5 jun 2007

Os fumes que podrian chegarnos

A ubicación dunha fábrica de pasta de celulosa en As Pontes é unha posibilidade cada vez mais preto de ser un feito. As consellerías dependentes do PSOE (Traballo, Economía e Medio Ambiente) manifestaron reiteradamente o seu apoio incondicional á proposta, e o goberno municipal do BNG defende a idoneidade desta situación en base á proximidade de fontes enerxéticas (ENDESA) , de materia prima (eucalipto), de dous embalses que abastecerían as inxentes necesidades de auga da pranta e das inmellorables comunicacións da comarca. Agora din que a planta pasteira de Ence conta cun informe encargado pola Consellería de Medio Ambiente que desaconsella a súa ubicación en As Pontes. O informe admite que o delicado ecosistema do río Eume se vería afectado polos vertidos da fábrica celulosa, particularmente a reserva natural das fragas do Eume, e isto faría necesario levar os vertidos a través dun emisario ata a ría de Ares cun percorrido duns trinta kilómetros, o cal suporía un incremento dos costos demasiado elevado. O informe nembargantes salienta algúns factores a favor da planta como a proximidade de fontes enerxéticas e abastecemento de auga nos encoros do Eume así como a posibilidade de ubicala no mesmo recinto que a planta eléctrica de Endesa, que minimizaría o impacto ambiental ao quedar practicamente absorbida nun único complexo e sen apenas distinguila do actual conxunto industrial. Pero o realmente chamativo do informe é considerar entre as vantaxes da ubicación de As Pontes a previsible falta de oposición veciñal debida a unha maior tolerancia da poboación ás molestias que produciría Ence, especialmente os malos olores, como consecuencia, segundo o informe da costume de convivir con outras instalacións industriais molestas. De feito foi o factor de oposición veciñal o que fixo descartar outra das ubicacións tamén evaluadas, San Sadurniño, onde a planta industrial produciría un maior recelo e prexudicaría ao turismo de natureza que se ven desenvolvendo nesta localidade. ¿O fume ti para donde crees que veria?

34 comentarios:

Anónimo dijo...

SI OOOHH! E DE PASO A PLANTA DE GAS DE MUGARDOS E MONTAMOS UNHA REFINERIA EN SISMUNDI!!!!! Volvemos a cultivar os longeiróns pra que saian de cor azul turquesa. Pasamos do abandonismo a se-lo vertedoiro das rias altas.

Anónimo dijo...

Non vos preocupedes que entre o Tarolo e Armada estamos a salvo, e se compre ven tamen o barbas que tiña o Armada cando o de Somozas.

Anónimo dijo...

Manolo, o noso próximo alcalde, fará a rexeita a un hipotético proxecto en Cariño. Está comprometido con todos nós e co medio ambiente.

Anónimo dijo...

Non así Armada, que só o está ca súa conta corrente.

Anónimo dijo...

O día 16, terá lugar as votacións pra investir o novo alcalde, por parte dos concelleiros.
¿Porqué Manolo Varela é o mellor nestes momentos para a alcaldía?:

- Para eliminación da bipolaridade belixerante e o sectarismo. Iniciando un governo dialogante e cohesionado.
-Para governar con todos e para toda a cidadanía. Manolo demostrou sempre un total compromiso e unha dedicación constante ao cidadán dende sempre.
-Para centrarse nas necesidades da xente, sen ningunha outra ambición. E con un talante máis de cercanía e servizo ao cidadán, sen ter delirios de grandeza. E poñer fin o totalitarismo.
-Oportunidade de facer posible outra forma de facelas cousas, e que os cariñeses e cariñesas tomen partido por igual no seu governo.

Por todo iso merece se-lo noso alcalde.
Esta é a receita do éxito para ós vindeiros catro anos.

Anónimo dijo...

Esta é a oportunidade de Manolo. Varela, NON HA DEIXES ESCAPAR!!!!
E que nos temoslle moito cariño xa que case o consideramos coma un dos nosos... quen non oiu falar nunca do famoso portazo no piso de Tomé, porque non quería un papel secundario na lista de Tallón do 95. Manoliño sempre che foi unha persoa de altos vós. VIVA MANOLO!!! nº1!!

Anónimo dijo...

Non lle vamos devolver nada a Cofraría, é máis se podemos levaremos o seu edificio. VIVA O ARTAL!!!!!

Anónimo dijo...

O PP facendolle as "beiras" ao Bloque. Un filme de terror ou de ciencia ficción? Agardemos que se impoña a coherencia.

