSA, CARIÑO CEONO CHAN,CARIÑO CUNCHA MEIGOSA,CARIÑO POBO SEN PAR, DE TODOS BON AGARIMO,MELLOR RELANZO NON HAI NEN OUTRO ACOUGO FARAN COMO O PORTO DE CARIÑO(BIS),O POBO DEITASE QUEDO NUNHA LAREIRA DO OUTEIRO ACOUGADO,OS CEOS CASTROS EMONTES DANLLE UN ABEIRO MOI ACOBEXADO,AS ONDAS DO MAR BRAVIO SUAS ABAS BICAN CON SOLENNIDADE,O QUE SE VAI DE CARIÑO NA TERRA ALLEA MORRE DE SAUDADE.(BIS)"ESTRIBILLO" CARIÑO PORTO DE MAR,CARIÑO XENTE GAIOSA, CARIÑO CEO NO CHAN,CARIÑO CUNCHA MEIGOSA,CARIÑO POBO SEN PAR,DE TODOS BON AGARIMO, MELLOR RELANZO MON HAY,NEN OUTRO ACOUGO FARANCOMO O PORTO DE CARIÑO, CARIÑO, CARIÑO.
LETRA E MUSICA=FRANCISCO XOSE PERNAS, "ARREGLOS MUSICAIS"= FRANCISCO CODERECH.



AVER SI CHE VALE ES TA AINDA TEÑO ALGUNHA MAIS XA AVISARAS CO Q CHE FAIGA FALLA. UN SAUDO E FELICES FESTAS PA TODOS.AVER SI VALE PRA ALGO A CANCION

Anónimo dijo...

Sublime, simplemente maravilloso. Moitas grazas.

Anónimo dijo...

Non moitos pobos teñen bandeira oficial.Cariño a ten.Moitos barcos presumen dela e lévana no mástil.Poñela o lado do escudo oficial, neste blog, non estaría mal.Pouco a pouco ten que ir facéndose historia,20 anos pá un pobo como Concello,non son abondo.Escudo e bandeira propios contribuien a que sepan que somos un pobo;novo, pero un pobo que vai crecendo con identidade propia.

Anónimo dijo...

Hola a todos,

A verdade é que eu renego absolutamente do escudo do concello. Nunca entendín -nin no seu día, cando se presentou o escudo, nin por suposto hoxe- como non se deu a escoller ao pobo o formato definitivo de entre as opcións que a institución reguladora da heráldica propuxo.

O que máis me doe do escudo é sinxelamente unha cousa: as ortigas. ¿que pintan as ortigas sobre os nosos aguillóns?.
Nunca o entendín...

Parece que nunca acabamos de sacarnos de enriba ao pobo veciño...

En fin, así somos.

Anónimo dijo...

É un escudo Heráldico; e como tal ten unhas normas que cumplir, e detrás uns estudios previos que foron feitos por Eduardo Pardo de Guevara e Valdés do Centro Superior de Investigacións Científicas; Estudios Padre Sarmiento da Universidade de Santiago de Compostela.Os Aguillóns e as Ortigas xa veñen dos Fajardo, dos Viveiro, dos Velez, en fin: o Concello ten un Escudo Heráldico aprobado por lei, pola Xunta de Galicia no ano 1996.Non é unha bufonada como algún fixo no seo día; cousas que se perdonan a os burros e ignorantes que fixeron semellantes cousas.Un logotipo é unha cousa e un Escudo Heráldico é outra. Que sexa bonito ou non, iso é outro cantar.Que non che guste ainda o día de hoxe é o teu problema; non das normas e leis que ten que cumplir un Escudo Heráldico.Patético o que me enseñaron a min no seo día.

Anónimo dijo...

Tratar de negar que no seo día formamos parte do condado de Ortigueira é absurdo e falto de rigor histórico; que non sei a que ben negalo.

Anónimo dijo...

Fai ben pouco que ten un novo escudo Ortigueira. De novo aparecen os Agillóns como emblema fundamental, añoranza, honra a historia, ou prepotencia?.
Tanto o de Cariño como o de Ortigueira é a imaxe central. Pero os aguillóns son do concello cariñés. Tal vez sexa a esencia que nos une, o mar. A historia de Ortigueira tamén é a nosa historia.
Pero dende fai 20 anos, Cariño segregouse e cada un ten que buscar un sitio e unha identidade propia no tempo no que vivimos, sen mitigar a convivencia e a amizade. Pixines, vilanchos, descalzos...Orteganos.

Anónimo dijo...

como non te metes poeta,tes razon estou dacordo contigo,que mais da...burros,asnos,mulas...ANIMALES.

