14 ago 2007

De festas e politicos

Noraboa pola festa, foi sempre unha gran iniciativa pra promover a gastronomía, asi coma o Festival do Ortegalrock, unha alternativa a xuventude cariñesa, estes dous eventos viron a luz en gobernos distintos gobernos municipais. O que non se pode facer e crear feudos e politizar un ben que esta destinado, penso eu, a xente cariñesa e foránea. E non o digo polo comentario anterior, senón por algún comportamento "curioso". Por exemplo, no momento que saen as camisetas do Ortegalrock, os primeiros en compralas son os mesmos, e cando divisan a un que non simpatize co goberno bipartito mirao cunha cara coma se lle estuvese perdoando a vida. E seguramente, algún nin se atreveu a incarlle o dente a esa deliciosa caldeirada. Os políticos, se non hai actos de índole oficial coma recepcións, entregas de premios dun hipotético concurso, etc... estaría ben que, alo menos pasasen desapercibidos, porque pareceme a min que non hai boa sintonía na corporación. Primeiro a festa, despois a política... se os politicos de talla mundial se citan cunha boa farrada, moitas cousas se solucionarian. Disfrutemos o que quede de verán. As prioridades desgraciadamente para Cariño son outras, e hai tempo para debatilas, a poder ser, nos Aguillóns. Eses que se resisten ás correntes sexan de babor ou estribor. (Fdo. Sesta Bipartita)

No hay comentarios: