14 oct 2007

A piscina da Diputación vai tendo forma

O Aguillón xa comprou onte un par de bañadores novos porque o parecer a nova piscina municipal de Cariño quedalle pouco para ser rematada. Os operarios de Alcuba, firma concesionaria, xa finalizaron a fundición dos dous vasos de auga que comporán as instalacións, e instalado a cúpula exterior que xa esta revestida de madeira na súa cara interior. A nova piscina contará cun soto e unha planta baixa, que albergará a piscina, os vestiarios, os aseos, a sala de enfermería, o despacho de dirección e un cuarto para o socorrista. A praza de socorrista vai ser dificil de cubrir, pero a de director seguro hai onde elexir. A superficie total do inmoble é de 1.900 metros cadrados. No piso subterráneo do edificio só se situará a caldeira e o almacén. O orzamento ascende aos 1,5 millóns de euros, fondos que foron achegados de forma íntegra pola Deputación da Coruña. No interior das instalacións están a habilitarse dous vasos de auga, ambos xa fundidos na obra e perfectamente visibles. Un deles, o principal, de 25 metros de lonxitude e 12,5 de ancho, será o destinado ao público adulto. O outro, de menores dimensións 3,5 metros de longo por 4,70 de ancho será utilizado por nenos. Haberá, como novidade, unha zona habilitada como área de hidromasaxe, na que se porá a disposición dos usuarios unha sauna e un baño turco. O Aguillón xa ten pedido ir o baño turco, que ben se debe estar ali metidiño na auga e encontrarte a Armada a Manolo e a Fachal antes dos plenos, gloria bendita, xa coma no Imperio Romano. (foto A Voz de Galicia)

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Alguén me pode informar de iso que está aparecendo e tomando forma donde antes estaba a báscula da Confraría, a o lado da caseta de madeira , a ezquerda do muro das lamentacións,do muro da vergoña que os sociolistos pensaban tirar, e a dereita da subida o Castro, que por certo quedou moi ven.¿ Ese mamatreto que é ? ten permiso do Concello?. Si o tén, non quedaría mellor diante da casa do técnico municipal?.Así cada maña o levantarse vería a sua obra maestra.Como ciudadano, gustaríame, meu admirado Aguillón, que con tua sabiduría e imparcialidade nos sacases de dúbidas do que aí se está facendo, guste ou non sua ubicación e lle arruine a vista a algúns.

Anónimo dijo...

eu creo que vai ser a casiña de vran do alcalde dende ela pode ver o mar, ademais pode controlar a Fachal cando vai o barco e cando regresa da marea. Por outro lado o mellor e o despacho do vicealcalde, non e obal, pero esta mais preto da xente en plane rua.

Anónimo dijo...

A verdade e que queda horrorosa alí no medio.Cariño cambia de fisonomía dun día para outro.Dió lo faija para millor.

Anónimo dijo...

Queda horrorosa alí no medio... ¿Qué é ?. Os veciños dín que non o saben, eu persoalmente non mo creo. Ánimo Aguillón e danos unha lección sobre o tema.

Anónimo dijo...

Xa fai algún tempo comentamos o estado tercermundista das instalacións deportivas municipais, e facendo unha comparativa co complexo deportivo "A Preguiza" do concello de Ortigueira, o cal, fora premiado con varios distintivos de calidade e subindo máis e máis abonados ás súas instalacións.
Sí, xa o sei non hai que comparar. Pero xa no mantemento, xestión e acondicionamento das instalacións e como podería dicilo, irresponsable, lamentable,...
E claro, iso non axuda a que moitos menores de idade de Cariño cambien de "hábitos", e se divirtan e disfruten da vida.
E haberá quen di: E que non hai cartos! Pois non teñas instalación deportiva algunha. ¿Cómo fan os demais concellos?
Como podiamos cambiala historia, pois pasiño a pasiño cun POLÍGONO INDUSTRIAL!!!!
Ese polígono que se usou como arma electoral, mostra o que lonxe poden chegar algúns para alcanzalos seus obxectivos e o doado que é enganar a xente, pero tamén mostra as evidencias,ainda máis para os que non deron o seu apoio a este goberno municipal. Así que ésta lexislatura fracasou antes de comezar, de nada serve que agora pedimos solicitudes e subvencións para acelerar a construcción nin a aceleración dos proxectos de diputación solicitados varios anos antes. O polígono é a base de todo e se se paraliza Cariño seguirá esperando e a xente seguira a irse a vivir e traballar fóra. Todo-los candidatos recoñecen que é o prioritario para todos, que incrementará a riqueza e o dinamismo que Cariño necesita.Con respecto á futura piscina non lle vexo eu futuro se coidamos de esa maneira o que temos actualmente a menos, de que esperte alguen da sesta e cambie de actitude o a maneira de facelas cousas. O importante, ao fin o cabo e o ben do noso Cariño.

Anónimo dijo...

Ah! Aquilo que se esta construindo na rotonda é unha estación de bombeo que ben se puido facer xunta o aula que esta fronte o carro. A rotonda poderíase decorar con cousas que gusten aos turistas, o Artal revirado por exemplo, sería a sensación. Cousas da sesta, somnolencia ao poder.

Anónimo dijo...

Moito falamos aquí,sin firmar quen escribe,firmemos e xa veredes como non falamos tanto,ese estamos en desacordo co-as cousas queixemonos pero con nome e apelidos

Anónimo dijo...

Benvido ó país do díxome-díxome e xuntemos todos e vade...

Anónimo dijo...

