27 jul 2007

Recordatorio (I)

Hoxe vamos recordar duas das promesas electorais que fixo Armada, cando quería revalidar o trono da alcaldía. Agora esta outra vez de Alcalde e con a mesma axuda de sempre, as suas promesas foron:

  • Facilitar o acceso á primeira vivenda
  • Facilitar a rehabilitación de vivendas mediante a xestión de subvencións.
De momento nada de nada, nin unha declaración. Salvo que estan a facer mais pisiños para os de fora, que os de aqui, non podemos con eses precios. A este paso teremos que ocupar algún despacho do Concello para poder ter unha primeira vivenda. O Aguillón quedouse co programa de goberno do PSOE. Armada si ti durmes nos non. Cumple.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estableceuse a calor por fin. Volve o caos na vila. O turismo parece empeza a dar signos de vida. Sin embargo hai cousas que non cambian en ningunha estación do ano... O domingo, despois dun capuzón quixen baixar a fornos a dar a volta co coche (xa que estacionei enriba de todo, estaba repleto), tiven que esperar media hora a que cesara as retencións dos coches pra ir pra casa. Foi un pouco desesperante.
En fin...
A propósito, Cando abre a "oficina" de turismo?
Digo por si en setembro alguén pregunta pola festa do san Bartolo ou a do Carme; ou polas praias sen as duchas...
Isto si é unha sesta, o demais e tontería.

Anónimo dijo...

Con respecto o tema das vivendas, gustarime que Armada aclarase o de "Xestión de subvencións".
Pra que a xente se quede no pobo necesita riqueza e postos de traballo. Porque as vivendas sempre as compran os mesmos. A mellor "axuda", e un goberno compremetido non cunha parte senón con todo Cariño. Hai que gastar gasolina, ir a onde faiga falla, usar as amistades, ser xeneroso e traballar sen electoralismos... de momento nada de nada. Menos promesas e máis futuro.