1 oct 2007

Cronica da politica municipal

"Levamos catro anos coas xestións para a realización do polígono industrial, pero podemos decir que éstas están chegando a súa fin é o inicio das obras realizaranse proximamente..." Éstas eran as palabras dun candidato á alcaldía. Agora enterouse o pobo que ese polígono non estaba adaptado no plan urbanístico municipal...Este candidato tamén defende que os terreos no que se está a realizar un centro socio-educativo, tamén chamado centro de día e residencia de anciáns, (todo vale para captar subvencións, tomar de parva a xente, e, de paso, intentar eludir(cousa que dudo) aos tribunais de xustiza. Este candidato tamén, ten un feudo que lle deu en bandexa de prata ás duas lexislaturas... A mesa da Pedra. Supoñome que lles estará enormemente agradecido.... ¿ou non? Dixo tamén non sei que dunhas axudas aos xoves na compra da súa primeira vivenda. Que seria diso dos consellos parroquiais que tan ben soa. Pero claro, soa nada máis.O candidato supoño que xa sabedes de quen se trata...Pero, é ainda peor, o caso do seu compañeiro de viaxe, xa que logo, nin se lles ve, nin se lles escoita, e o máis triste, nin se lles espera.E a oposición... pois de momento según teño sabido, presentou o comité local, con eleccións e todo dentro de 6 meses cos seus afiliados. Pra comezar o curso político presentou dúas moccións, nas que se presentaron en tempo e forma, no que o presidente neste caso o alcalde e anterior candidato non aceptou, e non as puxo na orde do dia, dando mostras do talante que impera no seo das altas esferas do seu partido. Presentaronse en vía de urxencia e nin se quera permitíu leer o contido de cada unha delas. Nunha presentaba a solución a un problema plantexado nesta web. O colapso do trafico en algunhas zonas de Cariño. Para atopar solucións, plantexan habilitar aparcamentos na zona do final do paseo marítimo e no terreo contiguo ao camiño do cementerio, facendo antes as respectivas xestións. Na segunda plantexaba un tema moi serio, no que os afectados, neste caso son os veciños de Sismundi, na que se comprobou o perigo contra a saúde pública da torre de telefonía móvil, debido a alta radiación que xenera, e o anómalo empeoramento da saude dos veciños próximos a este emprazamento. O grupo popular, neste caso, esixía un inmediato cambio de ubicación alonxádoo do medio das casas.Repetimos que se fixo pola vía urxencia. Así foron as votacións:Na primeira, os aparcamentos. PSOE e BLOQUE (Grupo Bipartito)... TODOS EN CONTRA. E, na segunda, o cambio da ubicación da torre de telefonía en Sismundi. PSOE... EN CONTRA; BNG...ABSTENCIÓN. Como podedes ver, existe unha grande preocupación no concello dos problemas da vila, e sobretodo da propia saúde dos seus veciños. E... como dirian naquel programa tan famoso o "123"... "Hasta aqui puedo leer"... (continuará). (Fdo. Sesta Bipartita)

No hay comentarios: