2 oct 2007

En defensa duns traballadores

Para completar a informacion que se escribiu sobre o Plan de Viabilidade da Cofradia, informacion tomada do xornal La voz de Galicia, quero dicir, que ata o momento os armadores pertencentes á cofradia pagaron dende sempre o 1%, xa que lles é obligatorio para poder ter dereito ó uso dos medios e instalacións da cofradía. E ben, dixose que sobran empregados, é iso é certo, pero sobran tanto agora coma antes, porque na cofradia de 12 que pode haber, so son tres ou catro os que preocupanse e traballan para que isto salga adiante. Asi mesmo permitome nomear a eses tres traballadores como son Anabel, Marisa, Pablo e Adelino. O traballo que eles realizan non se asemella en nada ó do resto, e é verdade que a cofradia vai mal, pois sen o traballo destes imaxinome como iría. (fdo.Latra)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O sr. Latra lle vota a culpa a os traballadores por estar asi a confraria , como si os empleados tuveran barcos e levaran o peixe pra outros portos. Di que os armadores pagaron sempre o 1% de retorno e iso e incerto xa que so o mandan alguns , outros levan o peixe e nin guias sacan .
Parece que o sr. Latra se lle ve o plumero porque debe ser armador , lles debe algo a xente que citou , ou esta resentido por algo cos demas traballadores.

mariñeiro

Anónimo dijo...

A lonxa e os seus empregados son os que dan de comer a os demais...Cariño sempre vivíu do que entraba pola punta do espigón...Si o que entra pola punta, véndese en outras lonxas, isto non ten arreglo nin con un milagre da Virxen do Carmen.

Anónimo dijo...

Sen palabras, a ver se asi o entendedes mellor ou senon informardevos.

Ben, empezo: Os armadores que teñen a sua sede en Cariño, poñamos que son cen, pois deses cen, trinta ou vinte pertencen á Cofradía de Cariño. Polo que ese 1% non vai ser pagado por todolos armadores.

Ninguén esta obrigado a vender na lonxa de Cariño, pa empezar, pero seria algo ético e necesario que venderan en cariño por pertencer a este pobo. Pero ben, poñamonos no caso que na actualidade non so os que pertencen á Cofradía, senon todolos barcos de Cariño mañá mesmo vendan na lonxa.

Pois ben ahora preguntovos, quen vai comprar todo ese peixe (e non falemos de que os prezos sexan os habituais e correctos)? Carrodeguas, La Pureza e cinco ou seis compradores que non poden superar por non dispor dos medios necesarios, unha determinada cantidade. Creedes que iso é posible?, claro é moi facil dicir que como non venden aqui, pois que o pobo non se beneficia...pura demagoxia señores.

Polo que vos dixen antes non hai, nin existen os compradores que poidan lograr que os prezos sexan os similares a outras lonxas. Iso empezaronno a facer so pincheiros e volanteiros, agora fanno os das motoras. Pero por unha cousa, que hai que dar de comer ás familias, que o que se busca é gañar diñeiro; e se podes gañar máis a 90 km. pois o fas.

É así de claro, pero como vades a comprender isto...claro que non o comprenderedes, porque sodes dos que dicides que o non vender aqui Cariño vaise a pique...pois non señores Cariño vaise a pique, porque hai menos xente que se queira involucra no sector que move esta vila, porque cada vez van a menos os barcos, e os que quedan estan hasta o carallo de aguantar as burradas que moit@s veciños se adican a facer, co principal traballo da vila "darlle a lenghua".

Os armadores, son os que rouban, son os que non queren vender en Cariño, son os que collen a peruanos e os de cariño non nos meten o barco...nada máis que burradas e máis burradas.

Respeto a este tema, e xa remato, imaxinadevos que nunha semana todolos armadores venden seu barco, é dicir; máis da metade das familias quedan sen traballo, sen a posibilidade de traballar no seu pobo, implicando a emigracion dos seus habitantes.

E por ultimo, retomando o tema do comezo, fai uns anos houbo unha oferta para crear unha Cooperativa en cariño similar a de Burela, na que estaban tanto compradores coma armadores. Pois ben iso non foi adiante, xa que os compradores que estraban na reunion , abandonarian as suas sedes noutras lonxas por esta, pero a Cofradía non lle garantía a modernización e ampliacion, tanto de medios coma de PERSOAL.

P.D.: non son ningun armador, só un veciño máis que lle importa informarse do que lle atañe a súa vila. E intenta contrastar todalas informacions, e non establece como verdade , o que di a veciña da porta do lado.

...pero seguiran e seguiran falando dos demais, seguiran atacando á xente que se arriesga para ben ou para mal, inventaran todo tipo de historias. Non terían porque afectar, pero porque loitar se ó final nunca recoñeceran os meritos e logros das diversas perosoas que loitan polo pobo, xa sexa cantando ou barrendo, coma creando empresas....