Anónimo dijo...

Bueno, xustificar que o mar é o que nos une... Iso xa é demasiado.

Entón debemos ser curmáns de Nova Iorque, de Tanger ou de Hawaii porque como alí tamén hai mar...

Con Ortigueira únemos historia previa, nada máis e nada menos. Agora ben, eu non vexo que no escudo de, por exemplo, Marrocos apareza mención a Francia.

Ou que no escudo de Arxentina apareza alusión algunha a España.. ¡¡¡e mira que nos pertenceu durante séculos!!!.

Eu non nego que o escudo sexa legal ou ilegal, faltaría máis, digo que non me cadra nada. E sí, efectivamente, é o meu problema (para iso é a min a quen non lle gusta). Soamente meu.

O que me da a sensación é que molesta a alguén que non me guste.
Non sei porque.

Xa sei como chegamos ao escudo que temos, xa o sei. Evidentemente debe aprobalo o consello da Xunta, xa o sei.

Pero iso non quita que me guste ou non. É que o asunto das ortigas a min, que queres, supérame...

Supoño que aos de Ortigueira os aguillóns traelles vellas nostalxias. Que sei eu...

Cada un sinte o que sinte.

Vou a contar unha anécdota que seguro que algún xa oiu. Nunha ocasión, fai 4-5 anos, entrou un recente ex-alcalde de Ortigueira (nalquel momento alcalde) nun bar de Cariño. Por suposto entrou armando barullo e facéndose ver, vamos, moi na súa liña...

Cerca da porta do bar, colgada, había unha estampa dos Tres Aguillóns. Mirouna o rexedor e, logo de darlle á cabeza falou en voz alta aos presentes na barra -que quedaron atónitos, pensando cecais que aquilo era unha escena de "Bienvenido mister Marshall", porque nin que o escribise Berlanga...- e pronunciou as seguintes verbas en voz alta mentres sinalaba a imaxe: "este es mi particular Perejil (en referencia ao famoso illote español da discordia)".

A xente, por suposto, flipando.

Soamente lle faltou decir como Trillo aquilo de "¡¡Viva Honduras!!". Ou.."¡¡al ataque!!".

Surrealismo puro e duro. Como o conto.

Así que, digo eu, ainda hai polo mundo xente que non traga moi ben que os Aguillóns non lles pertenzan..

Outros en cambio, en lugar de querer conquistar os prados de ortigas da comarca preferimos desfacernos de elas. Non nos gustan, que lle imos a facer...

Ademais, xa sabemos que as ortigas nunca trouxeron nada bon... Polo menos para Cariño.

Saude

Anónimo dijo...

Sigues acomplexado...Os Aguillóns están en territorio do Concello de Cariño; desde o 21 de xaneiro de 1988: iso non cabe a menor dúbida, é obvio,pensar o contrario é permitido, pero non é a realidade.Que algúns digan cousas que nin eles creen é o seu problema,pero a verdade é outra.Reitero que che guste ou non é o mesmo que o que dí que dixo ese que tí dís que dixo, pataqueiradas, falar por non estar calado, que tamén e bon pra saúde mental: cura a plurimialgia reumática, a fibromialgia e sobre todo a tolemia.O de botarlle a culpa os da Vila acabouse ,xa non vende.

Anónimo dijo...

De que lles botei a culpa aos de Ortigueira? Relee a miña mensaxe porque non vexo que lles botase a culpa de nada.

Creo que che falla o subconsciente, pseudopsicólogo.

Eu non teño ningún problema cos da vila, pero xa non lles debemos nada, dende fai 20 anos (e penso que antes tampouco, máis ben ao contrario..). Os erros que cometemos son culpa única e exclusivamente nosa, por sorte.

E iso grazas a que no seu día moitos loitamos por ter concello propio. Non sei se ti andabas entre nós, pode que sí. Se é así, terás coñecemento do que por aquel entón pasaba en Cariño.

Pero a pesares de todo (non imos a lembrar temas previos como o do instituto que houbo que loitar entre todos, etc...) moitos pasamos páxina e fixemos un inicio dende cero.

E para min empezar de cero é empezar de cero. Decirlle a Ortigueira "grazas por todo, pero queremos buscarnos a vida nós menos". E punto.

Nin ortigas no escudo nin nada. Tabla rasa, como Locke.

Nada máis que iso. Con toda a educación, grazas e adeus.

Así que, un saúdo a todos os cariñeses de ben e sen complexos de selo.

Non lle debemos nada a ninguén.

Anónimo dijo...

