3 jul 2007

Cariño cuestión xeoloxica

Expertos de toda España daranse cita na vila de Cariño para explicar a xeoloxía da zona. O encontro desenvolverase no municipio os días 23 e 24 deste mes. As xornadas reunirán a expertos de toda España, entre eles, investigadores das universidades da Coruña, Oviedo e a Complutense de Madrid. O primeiro día, os expertos asistentes impartirán varias conferencias e participarán en mesas redondas co fin de aproximarnos as características da xeoloxía do municipio cariñés. A segunda xornada, desenvolverase ao aire libre. As persoas que se inscriban no encontro terán a posibilidade de recibir unha clase de ciencias nun enclave tan excepcional, como é o cabo de Ortegal.A asistencia ás xornadas é libre e gratuíta, pero teñen que inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 981 40 50 64 en horario de mañá, ou enviando un correo electrónico á dirección xornadascarino@yahoo.es . O Aguillón estará ali cunha pedra na man, a ver si os expertos a datan ben. (Foto X.M. Docal)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola a todos e perdoade se cambio un pouco de tema, quería saber cal é o programa cultural, ocio e deportivo que ten previsto o concello pra este verán se é que existe. Se procede que se profundice máis nas vindeiras festividades de Cariño e as suás parroquias así como a celebración da festa gastronómica da caldeirada e a sardiña lañada. Quen vai levar a santa....
Noraboa pola web e co traballo realizado, e tamén noraboa a quenes abandoaron o sendeiro da descalificación e o insulto, ainda que votamos en falta algunha que outra crítica constructiva con argumentos e réplicas correspondentes. Que teñades un bo verán que hai que pasalo ben, chao!