Anónimo dijo...

A coherencia que é? Armada facendo residencias de ancians a carón da polucionada fábrica(A Zona Cero)¿onde estás Manolo?, ou Armada ofrecendolle as velliñas da Pedra os millóns pra repara-la igrexa? Xa dicia o señor cura "podedes ir na paz do señor, ah ao carón da porta tende-las papeletas" e dixeron todas "Amen". E outros cortando a madeira, e deixandoa apodrecer...
A peli sera coma ás de "Scary movie", é dicir unha parodia das películas de terror e as de ciencia ficción.
VIVA A COHERENCIA PROGRESISTA!!!!!!

Anónimo dijo...

A clara victoria do PSOE sobre o BNG en As Pontes fai posible que ese proxecto se realice, mal que vos pese os do Ortegal.

Anónimo dijo...

As Pontes:

PSOE... 8

BNG ... 8

PP ... 1

A clara victoria do PSOE sobre o BNG...Anda xa!!!

Anónimo dijo...

O TAROLO non merece ser outra cousa que concelleiro...Así o dixo o povo.. En Cariño non chegou a 300 votos, en outros sitios mandalle dimitir o partido con semellantes apoios..Unha vergoña, quedou demostrado que non o queren...E así e todo algúns quereno facer alcalde...O seu sitio é a oposición..Como 1º tenente de alcalde xa vimos o que fixo, leer nos plenos e decir amén a todo, o seu compañeiro nin se enterou de nada, con tal de joder o PP xa está contento...Que goberne Armada como gobernou en solitario e pra temas como os presupostos que busque axudas nos demáis grupos xa que en obras o apollo do PP teno sempre asegurado...

Anónimo dijo...

YouTube. la hora de federico es interesante para los Zerolos y Tarolos do noso povo...Case son sinónimos.. hai que foderse.

Anónimo dijo...

TEATRO, LO TUYO ZETAPÉ ES PURO TEATRO.

Igual que en un escenario
finges tu dolor barato
tu pazzzzz era algo precario
tu talante el de un falsario.

Fingiendo, qué bien te queda el papel
después de todo parece
que ésa es tu forma de ser.

Yo confiaba escasamente
en la fuerza de tus paZtos,
pero mentir a la gente
al PSOE ha avergonzado.

Teatro, lo tuyo es puro teatro,
falsedad bien ensayada
estudiado simulacro,
Fue tu mejor actuación
fingir en televisión
y hoy que te responde ETA
repites tu simulacro
perdona que no te crea
me parece que es teatro.

(Y la nueva tregua-trampa, amiguitos,
¿también es parte del pazto?.)

Anónimo dijo...

Pero cómo va a ser responsable ZP, se non sabe nin en que dia se atopa. A culpa témola todos "nós", que depositamo-la confianza neste desastroso e lamentable gobernante que non e capaz nin de gobernarse él mesmo. Non entendo coma nos venderon coma parvos, e increible o estado de sedación que está sometida a poboación, a falta de reacción ante tal política inprudente, nefasta, temeraria e neglixente. Poñendo de xeonllos a todo un estado, xuices, forzas e corpos do estado e menosprezando e ninguneando a voz das víctimas do terrorismo. Despertou Zapatero do seu sono, non sabia que era un pesadelo.
ETA estaba arrincanada, ferida de morte. Agora, gracias ao príncipe da paz ten máis forza ca nunca. Devolveuna ás institucións democráticas, nos vindeiros 4 anos terá recaudados máis de mil millóns de pesetas, rearmouse con munición, pistolas e explosivos. Volveron as ondas de extorsión aos empresarios...
¿Que facemos agora, pacificador de pacotilla?
ELECCIÓNS ANTICIPADAS XA!!!!!
Xa é a hora que poidamos pedir explicacións dunha vez por todas.

Anónimo dijo...

Despois de ler unha e otra vez canta arroutada hai aquí en forma de comentarios, este post non hai por onde pillalo.
Preocupavos o fume, non me fagades rir. Máis fume do que solta día e noite As Pontes non o solta naide. Xunto con Meirama e un dos principales focos de contaminación de Europa. E o fume é o de menos o peor son a cantidade de merdas que anda por ahí volatilizadas.
Mais recente e non menos perigoso e a pranta de residuos perigosos de Somozas. Alí hai de todo, atá toneladas de chapapote do Prestige que no seu día o irmán de Antonio Campo ia usar para facer ladrillos. Quedou en nada e a chupar axudas de D. Manuel Fraga e os seus secuaces.
Un dato a ter en conta e que en Somozas nacen os rios Mera, Xubia,... o rio Mera desemboca nos nosos fuciños e as súas augas misturanse cas augas nas que nos bañamos nas nosas praias.
Agora que cadaquen se preocupe de investigar que cantidades e cantos tipos de metales pesados baixan polo rio Mera.
Estas cousas cando empezan todo está ben, o problema e cando se ven desbordados, porque reciben merda de toda España, veremos como acaba o conto.
Apenas 10 postos de traballo, ou incluso menos, non xustifican estar xuntando puntos para ter unha colonia de cánceres e enfermidades peores o día de mañán.