Poucos conocementos tes. Demagoxia e retórica a feixes; soberbia a raudales.Dudo que pelearas tí polo instituto. Seguro que eres do que pensa como Solbes, que dixo: " os españois non sabemos o valor do euro "; vivídes nun mundo virtual,alexados , de tal xeito, que queredes trabucar a realidade, pero esta, sempre se impón.Se lees un pouco: nin as ortigas son de Ortigueira e o Trileuco tampouco. Si non queres un Escudo Heráldico, naide che obriga, estas no teu dereito, como os demáis en querelo. Pero non creo que este nas tuas mans o borrón e conta nova, na tua mente e deseo , pode ser, pero nada máis.Estamos nun Estado de Dereito.

Anónimo dijo...

Eu falo por min, soamente por min.

Iso sí, fanme moita gracia os que se auto-atribuen o dereito de falar e representar aos demais con expresións como "...Si non queres un Escudo Heráldico, naide che obriga, estas no teu dereito, como os demáis en querelo."

Está moi ben plantexado. Por unha banda eu, e pola outra ti representando ao mundo. O que hai que ler.

Sal un pouquiño á rúa, que che pegue este soliño de outono, e fala coa xente. Fala coa xente de que lle parece as ortigas no noso escudo, seguro que todos te din que son encantadoras.
Dende o principio non falo de legalidade -iso vexo que, por fin, xa o entendiche- falo de gustos.

E, por certo, estiven no porto fda Coruña cando tiven que estar para pedir o que debía de ser noso, e tamén estiven na rocura dun novo concello.
¿Lembras cando un novísimo Paco Vázquez veu ao balcón da confraría a apoiarnos polo tema do instituto?.
Eu lémbroo perfectamente. ¿Onde estabas ti cando loitamos e acadamos o concello? Espero que non foses -estou seguro de que non- un daqueles pouco cariñeses que non daban cartos (podendo dalos) para acadar a segregación ou, o que é peor, daqueles que se negaban a asinar cando moitos recollíamos sinaturas polas casas.
Casa por casa.

Estou convencido de que non eras de eses, pero se estiveche nesa época sabrás que isto sucedía, e non está demais lembrarllo eiquí aos máis novos que non o viviron.

Houbo de ese tipo de xente, que logo cando se acadou o concello, aquel día de inverno (non o día oficial, 21 de xaneiro, en que a Xunta o aprobou, senón unhas datas antes cando unha tarde o rumor e as chamadas de teléfono corrían como a pólvora polo pobo e a xente saía dos bares á rúa), eses mesmos decían fachendosos "isto estaba claro, Cariño tiña que ter concello".

Que triste... Expertos en perdoarlle a vida ao gañador.

Menos mal que a maioría dos cariñeses loitaron por ter concello propio (ou loitamos, porque non decilo, eu era un máis -soamente un máis- dos que estaba a prol do noso concello).

Se lembras todo isto, se estiveche na rúa (estou seguro de que así foi) e se colaborache activamente coa segregación sabrás que todo aquilo foi así.

E, como che digo, se a día de hoxe preguntas na rúa pola opinión da xente sobre o tema de incluir as ortigas sobre os aguillóns no noso escudo, verás que tan so non estou.

Sorprenderíaste moito do resultado da túa enquisa, iso seguro.

E repito, falo de gusto non de legalidade.

Non entendo esa insistencia en que a xente opine coma ti, a non ser, claro, que te chames Fernando e te apelides Tallón. Dese xeito sí o entendería porque buscarías combatir a túa disonancia cognitiva.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Recoméndoche que leas con atención a Leon Festinger e mires ben iso de disonancia cognitiva.Conozco a ese home que citas e lle diagnósticas unha disonancia cognitiva, pode ser, todos temos algo diso, uns máis e outros menos o malo é non sabelo.O que está claro é que ise home non defende a capa e espada o absoluto, ten moi claro que todo é relativo.

Anónimo dijo...

Paréceme moi ben que o teña claro. Tanto mellor para el e para o resto.

Non dixen que esa persoa non o tivese claro, dixen que soamente entendería que se desen ese tipo de pensamentos nesa persoa (por estar á fronte do concello cando se aprobou o escudo), o cal non significa que sufra unha disonancia cognitiva.

E diferente otorgarlle a alguén un plus de credibilidade ou de marxe sobre o resto que acusalo de algo.

Moi diferente.

Saúdos

Anónimo dijo...

Non sei entón qué imos facer, xa que non non gustan as ortigas, coa Ortigueira, a nosa, según baixas pola Castiñeira, a Basanta, a ponte e !hala! mírala. mírala, La Ortigueira de toda la- mi -vida.Me la dejen en el escudo, porfa, que mira que me ortigué veces...Pasa con cuspes.Hay infusiones que curan no me acuerdo qué y se pueden tomar en sopas.E unha planta autóctona e queremos cambiala por- digamos- un bonsai.A mín gústame no escudo, e ata a poñería no himno.

