30 sept 2007

Plan de viabilidade da cofradia

A Confraría de Pescadores de Cariño acaba de contratar un crédito hipotecario, por valor de 200.000 euros, para sanear as contas da entidade e, como explicou o patrón maior, Juan Manuel Fachal, "empezar de cero e facer as cousas ben". Para subscribir o préstamo, o pósito puxo como aval un terreo propiedade da confraría. A directiva da agrupación de pescadores indicou que con este diñeiro poranse ao día as débedas cos acredores da confraría. Está previsto que nos próximos días o depósito celebre unha reunión para tratar este tema, así como as medidas a tomar para que a saúde financeira da entidade sexa, a partir de agora, «o mellor posible». O depósito cariñés ten previsto pór en marcha un plan de viabilidade para sacar á entidade mariñeira dos números vermellos. Entre algunhas das medidas que se porán en marcha, encóntrase a imposición dunha cota social aos armadores de 40 euros ao mes por tripulante. Aínda que esta taxa xa figura como tal nos estatutos da confraría, nunca se chegou a aplicar. Tamén terán outra opción para contribuír ao sostemento da confraría. Consiste en abonar o que se coñece como retorno. Trátase dunha cota equivalente ao 1%

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Aguillon,que queres decir con iso de "Depósito"???

Anónimo dijo...

"Depósito" quero dicir que teñen que depositar todos os meses unha cantidade pra pagar os 200.000 € que pideu a Confraría; foi un "lapsus inteleptus".Eu non son Aguillón... Ben é certo que a historia repítese... ¿Quén deshipotecará o que agora se hipoteca ?...Penso que obligar os armadores a pagar 40 € ó mes por mariñeiro ou o 1% do retorno é falar por non estar calado... Si non o fixeron nos tempos de vacas gordas menos o van facer agora en épocas de vacas flacas...O que está claro que si os barcos non venden eiquí, non ai traballo e si non ai traballo sobran empregados, é dura a medida a tomar, pero é a única solución... Os empregados que tedes con axudas da Xunta é abondo...Nos tempos que vivimos.

Anónimo dijo...

Para completar a informacion que se escribiu, informacion tomada do xornal La voz de Galicia, quero dicir, que ata o momento os armadores pertencentes á cofradia pagaron dende sempre o 1%, xa que lles é obligatorio para poder ter dereito ó uso dos medios e instalacións da cofradía.

E ben, dixose que sobran empregados, é iso é certo, pero sobran tanto agora coma antes, porque na cofradia de 12 que pode haber, so son tres ou catro os que preocupanse e traballan para que isto salga adiante. Asi mesmo permitome nomear a eses tres traballadores como son Anabel, Marisa, Pablo e Adelino.

O trabllo que eles realizan non se asemella en nada ó do resto,e é verdade que a cofradia vai mal, pois sen o traballo destes imaxinome como iría.

Anónimo dijo...

Asi me gusta que os nosos lectores esten atentos. Pillaron o erro, non era "depósito" senón "pósito", entendiase ben, pero as cousas son como son é loxico recoñecelo. Pero non iban mal tampouco como apunto outro lector o fin o cabo esto vai dun "deposito" para salvar a Cofradia.

Anónimo dijo...

Nomeas a catro non a tres... Un xa está con axudas da Xunta e con dereitos consolidados tanto por idade como por sua vida laboral, pra que se poda prescindir del. Bon pra Confraría , e pra todos vos. "Chapeau" pra Anabel e Marisa...Si todos mandaran o retorno esta Confraría non estaría a sufrir os problemas económicos que esta pasando.

Anónimo dijo...

palabras textuais:"so son tres ou catro". Entendemos o q lemos??? ;) jeje

Anónimo dijo...

Vexo que o pobo segue sendo inculto. ¿Darlle ás grazas a Anabel e Marisa... por qué? ¿Por facer mellor ou peor un traballo polo que cobran moitísimo máis ca maioría da xente desde pobo?
E o que teñen que facer e punto. Paganlles por eso e non pouco.
Non se merecen nin grazas, nin chapeau nin jorra.

Anabel ademáis vela polos seus intereses. O seu home e motoreiro. Descoñezo se xa se subiu o carro dos isotérmicos que van a vender a Coruña.

Adelino e un pringao que so se encara cos débiles. Os percebeiros de Cedeira non lles fai frente. So toca o carallo a 4 nenos do pobo que un día calquera deciden ir a bucear un pouco.
¿como se pode felicitar a este aspirante a cherife que non ten pes nin cabeza?

Pablo non sei quen ven sendo.

En fin. A historia da cofradía e a historia dunha entidade que non ten sentido a día de hoxe. Mais se cabe engadir que nin os mariñeiros teñen fé en ela. Xa non hai pa onde ir. Queda claro que con ese crédito de 200.000 euros o que fan é asegurar os soldos do persoal, que digo eu: ¿se non hai actividade a qué se dedican?