Anónimo dijo...

10 postos de traballo... ai! mi madriña! vaime ir mal. ¿pero ti saberas algo do que estas a dicir? ¿Ti sabes os empregos directos e indirectos que xeneraron esas empresas?
Que vamos, volver ás patacas?
Que historias andas a contar? Sempre encontrades os mesmos culpables?
Que propós? Cerrar todo e andar de ermitaños ou de vagabundos?
Acaso non xerou un impacto criminal os lumes incontrolados de toda galicia que desde o verán?.
Donde está a CIG? En Palestina?, en Irak?, por que en Mugardos non estaban, nin se sabía nada deles cando todo ardía, U-los?
Hasta se opuxeron a construcción dos aeroxeneradores bandeira do desenvolvemento sostible, porque estresaba as vacas...
En fin...

Anónimo dijo...

Sabes ti...de algo? Deixa de escoitar a COPE e informate ben, ignorante. Só sabedes manipular, mentir ou contar as cousas a medias. Pon algún dos temas dos que acabas de falar enrriba da mesa e os debatimos cando queiras, e de paso douce un repasiño que falta che fai.

Anónimo dijo...

1º fala con respeto.
2º debes de ser dunha raza superior para ir ofrecendo "repasos". Non me fagas rir.
3º Vexo que ti tamen te informas, é decir, escoitala COPE.
4º Tamén noto que as cuestións chegaronche ao fondo, meu pobre!
5º Os temas xa están postos, comeza cando queriras, non uses hemerotecas, enciclopedias ou bibliografías iso é ir con ventaxas. Eu só son un humilde cidadán que se interesa polo mundo.
Ah! Pa intoxicar xa esta o goberno, PRISA, sogecable,.....

Anónimo dijo...

Iste bobo,ten o nome xusto non di mais que bobadas e capaz de dicir que cree en Dios ,e por derriba o mellor vai a misa ,asi son ístes votantes do Maricu,radicales,agora que xa voltan as bombashh os eshhhpañoleshhh do pp estan a fregarshhhe as manshhh pois eso e o que desexaban os do pp ,bombashhhh e mortos ,xa hay tempiño que o viñan pedindo,¨católicos¨cheos de odio,rencor,mentira,ladrons.O teu lider da paz recorda que nos deu coma despedida do goberno 192 mortos e ao dia de oxe ninguen pideu perdón ,nin tan siquera arrepentimento.Falas por boca doutros por non ter capacidade para pensar por ti mesmo,tu sigue a escoitar a cope e sigue a dicir as burradas que dis ,pero recoméndoche que as digas na tua casa.As explicacións pidellas a Maricu que co ben que fala o mellor o entendes.Elección xa? ,iso non depende de ti solo que se asi fose apañados imos ,eres peor que os talibans .Saudos

Anónimo dijo...

A misa terías que ir ti, a confesar pola pilada de atrocidades que dis nunha web. Seguirei falando con total respeto, porque visto isto os cursos de aprendices de terroristas deben de andar subvencionados. Cada un actua como o que é, nin máis nin menos. ¿Que queres dicir con "pedindo"? Coidado co que dis, non me sexas Arnaldo.
O que se pediu, pídese e pedirase sempre e xustiza e liberdade. DIGNIDADE, dudo que os que usaron eses 192 mortos na xornada de reflexión comprendan iso, entre outras máis cousas.
Ponme argumentario enriba da mesa, non necedades. Aburrome ante os macarritas. Cando deixes a apoloxía da infamia, igual apeteceme respostarche, mentres ai quedas cas túas penas.
Unha última cousa, despois de sincerarte como agora mirate no espello, e dille o teu subconsciente que ves nel.

Anónimo dijo...

Comparto a mensaxe de BoBo ao 100%

Anónimo dijo...

Din os zetaperos aos do PP de pedir perdón polo 11M, ELES!!!!
¿Como se chama esa enfermidade, cangrena mental?
Acábaseme de baixa-la tensión...

