10 sept 2007

Inmigración en Cariño

Levo uns días vendo ducias de portugueses que van ao mar nos barcos de aquí. Seique son bos mariñeiros. E tamen rumanos traballando de albanéis, e tamén o fan ben.Peruanos que se integran na comunidade sen moitos problemas.Hay que respetar as diversas culturas e costumes de cadaquén. Un rumano busca traballo como albanel, fontanero, electricista, pintor ou escayolista (é autónomo)pero atópase coa idea preconcebida que temos deles....violentos, xitanos, etc e vaille ser dificil que alguén o contrate para algunha "chapuza", e mentras tanto, os albanéis ou fontaneiros de aquí,dín que che veñen mañán e non aparecen ata o mes que ven. E bon que teñan traballo, pero si fai falla mán de obra de fóra, haberá que darlles unha oportunidade....como lle deron aos nosos que emigraron ou que ainda están por ahí.¿ Alguén de vos non ten parentes no extranxeiro, nas Canarias,en Madrid? Pois eu sí, e gustaríame que nos trataran tan ben como si estuveran na casa. (Fdo. Mariano)

1 comentario:

Anónimo dijo...

ó fin un comentario acertado neste blog... xa era hora... pero seguide así, que polo menos divirtome vendo as opinións de vosoutros dende a diáspora viguesa.
Un saúdo a tod@s, aínda que non sei quen sodes. Morán