5 oct 2007

A fas ou non a fas

Catro meses despois de lograr a súa terceira maioría absoluta consecutiva, Antonio Campo, o alcalde do noso veciño concello de Ortigueria deixa a política para dedicarse ás súas empresas. Ortigueira perde un Alcalde que non cobrou nin un euro do Concello nos oito anos nos que ocupou o posto, e serviulle neste tempo para conseguir que a Xunta investise 22.500 millóns de pesetas nesa vila, recordade que os nosos veciños apenas teñen 2.500 habitantes mais que nos. Asi que mellor non facer comparacións. Hai que recoñecer que foi un fenómeno á hora de pedir. Vaise cunha espiña cravada, a de que non construísen a circunvalación e a estrada de alta capacidade de San Sadurniño a Ortigueira, que tan ben nos veria a nos. Da entrevista que hoxe aparece na Voz teño que decir, que gustoume como acaba "un farol, un campo de fútbol ou unha residencia de anciáns nin é de esquerdas nin é de dereitas. Ou a fas ou non a fas". Creo que con esas verbas moitos vamos a estar dacorco. (Foto da Voz de Galicia)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Chapeau polo señor Campo e todo un filosofo e verdad nos concellos as cousas se fan o no se fan, no se caso cre que os acertos suman mais cos erros. Pero sendo egoistas e unha boa noticia pra nos, o fin o cabo Ortigueira e a nosa competencia, si Armada espabilase un pouquiño poderiamos conseguir algún cartiños para facer as cousas que nos faltan.

Anónimo dijo...

"Mª Mar fernández Polo como concelleira electan pertencente o grupo municipal do BNG quero facer pública a miña renuncia como membro da corporación.
A maior carga de traballos á que estou sometida o ter que formar parte do equipo directivo do CEIP, cargo co que non contaba, no momento de aceptar encabezar a candidatura non me permiten atender de xeito idóneo ás miñas obrigas como concelleira.
Quero agradecer a tódalas persoas que confiaron en min, que me votaron e apoiaron, e tamén as que non o fixeron xa que en todo momento sentinme rodeada de respeto e cariño por parte de todo o mundo.
Agradecer a toda a corporación e os funcionarios/as do concello a súa paciencia e o seu trato cortés."
Mª del Mar Fernández Polo
LVO.Venres 5 de Outubro 2007
Tardou catro meses en darse conta da carga do cargo.O Tarolo leva catro anos e catro meses e non se da conta que é unha carga pra o BNG estando un segundo máis no cargo, cada vez menos votos, e con 65 anos, que conho fai ou pensa facer, non quixo ser alcalde e isa oportunidade perdeuna porque sabe das suas limitacións, que deixe de seguir engañando a seu electorado que cada día e menos, paso a os novos, que dimita, que ten bastantes máis razons que Mª del Mar

Anónimo dijo...

Os periodistas recollen a figura de Antonio Campo, coma un político carismático que trouxo a súa vila inversións superiores aos setenta millóns de euros.
E, sen dúbida, ten un grande recoñecemento a súa labor. Ainda que os motivos que propiciaron a súa marcha fulgurante a pouco da súa reelección, non me acaba de convencer, so se poden facer suposicións...
No seu mandato, viuse unha forma de "construir" paso a paso, unha notable mellora das condicións de vida dos seus cidadáns.
No caso de Ortigueira, posee mecanismos para tal fin,disposición de múltiples terreos para edificar, e a inversión xa mencionada. Xusto o que non soe dispoñer municipios, como por exemplo, Cariño.
Sen embargo, é unha verdadeira mágoa, non aproveitarse por parte dos demais concellos do tirón Campo e non consensuar un plan de infraextructuras tan vital, coma necesario na nosa comarca. Precisamente, foi esta a asignatura pendente de Campo, na miña opinión, e a máis importante de todas.
Si, non abonda construir un bo lugar onde vivir. Esa inversión en instalacións, servizos, festas,... e ideal pra un futuro a medio ou curto prazo. Sen embargo, todo iso nun futuro estará destinado ao turista que ven pasar dous meses e medio ao ano. Esa forza, teria que ser prioritaria en convertir esta comarca nun lugar de oportunidades, onde o empresario, apostase, traendo naves e carga de traballo e revitalizar polo seus méritos a zona de Ortegal, sen estar a andar pedindo limosnas.
Onde un porto, como por exemplo, o de Cariño... se puidese convertir nunha alternativa(salvando as distancias) co porto exterior de Ferrol, e dar outra covertura comercial a Ferrolterra, Eume e Ortegal. Iso seria unha aposta por un futuro. Xerando riqueza, atraendo subvención, e mellorando en tódolos aspectos a vida do cidadán, sen "homes milagre", con traballo e máis traballo, pero sobretodo con ilusión. O futuro agora, na miña opinión, cada vez ten unha maior incertidume. Os datos macroeconómicos xa non son o que eran, os fondos da Unión ca abertura á outros paises coma R. Checa, Rumanía,... menguarán paulatinamente pra nós. E os municipios pequenos igual teñen que empezar un pouquiño a "buscarse a vida". E nós seguiremos a decir: "Os novos vanse", "xa non queda ninguén",...

(Perdón) Grazas por chegar ata aquí sen durmir, je, je.

Anónimo dijo...

Por problemas técnicos a nosa web está inactiva.Somos as primeiras en lamentálo dando o grande número de visitas dos últimos días.Parece como se quixéramos impoñer a censura pechando e non é así.Os comentarios que facíades no libro de visitas, salvo algún caso que rozaba o chabacano, eran opinións respectables.En canto contactemos co administrador-hoxe é domingo- miraremos de volvéla a abrir.
Aproveitamos este blogg que moita xente da que nos escribe tamén visita para enviarvos un saúdo.

Anónimo dijo...

Non me extraña. Con tanta droja, así acabou o conto.
A nova imaxe dese libro de visitas e lamentable. Patética.
A Caleira ca sua pasividade está a amosar que estase a sumar a ese colectivo de futuros yonkis que campan ás súas anchas en ese mal chamado libro de visitas/yonkis punto de encontro de tarados e o mesmo tempo escaparate do disparate local con esta campaña de promoción incitando o consumo de drogas.
Seguide así que vades polo bó camiño.
¿para cando un cursiño de elaboración de porros?
Vistas ás derradeiras mensaxes xa é o que falta.

Anónimo dijo...

Vaia, igualiño que Antonio Campo que por problemas técnicos escapa do Concello.
Van a flipar có que lles vai a caer por riba.
A ver canto tempo tardamos en saber a verdade desta marcha.
Se xa o tiña pensado, con non presentarse en maio listo.
Total, ir por ir,...

Anónimo dijo...

E que pasa coa a marcha da número un do BNG.
Total ,ir por ir, ...

Anónimo dijo...

Antonio Campo

Entregó a su pueblo lo mejor de su energía y de su capacidad, que es mucha. Son testigos de su obra un sinfín de inauguraciones de verdad, de las que se tocan. Ha sido una década prodigiosa para Ortigueira. Pero sobre todo se ganó el cariño de su gente, con tres mayorías absolutas. Gracias, Antonio, alcalde inolvidable, por darnos tanto de ti mismo.

La Voz de Galicia, domingo 7 de octubre del 2007