Anónimo dijo...

Hai que ter coidado coas infusións que se beben que despois decimos o que decimos....

¿Seguro que era de ortigas?

Aiii, xente...

Anónimo dijo...

!Quén nos ía decir que as algas se comían!E aos nosos abós que o percebe era un manxar, cando os que antes os comían era porque eran pobres.
Xa que tés internet, mira en ortigas e logo me contas, listillo.

Anónimo dijo...

Tiña eu 12 anos (e xa choveu) cando tomei a primeira infusión de ortigas.

O boticario -porque así se lle chamaba daquela- de Ortigueira ten máis de un artigo escrito ao respecto, e ata deu unha conferencia -á que moitos fumos- explicando os efectos diuréticos da pranta na sá superior da confraría, aló polo ano 1990-1991 máis ou menos.

Tamén repartiu bolsiñas coa planta para cocinar e preparar en infusión (non é o mesmo unha infusión que unha sopa, Arguiñano).

Así que non me fales de internet, nin me chames listillo, que algúns vimos moi de volta cando ti que crees que descubriche a pólvora ainda estás saindo da casa.

E daquela non había internet, nin móviles nin nada parecido.

O que hai que ver, este tío ensinándolle a seu pai a facer fillos. Incrible.

Repito, ¿non farías unha infusión de outra herba ti?. Porque xa nos explicarás que ten que ver que as ortigas teñan efectos medicinais (que moitos coñecemos dende o ano da pera) con que nos guste no noso escudo municipal.

Ver para crer con este espabilado que chama listillos ao resto.

¡¡¡ Que sobre os efectos mediciñais da ortiga xa houbo repetidas conferencias en Cariño e na comarca dende fai máis de 30 anos !!!. A ver si saimos da casa, que tanto internet non é bon.

A ver se despertas e te enteras, ¿estamos durmidos ou nacimos onte?

O que digo, que xente.... Así nos vai neste pobo con estes descubridores da pólvora mollada...

Anónimo dijo...

Tiña eu 12 anos (e xa choveu) cando tomei a primeira infusión de ortigas.

O boticario -porque así se lle chamaba daquela- de Ortigueira ten máis de un artigo escrito ao respecto, e ata deu unha conferencia -á que moitos fumos- explicando os efectos diuréticos da pranta na sá superior da confraría, aló polo ano 1990-1991 máis ou menos.

Tamén repartiu bolsiñas coa planta para cocinar e preparar en infusión (non é o mesmo unha infusión que unha sopa, Arguiñano).

Así que non me fales de internet, nin me chames listillo, que algúns vimos moi de volta cando ti que crees que descubriche a pólvora ainda estás saindo da casa.

E daquela non había internet, nin móviles nin nada parecido.

O que hai que ver, este tío ensinándolle a seu pai a facer fillos. Incrible.

Repito, ¿non farías unha infusión de outra herba ti?. Porque xa nos explicarás que ten que ver que as ortigas teñan efectos medicinais (que moitos coñecemos dende o ano da pera) con que nos guste no noso escudo municipal.

Ver para crer con este espabilado que chama listillos ao resto.

¡¡¡ Que sobre os efectos mediciñais da ortiga xa houbo repetidas conferencias en Cariño e na comarca dende fai máis de 30 anos !!!. A ver si saimos da casa, que tanto internet non é bon.

A ver se despertas e te enteras, ¿estamos durmidos ou nacimos onte?

O que digo, que xente.... Así nos vai neste pobo con estes descubridores da pólvora mollada...

Anónimo dijo...

!Menos mal que mo poñen doble, que senon non me entero!Ay, agora seique en sopas non valen....tempo ao tempo.
E reivindico as ortigas como peza fundamental do escudo.Pican pero pouco.Hay cousas que laian máis, como os comentarios dos doutores en todo.As conferencias as veces haille que poñer un POR QUÉ NO TE CALLAS....

Anónimo dijo...

O conferenciante este é tonto do cu, despois paréceche mal que te chamen listillo, eu chámote parvo e tonto do cu. Hai xente que non vive acomplexada e as "ortigas" non o consideran un problema que estean no noso escudo heraldico. Xa vexo que hay conferenciantes que viven do conto que o toman a peito, coma si non houbese problemas mais gordos no concello, coma a especulación, enchufismo, gastos estúpidos asumidos polo concello pola incompetencia de Armada. Por certo ¿ cómo están as contas do concello? a ver esa "transparencia".

