21 dic 2007

Mais peticións para o Corredor do Ortegal

Os alcaldes do PP din que non renunciarán a lograr máis fondos para o corredor costeiro. Aínda que PSOE e BNG rexeitaron en dous ocasions sendas iniciativas parlamentarias do PP para pedir máis investimento para o corredor do Ortegal, os alcaldes do PP afectados pola vía de alta capacidade, parece que non se rinden, asi aseguraron onte que non renunciarán ás súas demandas de maior orzamento e celeridade para a construción da infraestrutura que unirá as comarcas de Ferrolterra e A Mariña lucense. Os rexedores que urxen o corredor costeiro non pensan desistir no seu empeño. Neste sentido, o alcalde ortegano, Rafael Girón, e dos mais activos e di hoxe na Voz de Galicia que "seguiremos esixindo máis investimento para garantir que a infraestrutura estea lista no 2011, tal e como anunciou fai unhas semanas a conselleira de Política Territorial". Pois nada, que teñan sorte no seu empeño, pero danos, que este ano Papa Noel non pasara polo corredor costeiro nin en moto, seguira cos renos monte por monte.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non hai mellor cousa que non dar a palabra dada.

Haber se fan cursos de sociolisto, vender o invendible, defender o absurdo sen complexos nin vergoña, facer desfeitas pra que no futuro botar a cupla ao contrario, mestres en retórica, catadraticos da demagoxia.

E logo xuntanse cos fanáticos separatistas e fan a coacción fascista. !!¿¿QUE ES DO PP??!! Pero ti como te metes na política?, Ves? Iso pasache por meterte en política! ESTADES SOS POR QUE SODES FASCISTAS, CACHORROS DE FRANCO. O dito quen me dera vender tanta mentira...


Alegrome ser un dos que teñen espíritu crítico e a conciencia tranquila e defender a participación de todos... a democracia, a convivencia.


Algún non consideraron suficiente a transición, e queren facer outra distinta, SEMBRAR, LOBOTOMIZAR, SECTARIZAR E RECOLLER.

Feliz Navidad.

Anónimo dijo...

FELIZ NAVIDAD A TODOS OS QUE PASAN POR AQUI A TI TAMEN AGUILLON.E PROSPERO ANINOVO.CHAOOOOOOOOOOOOOOOO ABUR . BIKIÑOS

Anónimo dijo...

Moitas grazas pola feliciatació. Igualmente O Aguillón vos desexa unha Feliz Navidad a todos. Pero en especial a Luis, a Manolo e a Xoan Manuel, para que no 2008 esten inspirados. Unha aperta a todos de O Aguillón.