12 dic 2007

Aforro enerxetico

Propoño ao aguillón e demais lectores falar e aportar posibles ideas nun tema, tamén importante e que pasa moitas veces desapercibido e que afecta directamente nos gastos do concello de hoxe e de mañán. O consumo enerxético. Estamos vendo estes últimos meses como o noso concello está a invertir en nova maquinaria, equipamentos e quere ultimar a realización da nova piscina municipal e un centro asistencial de día, tamén chamado centro socio-educativo pra maiores. Tamén vemos de contemplar ao longo destes anos as condición na que se atopaban a maquinaria e instalacións actuais especialmente as deportivas e de ocio, de deplorable abandono, no que se invertiu en sustituir o céspede do campo de fútbol, pero sen observala situacións ruinosas que presentaban tanto o pavillón como o dito campo. Se tan costoso é o mantemento e optimización das instalacións actuais, medo me da cando esten rematados e operativas as novas instalacións. Non vamos pedir imposibles. Pero pode o concello iniciar a tarefa de buscar formas de aforrar custes como o gasto enerxético que suporá cubrir todos os servicios pra os usuarios.¿O noso concello podelle sacar rendemento e aforro co parque de aeroxeradores da Capelada? ¿ou calquer medida pra o noso beneficio? Pregunto dende a ignorancia e non me da medo darme cun canto nos dentes. A situación actual non é moi alentadora. Nada que ver cos concello9s limítrofes. Non veñen as inversións agardadas pra Cariño, coma a mellora das vias de comunicación, o dinamizamento do noso porto, o parque industrial,...Vamos unha maquinaria, un rendemento ou unha certa solvencia económica e xestión axeitadas pra afrontar un futuro con dignidade.Esperten, señores. (Fdo Anonimo)

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Os aeroxeneradores da Capelada, estan ubicados en Montes Veciñais en Man Común dos veciños da Pedra e de Landoi; estas duas asociacións son as que levan todos os cartos dos parques. Os da Pedra,Comunidad de Montes, supoño que terá informados a os veciños do que recaudan polos aeroxeneradores; os de Landoi tamén o fan, e cartos que sacan, cartos que están invertindo en melloras na parroquia,coches patrulla contra incendios, con brigada propia, fan as festas sen pedir un euro a os veciños, arreglan e fan novas e boas pistas, teñen reunións periódicas donde acordan que facer co que recaudan; os da Pedra tamén. O concello nin hule un euro por este concepto, xa que non ten ningún monte en Man Común, como teñen todos os Concellos limítrofes que no seu día non deixaron que foran pra os veciños, xa que pensaron que o Concello eran todos e non uns poucos, caso de Cedeira, que boa leria tuvo cos da Capelada e outras parroquias que querían os montes pra os veciños e non pra o Concello, a xusticia deulle a razón o Concello de Cedeira e así os demáis, por iso o aporte económico repercute a engrosar as arcas do Concello. Os da Pedra , igualiño que cederon a auga o Concello, podían facer cos montes o mesmo exemplo podían seguir os de Landoi. Algún día, con novas leis, pode ocurrir que a xestión dos Montes pase a ser exclusivo da administración; enténdase Xunta ou Concello.Salvo contadas excepcións a xestión dos montes por este tipo de asociacións é un desastre; e incluso chegan a repartir os cartos entre uns poucos, a lei o permitía hasta fai pouco, arreglan de todo, menos pistas e coidado dos montes, fan ceminterios, festas, igrexas e de vez en cando contan os cartos que lles ingresan nas Caixas de Aforros.Plantan os montes: ou ben a Xunta, ou os nenos dos escolares o día da
árbore.Cariño leva catro anos nefastos.En educación, co Tarolo ao frente, está a punto de perder o Módulo de Informática, que, según dín, pra o ano xa non se vai impartir.Enterate ben Aguillón sobre este ciclo que foi un logro importante e que sería unha mágoa máis das que estamos xa acostrumbrados a verter; fai espertar a istes do Bipartito, da sesta permanente en que están sumidos.
Mentras tanto que iluminen máis o pobo que pola noite casi nin se ve,iluminaron moi ben a travesía de Feás pra que os coches vexan mellor, da gusto vela.

O Polígono Industrial non quedaba mal alí en Feás.
Bon Nadal.

Anónimo dijo...

Un compañeiro preguntaba "¿O noso concello podelle sacar rendemento e aforro co parque de aeroxeradores da Capelada?¿ou calquer medida pra o noso beneficio?".

Non, en principio non pode. A concesión dos parques de aeroxeradores é cousa da administración autonómica.

Actualmente a consellería de Medio Ambiente ten o tema paralizado, á espera de regular e reordenar a distribución un tanto aleatoria dos mesmos.
Dos moitos parques singulares municipais que se solicitaron fai anos na comarca, se a memoria non me falla, soamente se permitiu no ocaso do goberno de Manuel Fraga un: para Ortigueira (os proxectos Cedeira, Cariño, As Pontes, etc.. foron rexeitados).

De calquera xeito, os actuais parques -que son producto de concesións e concursos antigos (o da Herbeira de 1998)- penso (non estou seguro) que deben pagar algo ás comunidades de montes propietarias do chan.

Pero repito, non estou convencido disto.

Eu penso que ademais de permitirse aos concellos un parque mínimo -que non impacte moito no medio, e que sexa suficiente para obter enerxía de sobra, e ata un beneficio moderado- deberían obrigar aos centros (bibliotecas, residencias, polideportivos, piscinas...) a colocar sistemas de aforro de enerxía, así como placas solares que mitiguen o consumo.