Anónimo dijo...

"O Grupo Arrotreba fundouse no ano 1991 por un grupo de amigos con certas inquedanzas por coñocer as nosas tradicións. A partíres de ese momento, comenzaron a desenrolar actividades de investigación, coñecemento e observación da natureza...".

" A historia do que é hoxe o Concello de Cariño coñecese con moi pouca profundidade, pois son poucos os historiadores que investigaron a fondo o noso pasado...".

Aínda estamos a tempo de facelo;na nosa bisbarra da Pedra, temos algún Escudo Heráldico,onde unha e outra vez aparecen as ortigas e os sempiternos Aguillóns.Unhas e outros forman parte da nosa historia: non tan recente.

Anónimo dijo...

Que non, que non me vades a convencer das ortigas. Que non me gustan.

É o que hai, non me gustan. Nin me acomplexan, nin me parecen ilegais: simplemente non me gustan.

Creo que é sinxelo de comprender.

E mira que pensei que xa o entendérades, pero nada.

Ainos que os quitan do "parvo" e do "tonto do cu" e xa non lles sae máis vocabulario.

Estamos a bo nivel: o que non insulta chámanlle conferenciante. Menos mal, algo é algo.

O grave é que quen fai isto emprega a palabra "conferenciante" de modo despectivo, como un insulto. Debe ser porque iso das conferencias dalle alerxia, prodúcelle arrepíos.

E ten razón. Iso de ter que escoitar aos demais é duro ¿eh?. E xa nin falemos de discutir sen faltar.

¡¡Que barbaridade!!. ¿Discutir sen insultar?. Diso nada, no bar sempre valeu insultar, faltar e ata escupir. Agora veñen os conferenciantes a troca-las regras, din eles.

¿Sabes o que é un libro? (e non vale o de familia numerosa).

Que nivel temos no pobo, os eruditos (este vocablo atoparalo no diccionario..¡aii, perdoa, que un diccionario é un libro!) insultan chamando conferenciantes "aos malos".

Iso ata que, claro, o léxico (tamén ben no diccionario) se lle esgota e.."tonto do cu", "parvo" (isto é o máis sofisticado que lembra da E.X.B.).

Recórdame a iso de "caca, culo, pedo, pís" que decían os críos.

E mentres, o webmaster durmindo a sesta.

¡¡ Vivan os insultos en prol da liberdade de expresión !!.

E os nostálxicos de Ortigueira tamén.

Anónimo dijo...

Ti non eres mas que un tonto que se cree listo, ignorante parlanchin por min podes refregarte as ortigas polos collons. Cacique do carallo, saiu unha persoa decindo que lle gustaban as ortigas e xa a trataches de burra e soltaches o teu rollo de merda coma se tiveses moita cultura. GI LI PO LLAS que te pensas que os demais non leemos, nin temos estudios?
O que non temos é educación que iso e outro cantar.

Anónimo dijo...

Cerolo,¡¡¡ eres collonudo!!!, tes toda a razón , mira que ten rollo o tipo este, non da entendido que nos importa un carallo que lle gusten ou non as ortigas; están aí, e punto, e que as coma se quere.¡¡Non quero!!, ¡¡non quero!!,¡¡ non me gustan!!,¡¡ non me gustan!!; moi ben home, moi ben,pero desde sempre están aí. Colle un pico e donde vexas unha arranccha con ela: tes entretenemento pra moitos anos, se antes non te encerran en Conxo.

Anónimo dijo...

E cando remate con elas que siga polos toxos, que tamén lle deben dar alerxia.A ver si o temos entretenido e se deixa de caralladas.E que teña coidadiño coa F, que ten un pinchiño.Pringao.
Ah, e bos días.

Anónimo dijo...

Duas mensaxes máis arriba dixeron: "O que non temos é educación que iso e outro cantar."

Totalmente dacordo, niso tes toda a razón do mundo, porque eu no vexo que esta persoa insultase a ninguén.

Aguillón, despois dos insultos a quen non pensa como estas persoas, ¿vas a espertar ou sigues durmindo?.

¿Ou vasnos sair co rollo ese de que defendes a liberdade absoluta (insultos incluidos)?

E a ti rapaz insultado, aconsélloche que non debatas (por chamarlle algo a isto) neste lugar. É como darlle de comer pasteis a un asno.

Hasta luego Lucas

Anónimo dijo...

Estades un pouco crispados.Liberdade, pensamentos absolutistas,insultos, lavirgen, eu quero para o 2008 un ano novo,fresco, frío ou quente depende da estación.Feliz ano novo