"Firmemos con nome e apelidos... firmado: Anonimo."
Esta é unha aldea e todo se sabe. Só que hai limitarse a que algún non esquezan. E propagar o que uns poucos agochan e que afecta a todos. Sen chegar ao insulto e a descalificación. Pra iso esta a educación(que non a de "a cidadanía"). Ah! eu seguirei falando, quixera que alguén cun mínimo argumentario para expoñerme e demostrarme que non teño razón. Ata outro menester, firmado sesta bipartita... cariñés; xoven pero que se interesa e preocupa do seu arredor, ata que me deixen.

Anónimo dijo...

Polígono Industrial e P.X.O.M. sen adaptar as leis que foron salíndo desde o 2000 que está en vigor, son dous temas que estos bipartitos non entenderon nunca, ni entenderan.

Anónimo dijo...

O PXOM e obra de Tallón. Un amigo seu, así se identificou... dixo que está moi orgulloso de ser o pai da criatura.
Se ás leis foron saíndo desde o 2000, ¿a qué carallo se dedicou Tallón e cía, ata maio do 2003?

O polígono industrial: ¿pa qué ou pa quén? Ahí temos o de Ortigueira que leva anos mortos de risa. A única utilidade pública que se lle coñece e a de servir de aparcadoiro no festival.

Eso ata agora... de agora en diante sin San Antonio Campo veremos a que santo lle rezan ou a quen lle poñen velas.

Anónimo dijo...

Claro, agora non queremos Polígono industrial... Mellor e que deixen a casiña tal e como está... A piscina municipal quedará pra o Artal, xa que non sae a navegar... Cerramos con muro San Adrián... e declarámonos República Independente... Cerramos as fábricas e montamos invernadoiros de marihuana, canteira e xuventude témola... Non queremos aparcadoiros e vamos encher as bocacalles de antenas de telefonía móvil, a que queren sacar de Ortigueira que a poñan enriba da casiña de bombeo que é máis enxebre... E non, non temos a San Antoniño Campo pero temos a Armada.... a Armada Invencible co seu buque escola.

Anónimo dijo...

Dís: " se ás leis foron saíndo desde os 2000, ¿ a qué carallo se dedicou Tallón e cía, ata maio de 2003 ?
Moito friki anda solto.
.Non te das conta que a 1ª lei salíu publicada a finales do 2002, se sabes, vota contas...Enero, febrero,marzo, abril e adeus Tallón e cía.Viñeron os nacionalsociolistos e así estamos, tocándonos o carallo e o que lle rondarei morena.
Un pobo sen P.X.O.M. non e nada, en catro anos este bipartito vos estivo engallolando, e seguides montados na misma burra.Ai que ser moi burro pra decir que pá que queremos un Polígono Industrial o un P.X.O.M.. E ai máis dun que se atreve a decir "construese o mesmo".Ai moito friki solto, non só José Tojeiro e a sua "droja no cola-cao".

Anónimo dijo...

Sen Polígono Industrial, dime onde vai poñer o da Armada invencible o viveiro de empresas pra darlle emprego a toda a xuventude como prometeu xa na primeira lexislatura.Estamos gobernados por unhos inanes.

Anónimo dijo...

A falta de viveiro un acuario e ides que chutades. ¿Ou van a sair agora brazos de traballo de debaixo das pedras más antigas da península?

Anónimo dijo...

son un rapaz novo exa non o aturo mais hay q votarse a rua pa que este alcalde dimita xa este povo tense q mover xa se non protestamos nos quen o vay facer axente nova vaise pra outros lados onde hay traballo pero neste povo queren vivir do aire do turismo din jajajajjajajaja non sabedes o q estades a facer CARI�O ASPERTA

Anónimo dijo...

NA PISCINA ACHE DE TRABALLAR ROGELIO E YONATHAN OU ALGUN AMIGUIÑO DO ALCALDE COMA ESTA PASAR

Anónimo dijo...

Pois vai ser que non.

Para a piscina de monitora vai a filla de Fina Armada, a da Batuka.

De socorrista o fillo de Juan Fachal.

¿ Van a ser estes dous rapaces pola súa valía menos que o cuñado de Mariano Rajoy e o irmán de Celso Currás ?

Se non fixo falta máis que dominar o windows 95 e o word e o wordperfect para administrar 31.000 millóns das antigas pesetas, para administrar unha bañeira, ben valen.

Anónimo dijo...

pero0 q merda falades se esta o fillo da francesa traballando pra o ayuntamiento q titulo ten ese pra traballar hay quero q mo espliques e o fillo do chousas q ten digocho o q ten 2 votos mais para o soe

Anónimo dijo...

a merda polo wc para a ría mientras non arranque a EDAR.

Creo que o Jonathan e o Rogelio non teñen ningún parentesco nin con Manolo Varela nin con Luis Armada.

Agora venseme a memoria algo curioso acontecido sendo alcalce Fernando Tallón.

Curiosamente no seu día a muller do Deus traballaba para Caco. Un bó día entra a formar parte da plantilla administrativa municipal e mira por onde entra no despacho de Caco a ocupar a sua praza o fillo mais vello de Fernando Tallón.

Curioso...

Parece que os PePeros locales son mais prudentes que Mariano Rajoy ou que calquer conselleiro da extinguida xunta de D. Manuel.

Ay, a memoria, a puta memoria,...

Anónimo dijo...

Recordoche a puta da tua memoria que Rosa estaba no paro moito tempo antes de que Tallón salise alcalde, así que o que afirmas é unha das injurias e calumnias a que estades acostumbrados a votar unha e outra vez pola sucia das vosas bocas, algún dos vosos xa pagou por elo, e con antecedentes penales encima.

Anónimo dijo...

iso gustoume mais porq polo menos o fillo de tallon non lle plantou lume o ins tituto da basteira pero como e fillo do alcalde non pasou mada ¿ e se fora o meu fillo ? claro xa estaria en xuizo

Anónimo dijo...

FOY O FILLO DE LUIS DO SOE VAIA EXEMPLO