13 ago 2007

Sabado de festa rachada

Cariño celebrou o pasado sabado a séptima edición da Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada, donde se despacharon máis de duas mil racions, alguen ese día, dixome que foron duas mil setecentas, pareceme moito comer pero a verdade que xentiña sentada e de pé encontreime moita. Temos que dar as gracias a Asociación de Amas de Casa e a Asociación de Amigos de San Xiao de Trebo que son as duas asociacións que manteñen aberto este tenderete. Tambén agradecemos o fillo do alcalde que reparteu ben as bebidas, e a seu pai que deu boa conta de duas racións e apoiou a iniciativa dende o Concello. Andaban por ali algún que outro concelleiro e entre estes destacaba Manolo Varela, contento coma unhas castañuelas, de como estaba a sair o evento. Non vimos a Fachal, pero que non o viramos non quere decir que non andase por ali. Para os que non asistiron decirlles que patacas, raia fresca -a ser posible de la lonxa de Cariño y pimento vermello son alguns dos ingredentes que tiña a caldeirada, a clave estaba no sofrito. A sardina lañada -manxar típico de Cariño no que o pescado se abre pola mitade, se deposita en auga salada durante uns minutos e se deixa secar, foi o plato estrela da xornada para os de fora. Pero o fin de semana deu mais de si, felicitamos os que xa teñen 50 aniños e os que pasan dos 70, que celebraron sendas cena e comida con motivo da sua satisfacción, e como se di...e que cumpran moitos máis. (Foto da Voz de Galicia)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A Fachal non o viches, nin o verás en nada que organicen "eses". Palabras textuales súas de el mesmo.
Hai xente e xentiña.
O curioso e que ese mesmo que "pasa" do que organizan "eses" sobralle tempo para ir chorrar polas portas do Concello para que lle axuden a facer as festas do Carme porque a Cofradía está moi mal.
En fin.

Anónimo dijo...

Noraboa pola festa, foi sempre unha gran iniciativa pra promover a gastronomía, asi coma o Festival do Ortegalrock, unha alternativa a xuventude cariñesa, estes dous eventos viron a luz en gobernos distintos gobernos municipais. O que non se pode facer e crear feudos e politizar un ben que esta destinado, penso eu, a xente cariñesa e foránea. E non o digo polo comentario anterior, senón por algún comportamento "curioso". Por exemplo, no momento que saen as camisetas do Ortegalrock, os primeiros en compralas son os mesmos, e cando divisan a un que non simpatize co goberno bipartito mirao cunha cara coma se lle estuvese perdoando a vida. E seguramente, algún nin se atreveu a incarlle o dente a esa deliciosa caldeirada. Os políticos, se non hai actos de índole oficial coma recepcións, entregas de premios dun hipotético concurso, etc... estaría ben que, alo menos pasasen desapercibidos, porque pareceme a min que non hai boa sintonía na corporación.
Primeiro a festa, despois a política... se os politicos de talla mundial se citan cunha boa farrada, moitas cousas se solucionarian. Disfrutemos o que quede de verán. As prioridades desgraciadamente para Cariño son outras, e hai tempo para debatilas, a poder ser, nos Aguillóns. Eses que se resisten ás correntes sexan de babor ou estribor.

Anónimo dijo...

comentarios de cretinos.
vivimos peor que hace 10 años y en ese tiempo han pasado por el gobierno los 2 principales partidos.
vosotros seguid haciendo el gilipollas mientras unos y otros se "forran" a costa de todos.
ahora seguid unos contra otros diciendoos que "yo no he sido, has sido tu".
lo dicho o sois unos cretinos o unos niñatos imberbes que se entretienen en jugar aqui.

Anónimo dijo...

A ver, los ayuntamientos no tienen dinero por sí para las fiestas de la Cofradía. Esto depende directamente de la Xunta - Consellería de Pesca en este momento, en el futuro, a saber.
Si Fachal está mal porque la Cofradía está mal, la culpa no es del Concello de Cariño. Aún así tiene todo el derecho a acudir al evento a limar asperezas o quedarse en casa o por los bares bebiendo sus penas.
Volviendo al tema, en este caso se le puede echar toda la culpa al PP sin ningún problema que ha sostenido de forma irregular el irregular funcionamiento de la Cofradías de Pescadores, un submundo que sobrevive a expensas de bienes y favores púbicos sin el beneplácito ni reconocimiento de la UE.
El PP... aunque esto solo es la punta del iceberg de todo lo que nos dejó el señor Fraga.

Anónimo dijo...

- O concello de Cariño non ten "diñeiro de por sí" para as festas da cofraría...
Se os ten pra un barco de ocio pra hipotecarnos...

- Se Fachal isto se Fachal o outro...
A situación da Cofraría é xa ben coñecida dende fai tempo, non nos deixemos levar polo oportunismo. Sen embargo, o PP si confiou nel pra súa candidatura por defender os intereses da entidade que el lidera e que intenta evitar o expolio que se sacou da manga Armada. Si, estou a falar, do acordo de cesión dos terreos da cofraría ó concello sempre en cando sexa para un fin educativo que deu lugar o antigo parvulario do lavadero (Info sacada do Diario de Ferrol). Agora Armada cree que todo e del, demoliu o parvulario, xunto a el todo o seu simbolismo, pra construir un centro pra maiores nuha zona que o Sr. Varela denominou como "unha bomba" ante a proximidade do polucionado eido industrial do centro cariñés, pero calou a boca e quen cala otorga. O caso é, que se a Cofraría esta mal imaxinade se ainda encima lle "rouban" o que lle pertenze por dereito, con isto Armada non fixo outra cousa que intentar afondar ainda mais a unha cofraría chea de débedas e agora repudiada polo concello e os seus séquitos. Fachal entrou na política, non lle quedaba outra. Faraselle o xuicio de valor cando vexamos cumplida a súa xestión. Armada ten o apoio das administracións, e ten moito que responder, moito que cumprir, moito que facer, pero, e isto e o máis importante... moito que cambiar.... e penso que a estas alturas da pelicula...

Como cidadan, pregarialles aos políticos que nos gobernan que non se acorden tanto dos xa non están na actividade publica activa e se dediquen a gobernar que pra iso lles pagan. Que deixen as crispacións e non se escondan cando veñen problemas importantes, que dean a cara, polo menos a esas almiñas que fielmente lles van votar cada catro anos, independientemente se o fixeron ben ou mal. Esperten da sesta.

Anónimo dijo...

Parece mentira que un iluminado coma o "sesta bipartita" este, esté a perder o tempo aquí. Se ves de volta e media de todo, ou mais, non sei a que esperas para presentar a túa candidatura e por remedio a todos os males do pobo.

Para o aguillons este: a ver se cambias a enquisa por outra de utilidade pública. Ben podería ser:

- ¿En qué local de copas poñen mais garrafón?

- ¿En qué restaurante meten as clavadas mais grandes?

- ¿Qué aloxamento hosteleiro é o peor?

Haiche pouco que enquisar de utilidade pública. Os visitantes seguro que o agradecen e os do pobo tamén.
Como son os servizos municipais deste concello e da maioría xa se sabe. Todo o que ten funcionariado por medio está enmerdado.