23 dic 2007

Bo Nadal Cariño

Chega o Nadal. As rúas están adornadas coas luces tan propias destas datas. Os nenos están nerviosos esperando ansiosamente a chegada de Papá Noel, dos Reis Magos ou, se cadra de ámbolos dous. Mentres tanto, os seus pais ven como se baleiran as súas carteiras. A carteira do Aguillón debe ter un buraco ben grande, porque non deixa de desaparece-lo diñeiro. Todo sexa por ve-la cara de felicidade dos amigos invitados, e a de cabreo de Solbes, cada vez que solto unha propina. Por outra banda, quero aproveitar este nadal para volver expresa a miña confianza que no 2008 todos traballen polo noso Cariño coma se fosen un. Felicitacións especiais do Aguillón para os do bipartito, para Armada e para Varela, e para a oposición, para Fachal, e para todos os sufridores que somos os demais.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Bó Nadal, Aguillón. Os que te seguimos diariamente,anónimamente, desexásmosche unhas Felices Festas e un ano 2008 cheo de comentarios e de diverxencias que fan que merezca a pena ter internet.
Unha aperta e un gran biquiño

Anónimo dijo...

Aguillón Felices Festas pra ti tamben e que o proximo 2008 segas a dar tanto que falar como este ano que xa esta morrendo. Facia falta una fiestra aberta en Cariño ainda que esta sexa virtual. A todos meus veciños e veciñas Bo Nadal e prospero aninovo!

Anónimo dijo...

Bo Nadal para todos aqueles que levan Cariño ali donde estan. E Bo Nadal tamén para O Aguillón por deixar aberta esta porta a liberdade.

Anónimo dijo...

CORREDOR
27/12/2007

Lo hemos dicho muchas veces, pero parece que hay que volver a repetirlo, Ortegal urge una vía de comunicación en condiciones que permita unir la comarca con el norte de España. Sin embargo, más que pasos adelante, parece que la Administración autonómica está dando pasos atrás. Lo que los mismos políticos preveían hace un
año gastar en el 2008 para hacer realidad el corredor es ahora seis veces menor. De los 18 millones prometidos para los tramos de A Coruña se han quedado en tres. ¿Alguien lo entiende?

Anónimo dijo...

A min pareceme que isto é papel mollado. Unha farsa. Se isto continua por estes "cauces", cando finalicen toda esta parafernalia xa non terá utilidade pra xente de aquí. Todo canto se demandou, toda a propaganda que se fixo na denuncia do abandono destas comarcas afectadas, estase demostrando que non eran máis que o desexo de desgastar o antigo goberno e de facerse co poder a toda costa.
Todo son mentiras e medias verdades nunha xunta máis clientelar ca nunca.
Moitos, non o sabíamos, pero si intuíamos un goberno da xunta así, todos a unha contra a oposición pero incompetentes en gobernar.

O que nos colle a todos por sorpresa é a falta de responsabilidade de alguns alcaldes, dando prioridade aos intereses dos partidos antes que os intereses dos seus propios representados, cidadáns que co seu voto depositaron a súa confianza. Pareceme moi clara a posición que un cariñes/esa ten que levar, neste asunto polo menos, estanse a tratar de inversións vitais pra o noso futuro e agás que un queira despegar na carreira política(E que senón non se lle encontra explicación) tendo como peaxe o servilismo en cotra dos intereses do resto pareceme simplemente intolerable.

Ollos que non ven...
Se non se fan moitas e diversas medidas drásticas, comezando por cambia-la ley electoral, pra que non rixan catro o destino de cen...ect..ect..ect...cousas que a dereita acomplexada non se atreveu arranxar cando tivo a ocasión... en fin, que deus nos colla confesados.
Feliz Ano.