14 oct 2007

Estoupa unha antena de telefonía en Vigo

Un escape de nitróxeno das baterías que alimentaban a antena de telefonía móbil de Valadares, en Vigo, puido acumular gas e provocado unha detonación que destruíu a caseta o pasado venres. A causa accidental é a principal hipótese que manexa a Policía Científica de Vigo despois de que os axentes achasen restos químicos de nitróxeno entre os cascallos. Os veciños afectados expoñen demandar á propietaria da antena, Vodafone, pola rotura de cristais e danos nos seus aveños provocados pola onda expansiva. A explosión demostra que, ademais dos problemas para a saúde por mor das radiacións, existen outros riscos como as explosións. Por certo, hai dúas semanas os bombeiros vigueses tiveron que sufocar outro incendio noutra antena en Puxeiros (Vigo). E loxico que noutros sitios como e no noso caso de Cariño en Sismundi, na Pedra e no Campo, teñamos medo polo que poda pasar, non e querer parar o progreso, e só saber os pros e os contras das antenas, colocarlas en sitios donde as dudas sobre as suas radiacións non alerten a ninguén.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Soy un vecino de Cariño que trabaja para una empresa que periódicamente revisa instalaciones de telefonía móvil para velar por la seguridad de quienes viven en el entorno donde está ubicada la estación celular.

En cada inspección se realizan mediciones de niveles de radiación y el estado en el que se encuentran los sistemas radiantes y elementos que componen la estación.

Desconozco si el texto de la noticia es de cosecha propia del aguillón o lo ha copiado de algún medio de prensa, pero es falso.

Es imposible un escabe de nitrógeno en una batería instalada en una instalación de telefonía celular.

El compuesto de las baterías es Litio. Atrás han quedado las baterías de Niquel-Cadmio. ¿De dónde sale ese nitrógeno?

Las baterías se usan como reserva en caso de fallo eléctrico, caída de tensión, etc,... en funcionamiento normal están desconectadas. Tiene que darse alguna de las causas antes mencionadas para que salte la protección contrá caídas y entre en servicio el sistema de alimentación ininterrumpido. Sistema que no reviste mayor peligro que el SAI que cualquiera instala al lado de su ordenador personal.

Con esto no defiendo la ubicación de las antenas, ni me posiciono en contra del pueblo, ni mucho menos, pero como conocedor del tema es mi deber informar y aclarar un tema que por desconocimiento o por intereses políticos puede crear alarma y confusión entre quienes lean la noticia publicada por aguillón.

Anónimo dijo...

muy bien dicho tecnico gente como tu hacia falta para esplicarles a estes de esta pagina que tienen que aprender a documentarse antes de habrir la boca que esto de la demagogia y el engaño se les da de puta madre

Anónimo dijo...

pois O Aguillón xa contestou cun post no que pon o argumento do tecnico. O Aguillón será demagogo pero enconder non esconde nada, ben polo Aguillón fai falta un sitio de encontro e dialogo.

Anónimo dijo...

Non deixa de chamarme a atención a nova da insalubridade desa antena. Seguro que a inmensa maioría dos que protestan, (públicamente faino o PP, con Fina Armada A Caleira á cabeza, que non Juan Fachal), son usuarios de telefonía móvil.

¿Acaso pensan que o aparello que pegan á orella non emite radiacións?

E Juan Fachal e os seus protestando pola antena e con radiacións enriba da cabeza durante moitas horas ó dia toda a semana. Paradóxico.

¿Acaso descoñece que o radar co que vai equipado o seu barco emite radiacións?

E Fina Armada A Caleira protestando con forno microondas na casa. O microondas basea o seu funcionamento nas mesmiñas ondas ca usan os radares.

E calquera con teléfonos sen fíos na casa. Os terminais antigos usaban tecnoloxía analóxica operando entre 31 e 49 MHz pero dende hai varios anos a hoxe usan tecnoloxía dixital DECT operando en frecuencias por riba das que emiten os teléfonos móbiles. Ou sexa, microondas.

E alaaa... todas as casas cargadas de teléfonos sen fios que están radiando continuamente, ainda que non se esté a usar nunca conversa. A conexión ca estación base e continua.

A de trebellos que hay na casa con tecnoloxía Bluetooth que tamén son microondas.

Os router wi-fi para conectarse a internet sen fíos operando en 2.4 GHz.

E un longo etc,... pero non pasa nada. Sarna con gusto non pica.

En fin. Hai moito que demostrar sobre as radiacións dunha antena de telefonía.

Se a antena é mala que a quiten. Pero logo daríame a risa comprobar que xente que protestaba usan microondas, traballan nun barco equipado con radar, usan aparellos Bluetooth, internet sen fios wi-fi, etc,... sempre lles quedará botarlle a culpa á antena de Sismundi, ainda ca o mal o teñan na casa ou na mesma man.

Anónimo dijo...