Anónimo dijo...

A verdade e que é un logro facer creer o que nin Rubalcaba se cree. ISO E MOITO DICIR DE DIOS!!!!

Anónimo dijo...

Vexo con asombro que se toma moi a lixeira o tema da planta de Somozas.
Falades de 10 postos de traballo sen embargo na web do Ministerio de Medio Ambiente non chegan a esa cantidade.

* Datos obtidos da web do Ministerio de Medio Ambiente:

Centro de Tratamiento de Residuos Industriales de Galicia

Informe detallado
Nombre del complejo Centro de Tratamiento de Residuos Industriales de Galicia
Empresa Matriz SOGARISA
Dirección POLIGONO INDUSTRIAL As Somozas
Código postal E - 15565
Provincia Coruña (La)
Población SOMOZAS
Sistema de coordenadas Geográficas WGS84
Longitud -7.947705
Latitud 43.531399
CNAE 9000
Actividad principal Gestión de Residuos Industriales
Organismos reguladores 0
Número de instalaciones 0
Número de horas trabajo año 0
Número de empleados 0

Anónimo dijo...

A IO FLIPO...Tes a mesma empanada mental que o TAROLO e Armada, os bicéfalos que tedes en Cariño...Conta a cantidade de persoas de Cariño que traballan nas Somozas, entón si que vas "flipar"...Non todo o mundo é funcionario...

Anónimo dijo...

Estou acojonao, Aguillón, canto iluminado haiche nestes comentarios progresistas. Eles, que van cambialo mundo en catro días e votándolle a culpa de todolos males do mundo, do país e da comarca... aos seus inimigos, mais ben ex- da política. Canta peniña, e canta empanadiña.
Por suposto non se pode facer ningunha discrepancia, porque empezan a inundala blog de insultos e catalogando a xente según lles convén. Ata ofrecennos "repasos", (e eu sen a tarxeta VISA).
Facede o favor de seguilo exemplo de ZP, que agora pónse a facer as cousas,pedir unión e a ofrecer dialogo coa oposición. Non fagades coma no chiste, que circulaba un pola autopista e dixo que canta xentiña viña en dirección contraria, será posible. Así non é, meus reis. Debate limpo. Respetade ás persoas e a súa intelixencia.

Anónimo dijo...

para o anómino.... que nos oferta unha mensaxe chopin chopan de malas formas, a educación brilla pola súa ausencia e notase dabondo unha adoración e sumisión caciquil a persoeiros como Candocia, Campo,... Tallón todavía non foi quen de subir a eses niveles.
Personas de Cariño traballanado en Somozas non son tantas e realmente no traballan para empresas de Somozas. Traballan para ETT's que prestan os seus servizos a empresas asentadas en Somozas.
Isto quere dicir que non teñen pagas extras, nin vacacións,,... eso si, teñen traballo. Pero porque traballan arreo ata as fines de semana, non pola súa cara bonita. E pobre de quen pille unha baixa.
Quenes son os que traballan en Somozas sabemolo todos. Van nun so coche a maioría agás 2 o 3 que van por libre.
Descoñezo se Aurora Vila Altesor, ex concelleira de cultura durante o derradeiro goberno de Tallón ten contrato ou tamén é ETT. O mesmo o ten, a saber...
O dito anónimo dijo... quita a venda dos ollos e deixa o lado o Tarolo e a Armada que a min polo menos non me dan de comer. Tampouco me quitan.
A ignorancia é atrevida.
Case me sobran dedos para contar a xente de Cariño que traballa en Fiberblade. O dito. Eu sei ben quenes son, non enganes a naide.
Por certo, eu tampouco son funcionario e quen ten a sorte de ser funcionario, pois que lla reparta o corpo.
O acceso as oposións e libre. Para ser subalterno non piden moito. Anímate. Non é mal choio ser bedel do instituto de Cariño, p.ex.

Anónimo dijo...

¿QUEN VAI SER ALCALDE EN CARIÑO?

Anónimo dijo...

¿VAI CHOVER O DÍA DO CARMEN?

Anónimo dijo...

O TAROLO QUE NON TIVO NIN 300 VOTOS EN CARIÑO

Anónimo dijo...

Faite mirar. Según datos oficiais tivo 493 votos o BNG no Concello de Cariño

Anónimo dijo...

Buenooooo,como pa botar fogos.

Anónimo dijo...

Ou xogamos todos, ou rompemola baralla! Non vai haber pactos. Acabouse o totalitarismo.