31 jul 2007

Cursiño sobre cogumelos

A Consellería do Medio Rural subvenciona a asociación de Mulleres Rurais A Caleira para a realización de un curso de Micoloxía. Teñen prioridade a hora de anotarse as socias e as suas familias, pero ainda asi vos animamos a que vos apuntedes, de feito o A Aguillón, que non e socio, vaise anotar. Pra os interesados decir que hai un límite de prazas, así que terán preferencia os primeiros en apuntarse. O curso consta de clases prácticas impartidas por biólogos, visitas o monte baixo a tutela dun inxeniero agrónomo e unha gran degustación entre todos. Vos podedes apuntar nos teléfonos da asociación: 981420440 :: 669920021. Avisamos que para apuntarse fai falta unha copia do DNI e un número de teléfono de contacto. (Foto de A Caleira)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Dende a caleira, gracias -ou como se di ahora- grazas pola publicidade.Esa foto foi sacada cando chegamos ó monte...había que vernos despois dunha molleira que nos pillóu que ata as vacas se abrigaron.Avisamos que para apuntarse fai falta unha copia do DNI e un número de teléfono de contacto.Unha aperta.

Anónimo dijo...

Dende O Aguillón gracias A Caleira por facer cousas e mover a xente, asi se fai Cariño. Unha aperta.

Anónimo dijo...

De novo graciñas. A Caleira leva tempo tentando facer das setas-cogumelos unha especie de aproveitamento razoable do monte. Antes, como ían para lonxe, pedían que levaran a raíz con terra (micelio), e logo de ahí xa non nacían outras.viñeron a explicarnos como era ese tema, e pouco a pouco vamos aprendendo.Como vedes nas fotos, as rapazas van con cestos, polas esporas que sementan para outros exemplares.Tamén miramos de sementalas, porque non solo se fai cos champiñóns, pero facía falta un estudio medioambiental da zona e non se fixo.En eso insistimos tódolos anos.O Ortegal, pola sua situación xeográfica, e o primeiro sitio da península onde nacen os cogumelos.Non son un producto do que podamos vivir, pero si arreglar un poquiño as nosas maltrechas economías.E falo por mín.