Menuda clase de demagoxia!
Cada político ten que responder aos seus apoios nas urnas e se moitos veciños de Sismundi lle pediron iso, tera que levalo a cabo, moito peor sería se se antepuxeran os intereses do representado aos interesados, ¿non cres?. Cousa que en Cariño é habitual.
Non hai que poñer as cousas fóra de contexto. Non custa nada mover unha antena, un pouco de interés.

Anónimo dijo...

Boa descripción detallada das vantaxes/prexuizos das novas tecnoloxías aínda ca derradeira mensaxe so busca protagonismo.
Pois xa tivo o seu momento de gloria.
¿Quer máis? Pois nada, dentro de 4 anos fas unha candidatura e nos vendes, ou polo menos o intentas.
E do prezo de mover unha antena... ¿quén lle paga a Telefónica os gastos de desplazamento da ubicación, habilitar unha nova ubicación e as perdas que ocasione o cese de servizo da torre?
O millor e queimalas todas xunto con todos os móviles, ordenadores portátiles, fornos microondas, radares, máquinas de raios uva,... e todo canto sexa sospeitoso de ser perxudicial.

Anónimo dijo...

Apoio a moción da queima colectiva das antenas de telefonía e do reemisor da COPE no monte Miranda.
Se imos todo o pobo, non creo que o benemérito corpo leve detido a caseque todo un pobo.
Bueno, casi todos, non creo que os do PP se atrevan a queimar o reemisor da CEE.

Anónimo dijo...

COPE FERROL-CARIÑO; FM_37.9. Gracias a ella nos nombran todos los días.

Anónimo dijo...

Esto de ir a setas e jodido, confundese un e pasa o que pasa. Maragall, quixo cerrar as emisoras de Cataluña e agora, xa non paga as cuotas, pero xa recolle o que sembrou. ¿queredes queimar cousas? empezade polos vosos ordenadores, moitos vos estariamos moi agradecidos

Anónimo dijo...

Despois de varios anos eu non lle atopo utilidade pública ó remisor de COPE no monte Miranda.

De Cariño só ten o nome, a programación que nos meten e a de Ferrol. Non hai desconexión, nen nada de nada eiquí, só unha antena na Miranda.

Resumindo. O único que lle interesaba á COPE era ampliar a súa cobertura. Cariño non lle importa nada de nada.

Anónimo dijo...

¿Onde está a emisora COPE Cariño? Porque mira que busco e busco e non atopo nada.
¿Ten Paco ou Higinio os estudios centrais na casa rectoral?
COPE Ferrol ali queda na Praza de España en Ferrol.
COPE Cariño non existe. Que se deixen de aproveitar da situación estratéxica do Monte Miranda e que nos poñan a emisora.
¿Que carallo nos importan as novas de Ferrol ou as esquelas de Mujardos?
Pa unha merda de reemisor non facía falta poñerlle COPE Ferrol- Cariño.
COPE Cariño-Mera XA !

Anónimo dijo...

COPE Cariño-Mera XA! . No alberje que Armada vai facer na reitoral da Pedra.

Anónimo dijo...

Pa que merda queremos a emisora dos mentireiros. Cada vez que Fedeguico dí unha verdade baixa o pan.

A COPE é a cova de alí baba do éter.

Co patrocinio da igrexa católica, apostólica e románica. Esa mesma que abusa de menores e de inocentes no África subsaxariono i en paises en vías de desenvolvemento.

Unha emisora proba de que en España hai liberdade de expresión e ata libertinaxe de expresión. ¿Cómo se non se permite soportar cada día a Fedeguico?

Agora falase da petición de Esperanza Aguirre o Rei de España para que trate "normal" a Fedeguico. Un persoeiro que cada xornada pide a cabeza do Rei entre outras.

Fede esbarra e Espe busca "clemencia".

¿Tantos son os intereses do PP na COPE ou tanto é o poder de Fedeguico no PP para que a mesma Esperanza Aguirre vaia cas orellas baixas a pedirlle o Rei o perdón para Fedeguico?

Fedeguico é un desequilibrado. Ata o mesmo José María García o dixo en TV en dúas ocasións recentemente.

A COPE está tan desnortada coma o PP ou máis.

Pa merda queremos a COPE.

Que nos poñan Cadena Dial, Radio Olé ou RNE-CLAS.

Anónimo dijo...

Penso que a antena da cope é mais perxudicial ca de telefonica.

Abaixo a antena da cope xa !

Anónimo dijo...

o que queremos son os canais terrestres q vense entodods lados menos aqui coma sempre os ultimos

Anónimo dijo...

Eu prefiro os aéreos.

¿Cando cheja R a Cariño? ¿e o jas?

Anónimo dijo...

Por deus que non nos traijan o AVE, que se nos funde.¿en qué quedou o heliporto?

Anónimo dijo...

E xa non sei ónde se falaba do número catro en romano ,polo reloxo do concello....pois hoxe nas noticias, o da Generalitat tamén pon IIII.

Anónimo dijo...

Menos mal que vades aprendendo algo.

Anónimo dijo...

IVA SENDO HORA