
Algúns dos proxectos estrela que promoven os socialistas para os próximos catro anos pasan pola habilitación dun polígono industrial, "é inminente o inicio das obras", que estará listo dentro dun ano e medio. "Son 140.000 metros cadrados, ademais atópase situado a menos dun quilómetro do porto, polo que a localización é inmellorable". Tamén considera que "é moi importante" dotar ao centro urbano dunha estación depuradora, "a obra xa está adxudicada e empezaron os traballos"; e crear unha vía de comunicación alternativa entre a península do Ortegal e a estrada da costa. Así mesmo, avoga por unha ampliación dos encoros, "para estar preparados no caso de que falte a auga, que co cambio climático nunca se sabe".
5 comentarios:
E pá cando unha nova estrada?e eliminar algunhas curvas sin xeito?
Despois de "catro anos de intensas xestións", agora é "inminente inicio das obras".
¿De que trataron esas "xestións"?
Xa se acabaron as eleccións.
Imaxinemos que o creemos todo... ¿Alguen pensa que só chega con habilita-los terreos? botade unha ollada pra o polígono industrial da vila. Na miña opinión, non chega co esforzo dunha administración local, tense que fomentar convenios de colaboración entre os distintos concellos da comarca na xestión deses solos, establecemento de un prezo de coste, establecemento de redes de infraextructuras propias, etc... Igual estou meténdome en terreo que non me compete, pero pra iso estan os entendidos, que nos boten eles algo de luz nestes temas tan vitais pra o noso futuro. Hala! a facer os deberes...
Ti o dixeche. Feito o polígono non veñen a empresas coma tolas. Para mostra o polígono do noso concello veciño que leva 5 ou 6 anos morto de risa sen estar ocupada nin a primeira parcela e iso que según moitos pixines Antonio Campo racha a pana aínda que parece que neste campo, Campo non é quen.
Non teño a menor dúbida de que o polígono fai moita falta xa que é un impulsor do emprego. O que xa non teño tan claro e que cada pobo, teña o seu propio.Estamos na dinámica"bum" e como xa dixo o que escribe arriba, a este paso vamos a ter moitos pero valeiros.Eu apostaría por acordos cos conellos veciños e facer un bó compartindo as instalación.
Non estou dacordo coa ubicación, penso que non e a mais axeitada:
1.- Por ser pouco futurista ¿ ou e que o pobo xa non vai medrar?
2.- Dende logo que esta preto do peirao pero, ¿cantos dos productos xerados no polígono terán saida por mar?
Penso que a zoa axeitada ven podía ser Feas:
1.- Por estar mais cerca da estrada principal.A posta en función dunha boa estrada dende Feas a Mera sería menos dificultosa.
2.- Non impediría a propia expansión do pobo nun futuro.
A depuradora e un ben imprescindible pero ¡¡¡ ollo !!! ten que funcionar, e sei po lo que o digo.
As comunicacións e o pilar do desenrolo, sen elas, xa podemos facer todolos polígonos que quexamos que ninguha empresa se achegará a nosa terra.
Dos encoros non falo. Xiao 20/06/07
O de que vai faltar a auga é certo, non sei se este ano pero dende logo si no futuro. Cariño parece unha viñeta de Forges, todo cheo de gruas e obras. Lóxicamente, cantas máis casas, máis consumo doméstico de auga. Estamos sendo invadid@s polo cemento e mesmo se están tirando casas antigas e bonitas para construír edificios de pisos. Non sei que pode facer o concello, pero oxalá se lle ocorra o xeito de parar esta tendencia tipo San Xenxo antes de que sexa tarde.
Publicar un comentario