
O empresario Leopoldo Yáñez Abella acaba de solicitar licenza para abrir un hotel rústico de dúas estrelas na rúa Santos, no noso municipio, na que foi a casa do seus pais e donde naceu. Esperemos que manteña a cor azul desa fachada que xa e parte da historia de Cariño. Logo de recibir esta solicitude, agora se abre un período de información pública de vinte días naturais para que aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se quere pór en marcha, poidan realizar as observacións pertinentes. Así saíu publicado o pasado venres no Boletín Oficial dá Provincia. Parécenos unha gran idea, e dende Os Aguillóns damoslle a noraboa a Leopoldo un home que quere a Cariño.
12 comentarios:
ESPEREMOS QUE O AYUNTAMENTO OU MAÍS VEN O "ARQUITECTO MUNICIPAL"NO POÑA PROBLEMAS NIN EMPEDIMENTOS A HORA DA EDIFICACIÓN, PROXECTOS, ETC...
vai apañado o Leopoldo con urbanismo do concello con tanto tecnico que temos metido ahi, vamos que cando teña a licencia de apertura con esto do cambio climatico Cariño será como o sahara.
Enhoraboa Poldo, enhoraboa Cariño.
Xiao 18/06/07
Enhoraboa Poldo, enhoraboa Cariño.
Xiao 18/06/07
Ben por Poldo, pero temome que o van desesperar no proxecto empresarial, primeiro o Concello, que lle pondrán mil problemas dende a salida de gases hasta a cor das tellas, despois a xunta ca licencia de apertura ¿hotel? ¿hostal? ¿pensión? asi que o meu consello e que se arme de paciencienca e empece a pensar que ten que soltar moitos cartos antes de ver algo feito.
Eu tamén lle desexo moita sorte .E felicitalo pola filla tan atenta, sensible e bonita que ten.Claro que con esa nai...Hay que facer que Cariño despegue e penso que os máis indicados somos os de aquí.
Moita sorte a Poldo, cos seus proxectos. E esa a mentalidade que se necesita. Os nosos mandatarios tamén teñen que facer os deberes coa promoción e apoio do noso pobo a nivel turístico. Recursos, gañas e ilusión por facer as cousas ben hai de sobra. Colaboracionismo, despois a esixencia e responsabilidade.
Onde lle van a facer o aparcadoiro a ese hotel? .Aguillón ,que queres dicir con iso de que un home que quere a Cariño,que fixo por Cariño?.
Si leva a bon porto o que pretende, xa o está a facer ¿ non crees ?. O que fai falla e que aixa xente emprendedora ,con esas medraremos todos.Si todolos cariñenses temos que demostrar o que queremos o noso pobo con feitos, penso que non teño que utilizar os dedos dos pes, e non por eso penso que non se lle quere. O facer cousas e outra historia.
Xiao 20/06/07
¿QUE FIXO POR CARIÑO?FOI UN HOME DE MOITOS NEGOCIOS,PERO NINGUN SALEU ADIANTE ,PERO AHORA TEN SUBVENCION DE NON SEI CANTOS MILLONS
xa esta o envidioso de sempre hai que roelo
Boas.
Creo que a iniciativa que ten Leopoldo é boa, Cariño precisa de xente emprendedora e non de críticos absurdos que non aportan nada ó noso pobo. Supoño que algún non se parou a pensar que este home ten que facer un investimento enorme para levar a cabo o seu proxecto, quizais sería mellor que metera os cartos no peto e que todo quedase igual, seguro que virá alguén de fora para facer o que os de aquí non se atreven. Está claro que ten unha dificultosa andaina polos camiños da administración, ainda que espero que o noso concello saiba apreciar o que se pretende por en marcha, pois creo que é un motor importante para os nosos negocios, ¿ou a xente que se hospede só lle vai dar ganancia ó Sr. Leopoldo? Supoño que esta xente comerá, ou almorzara, ou tomará algún café, ... sexa máis ou menos algún carto quedará en Cariño e para xente de aquí.
Son eu dijo...
Onde lle van a facer o aparcadoiro a ese hotel? .Aguillón ,que queres dicir con iso de que un home que quere a Cariño,que fixo por Cariño?.
Na cuestión do aparcadoiro, paréceme que iso de non ter onde por os nosos coches é cousa do concello e non do Sr. Leopoldo, e estou dacordo que sí fai algo bon por Cariño, o por en marcha un novo negocio, non como aqueles que o único que fan e levar os cartos para fora, debe ser que o de Cariño non é bo. Deberían pararse a pensar o futuro que lle dan a nosa xuventude, igual que ós cartos, ir para fora... si señor, debemos mercar fora de Cariño, seguro que nos vai mellor.
Anónimo dijo...
¿QUE FIXO POR CARIÑO?FOI UN HOME DE MOITOS NEGOCIOS,PERO NINGUN SALEU ADIANTE ,PERO AHORA TEN SUBVENCION DE NON SEI CANTOS MILLONS
Quizais as subvencións deberían ir para un ricachón que elude impostos e non declara as ganancias que ten e non para quen o precisa, si señor esta mentalidade gústame a rabiar.
O mellor tivo moitos negocios, descoñezco o asunto, o mellor non lle foi ben con eles, o mellor ti es dos que van mercar fora e así aseguras o decaimento do noso porvir, o mellor ... OXALÁ LLE DEAN MOITÍSIMOS MILLÓNS PARA LEVAR A BO FIN O SEU PROXECTO.
NORABOA LEOPOLDO E MOITÍSIMA SORTE
Publicar un comentario