Hoxe en día hai formas.

Anónimo dijo...

Un compañeiro preguntaba "¿O noso concello podelle sacar rendemento e aforro co parque de aeroxeradores da Capelada?¿ou calquer medida pra o noso beneficio?".

Non, en principio non pode. A concesión dos parques de aeroxeradores é cousa da administración autonómica.

Actualmente a consellería de Medio Ambiente ten o tema paralizado, á espera de regular e reordenar a distribución un tanto aleatoria dos mesmos.
Dos moitos parques singulares municipais que se solicitaron fai anos na comarca, se a memoria non me falla, soamente se permitiu no ocaso do goberno de Manuel Fraga un: para Ortigueira (os proxectos Cedeira, Cariño, As Pontes, etc.. foron rexeitados).

De calquera xeito, os actuais parques -que son producto de concesións e concursos antigos (o da Herbeira de 1998)- penso (non estou seguro) que deben pagar algo ás comunidades de montes propietarias do chan.

Pero repito, non estou convencido disto.

Eu penso que ademais de permitirse aos concellos un parque mínimo -que non impacte moito no medio, e que sexa suficiente para obter enerxía de sobra, e ata un beneficio moderado- deberían obrigar aos centros (bibliotecas, residencias, polideportivos, piscinas...) a colocar sistemas de aforro de enerxía, así como placas solares que mitiguen o consumo.

Hoxe en día hai formas.

Anónimo dijo...

A Asociación de Montes da Pedra non fai as festas, nin compra camións anti-incendios nin gran cousa fan. Tiveron un litixio co concello e o gañaron.Pero vainos facer falta o que metan no banco para contratar pola nosa conta a barrendeiros ,mantemento dos árbores , porque chegános a merda as portas.Veñen cando son as festas e limparán si se acerca algún político a dar un mitin.E pagamos impostos como os de Cariño Capital. Eso non é normal apital.

Anónimo dijo...

Je, je, je, outra `palabreja que aprender.E que me empezou a bailar o cursor cousa mala e ahí quedou.Menos mal que cadra en verso....

Anónimo dijo...

Pareceme boa idea o do aforro enerxetico, pero que empecen no concello e nas demais administracions e despois seguiremos os de a pé. Por outra banda o aire non e de todos..pois que fan algún sacando tallada de algo que e de todos, como minimo que parte dos beneficios veñan o pobo, xa sea en infraestructuras ou empleos, eu non estou moi dacardo en que veña en cartos liquidos e contantes o concello, non sea que non se apliquen eses cartos en donde teñe que aplicarse.
Boas festas por si non volvo a escribir.

Anónimo dijo...

Acabo de ver un video do Ortegal en YOUTUBE con música de Luar na Lubre e púxeronseme os pelo de punta. Grandioso. Ide a velo cando poidades.

Anónimo dijo...

O que hai que ler:

"Cariño leva catro anos nefastos.En educación, co Tarolo ao frente, está a punto de perder o Módulo de Informática, que, según dín, pra o ano xa non se vai impartir."

Ese módulo estase a perder polo total desinterese da xuventude deste pobo non por culpa do Sr. Manuel Varela.

Para que o módulo continue debe ter un número de alumnos matriculados. O principio ben pero cada vez son menos e non se están cumplindo o número mínimo necesario para manter o mesmo.

Non fai falla preguntarlle a ningún aguillón. E de dominio público.

Anónimo dijo...

Isto non é nada novo. Eu fun alumno nun módulo de hostalería e as matrículas tiñan un alarmante decrecemento. No instituto no que estiven promovían excursións de alumnos de E.S.O. e Bacharelato de centros de ensinanza secundaria pra comprobar in situ as instalacións e o modo de traballo, como realizábamos o servicio de comedor escolar e a carta, con alumnos confeccionando a elaboración, preparación e o servicio propiamente dito.

Todo módulo necesita o promoción e difusión do mesmo, sobretodo un módulo exclusivo coma ese, e de informática tan demandado hoxe en día, bueno, iso é a miña opinión.

O que si se podería pedir tanto os pais, profesores, menbros do concello no consello escolar, directivas dos centros educativos, e naturalmente ao alumnado, unha maior implicación pra promover unha vida saudable co deporte e alternativas de ocio, buscar a motivación cara o estudo, dignificar a figura do profesor e recuperar cousas como o compañerismo, a solidariedade, o respeto, a responsabilidade, e a amizade tan escasisimo nos tempos que corren.

Ah! e mellorar o paupérrimo sistema educativo vixente dende a obxectividade, o rigor, abandoando a confrontación e a contaminación intelectual... con oportunidades pra todos pero non carente de calidade. SORTE!

Traballen señores non se durman, que o contribuinte paga e esixe.

Anónimo dijo...

Manuel Varela Loureiro como responsable do Ensino ten que ser o que leve as reinvindicacións oportunas a os órganos competentes e Institucións do sector; non vale botar balóns fora, o pobo necesita que se lle informe do que está a acontecer con este Módulo e que medidas espera que se adopten para non perder o pouco que xa nos dan;a desidia e apatía deste bipartito empeza a fartar a xente, o Consello Municipal do Ensino non se convoca fai anos; as APAS morreron o non se sabe si existen ou non. Isto é patético.