5 sept 2007

Necesitamos progreso. Necesitamos riqueza

Necesitase o polígono industrial e as infraextructuras acorde cos tempos e as necesidades do seculo XXI. Necesitase revitalizar este porto tan estancadiño que temos. Necesitamos formar parte do tecido industrial de ferrolterra. Necesitamos que se exporte mellor Cariño como producto turístico de calidade con diferenciación co resto de ofertas. Necesitase un apoio as familias, necesitan un lugar onde poidan vivir sen agobios e sair cos seus fillos adiante. Necesitase alguén que escoite as verdadeiras necesidades. Busquemos a maneira de espertar, Cariño mereceo. Ortigueira no 1950 21.801 Hab. en 1970 18.301 Hab. Cariño no 1995 5.316 Hab. no 2005 4.788 Hab. Cariño no ano 2050 ¿...? (Daquela terei case 70 anos...). Se queremos futuro, xeremos riqueza, non por ambición, senón case que por supervivencia. Riqueza = Progreso = Benestar. (Fdo. Sesta Bipartita)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Levo uns días vendo ducias de portugueses que van ao mar nos barcos de aquí.Seique son bos mariñeiros.E tamen rumanos traballando de albanéis, e tamén o fan ben.Peruanos que se integran na comunidade sen moitos problemas.Hay que respetar as diversas culturas e costumes de cadaquén.Un rumano busca traballo como albanel, fontanero, electricista, pintor ou escayolista (é autónomo)pero atópase coa idea preconcebida que temos deles....violentos, xitanos, etc e vaille ser dificil que alguén o contrate para algunha "chapuza", e mentras tanto, os albanéis ou fontaneiros de aquí,dín que che veñen mañán e non aparecen ata o mes que ven.E bon que teñan traballo, pero si fai falla mán de obra de fóra, haberá que darlles unha oportunidade....como lle deron aos nosos que emigraron ou que ainda están por ahí.¿ Alguén de vos non ten parentes no extranxeiro, nas Canarias,en Madrid ? Pois eu sí, e gustaríame que mos trataran tan ben como si estuveran na casa.