Estamos interesados en saber que opinan os veciños dos servicios municipais mais concorridos. De momento a enquisa leva 28 votos, e o servicio peor valorado e o de urbanismo, seguido moi de lexos por a Secretaria. Non estaría de máis que ti tamen votases.
7 comentarios:
Na miña humilde opinión esta votación de depuración de culpas e responsabilidades e un tanto superficial e non desgrana os verdadeiros problemas. Existe un equipo de goberno que xa leva catro anos, é o que xestiona, coordina os distintos servizos e se cometesen irregularidades ou simplemente mal funcionamento dos mesmos a culpa na súa maior parte recaería na persoa física do alcalde e os seus concelleiros. Eles son os que teñen que responder á cidadanía no cumplimento dos seus deberes. Os empregados, funcionariado,... só se ocupan das tareas que lles ven encomendando.
As veces pagan xustos por pecadores.
Hai moito pecador e pouco xusto nesa casa, os politicos que elixemos non son o mellor, pero e o que temos na vila, pero os funcionarios mimadriña algún e para votarlle de comer a parte, e mellor non digo nomes.
Os funcionarios/as habería que renovalos o mesmo que pasa cá corporación. Veríades que rapidiño se lles baixaban eses aires de superioridade.
Tamén habería que renovar as oposicións e menos constitución, que de nada serve, e máis clase, educación, formas, modos, comportamento, etc,.
moi ben por este ultimo comentario parece que hai xente con sentido no pobo. Algun funcioanrio vai por ahi coma o rei do manbo creese o mais listo da comarca e o mais burro do pais. o problema que tarde ou temprano vai meter ben a pata e lle costará uns cantos millons o concello, a nos, pos paganini, os ciudadans, e él, atontado quedara, pero dos seus bolsillos non vai sair un duro.
Unha curiosidade quen lle deu a licencia para obras na sua casa o que mira as licencias? por que os da oposición non traballan un pouco e miran ese tema?
Os da oposición todavía están repoñéndose das enchentas post pseudomitin da pasada campaña.
Agora non teñen excusa para facerse escoitar pero dame que quedou en nada a cousa ata dentro de 4 anos.
A peñiña e ter que estar outros catro anos aguantando a Fernandiño o técnico, e unha peniña que despois de tanto tempo no concello non fixera a carreira de arquitecto ou ben nos valia a de aparexador, outro galo cantaria no noso urbanismo. Pero nunca e tarde debemos animalo a que estudie arquitectura porque seguriño que saber sabe mais cun catedratico.
Publicar un comentario