4 oct 2007

Outra volta o tema da Cofradia

Os armadores que teñen a sua sede en Cariño, poñamos que son cen, pois deses cen, trinta ou vinte pertencen á Cofradía de Cariño. Polo que ese 1% non vai ser pagado por todolos armadores. Ninguén esta obrigado a vender na lonxa de Cariño, pa empezar, pero seria algo ético e necesario que venderan en cariño por pertencer a este pobo. Pero ben, poñamonos no caso que na actualidade non so os que pertencen á Cofradía, senon todolos barcos de Cariño mañá mesmo vendan na lonxa. Pois ben ahora preguntovos, quen vai comprar todo ese peixe (e non falemos de que os prezos sexan os habituais e correctos)? Carrodeguas, La Pureza e cinco ou seis compradores que non poden superar por non dispor dos medios necesarios, unha determinada cantidade. Creedes que iso é posible?, claro é moi facil dicir que como non venden aqui, pois que o pobo non se beneficia...pura demagoxia señores. Polo que vos dixen antes non hai, nin existen os compradores que poidan lograr que os prezos sexan os similares a outras lonxas. Iso empezaronno a facer so pincheiros e volanteiros, agora fanno os das motoras. Pero por unha cousa, que hai que dar de comer ás familias, que o que se busca é gañar diñeiro; e se podes gañar máis a 90 km. pois o fas.É así de claro, pero como vades a comprender isto...claro que non o comprenderedes, porque sodes dos que dicides que o non vender aqui Cariño vaise a pique...pois non señores Cariño vaise a pique, porque hai menos xente que se queira involucrar no sector que move esta vila, porque cada vez van a menos os barcos, e os que quedan estan hasta o carallo de aguantar as burradas que moit@s veciños se adican a facer, co principal traballo da vila "darlle a lenghua". Os armadores, son os que rouban, son os que non queren vender en Cariño, son os que collen a peruanos e os de cariño non nos meten o barco...nada máis que burradas e máis burradas. Respeto a este tema, e xa remato, imaxinadevos que nunha semana todolos armadores venden seu barco, é dicir; máis da metade das familias quedan sen traballo, sen a posibilidade de traballar no seu pobo, implicando a emigracion dos seus habitantes.E por ultimo, retomando o tema do comezo, fai uns anos houbo unha oferta para crear unha Cooperativa en cariño similar a de Burela, na que estaban tanto compradores coma armadores. Pois ben iso non foi adiante, xa que os compradores que estraban na reunion , abandonarian as suas sedes noutras lonxas por esta, pero a Cofradía non lle garantía a modernización e ampliacion, tanto de medios coma de PERSOAL.
P.D.: non son ningun armador, só un veciño máis que lle importa informarse do que lle atañe a súa vila. E intenta contrastar todalas informacions, e non establece como verdade , o que di a veciña da porta do lado....pero seguiran e seguiran falando dos demais, seguiran atacando á xente que se arriesga para ben ou para mal, inventaran todo tipo de historias. Non terían porque afectar, pero porque loitar se ó final nunca recoñeceran os meritos e logros das diversas perosoas que loitan polo pobo, xa sexa cantando ou barrendo, coma creando empresas....(fdo Latra)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xuro por meu pai,q.e.p.d., que leín hasta o final o fdo. por Latra,e si señor estou dacordo con iso de que "...cada vez van a menos os barcos, e os que quedan están hasta o carallo de aguantar as burradas que moit@s veciños se adican a facer co principal traballo da vila " darlle a lenghua"..."