4 jun 2007

A Danza de Arcos

A Danza de Arcos, o noso maior patrimonio histórico-cultural, leva xa moitos anos nunha situación preocupante pola incompetencia e pasotismo da Confraría (Sr. Fachal) e a deixadez do Concello (Sr. Armada). Tiveron que ser uns rapaces sen experiencia os que tomaran as rendas perante a inoperancia e a falla de iniciativa do povo en xeral. Estes, na súa grande maioría, son mozos que están a estudar fora da vila (universitarios ou non, heche o mesmo). Aprenderonlle a bailar aos cativos novos e fixeron arcos para os "traballadores" do povo, mentres estes ficaban no bar tomando os chiquitos. Porén, a pesares de sacar as actuacións como malamente poideron, moita xente adicouse a criticalos e a enfatizar o "noxo que da a danza hoxe en día". (Texto do Subcomandante Cabarcos con foto de J.M.Docal)

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que recoñecer que os rapaces estan a traballar na recuperación da danza, teñen todo o merito do mundo si por eles non é, en menos de 10 anos temos que ver a danza de arcos no video do Aguillón. feliciades a todos polo bon traballo e gracias por mater as nosa cultura viva. Gracias a mocidades comprometida de Cariño.

Anónimo dijo...

Subcomandante Cabarcos:

Lle invito a que se informe antes de decir as cousas.

A Danza de Arcos ten o seu local social no edificio da Confraría, ó igual que outras moitas asociacións culturais.

Tambén a Confraría fixose cargo do aboamento das bandas impresas que levan os rapaces e as rapazas da Danza de Arcos, e presta a sua axuda para a compra de papeis para adornalos arcos, etc...
¨
Se ben e certo que a Danza de Arcos actúa nas festas do Carme de xeito gratuíto, pero esa Entidade dende hai anos ofrécelles despois da actuación e para agradecerlles a sua colaboración coa entidade unhos pinchiños e unhos refrescos para que os nosos rapaces e rapazas repoñan forzas.

Eu nunca oin o termo dan noxo.

Ó meu parecer fanno moi ben. Grazas a todolos membros da Danza de Arcos por seguir adiante con unha das nosas tradicións mais antigas.

Anónimo dijo...

A Danza de Arcos é ó que é grazas a Confraría de Pescadores de Cariño...Na década dos noventa , fíxose o que se tiña que facer... Senón hoxe en día nín existiría.Cada vez que algún nombre a Confraría de Pescadores "Nosa Señora do Carmen", primeiro que se informe e despois que faga gárgaras pra falar dela...Os fala o socio nº 1 e do honor da Danza de Arcos...Noxo dan os demáis non vosoutros...A Danza de Arcos da Confraría morrerá se os que bailan non se repoñen...Si se dedican sóo a bailar hip-hop...Non vos olvidedes que a Danza de Arcos é como unha marca rexistrada...Naide se pode apoderar dela sen permiso da Confraría de Pescadores de Cariño " Nosa Señora do Carmen"...Axudas ten e terá.. O que ela queira e necesite...

Anónimo dijo...

Non me fagades rir!Coidades que por unhas bandas e uns pinchos a Confraria xa cumpliu?Precísase dunha restructuración urxente, cunha nova xunta direitiva que organice a asociación con xeito e que consigua actuacións máis aló dos limites do noso Concello, porque aparte de poñer o nome de Cariño polo mundo adiante conseguiriamos que os nosos rapaces viaxaran e medraran nun ambiente axeitado:cultural e (por que non?)deportivo. Fai falla un mestre e un horario de ensaios xeralizado, só así pódese conseguir a implicación nunha actividade e non protagonizar espectaculos lamentabeis como os que teñen acontecido en moitas ocasións e que fraco favor lle fan ás institucións e ao nome da vila en xeral(como que vaian a bailar a Narón 10 PERSOAS). Isto é o que non fixo e non fai a Confraría, por moito que lles amole a algúns asumir as culpas ou se gaben de ser socios de honra, iso si, socios dende o sofa da casa ou dende a barra do bar, porque non creo que apareceran nunca por ese local pra botar unha man. Estas son tamén as credenciais dos últimos candidatos do PP á alcaldia do Concello de Cariño. Non voltedes a teima da mocidade, das botelladas ou do hip-hop porque, analisando os feitos, hai que darlle a razón ao individuo do último comentario:"A danza de arcos é o que é grazas a Confraría de Pescadores". Todo isto é tamén un claro exemplo da iniciativa e da participación activa da nosa mocidade nas actividades culturais da vila, a pesares das trabas que se lle impoñen. Mais nada.

Anónimo dijo...

Cabarcos eres un artista sabes de todo y entiendes de todo ¿de verdad

Anónimo dijo...

Cabarcos eres un artista sabes de todo y entiendes de todo ¿de verdad

Anónimo dijo...

E que fun a academia de Tallón.

Anónimo dijo...

Escribirei logo unhas palabriñas, ainda que non teña ningun titulo de oficial.
Hai que deixar de eses malos costumes que se gasta vostede.
Primeiro en xeneralizar, "os do PP", "a dereita española",...
Segundo,temporalizando os feitos(agás se é un oportunista), nas institucións que ven vostede nomeando, ten a súa historia e ven cos mesmos problemas dende décadas, paralelamente.
E por último, non vaia poñendo "etiquetas" a xente, porque seguro que vostede non é un santo, verdade, ainda que sexa todo un oficial. Que oficial bolchevique non ten un amor confeso á bebida? Opulencia ao servicio do pobo, bueno, iso din...
Vostede, non é un estudioso de sofá, xa se nota. Pero os veciños tan pouco van ser activistas do movemento, espero que non nos obriguen... Ainda que agora disque cas "Galego-escolas" e a "Educación para a cidadanía", nos queren reconducir contra a "opresión"....(suspiro)
En fin, as opinions sempre son interesantes e respetables pero non me identifico cos estereotipos que vostede ofrece a colectivos moi amplos.
Perdoe o meu galego sen depurar. As faltas de ortografía son por pereza a maior parte.
Non sabía que Tallón tiña unha academia militar bolivariana. U-la?

Anónimo dijo...

La mar mi coma si entendo nada do que fala esta xente.A Danza de Arcos ten que ter o frente persoas que se preocupen dela, os rapaces non teñen culpa de nada.Os que sepan algo de o baile propio da Danza de Arcos debían de dar un paso adiante, xuntarse, e as institucions a apoialos.Cando Dorila estaba o frente tiña socios con carnet e que cotizaban, con Jorge o mesmo, ¿que está pasando?. A Danza de Arcos ten estatutos propios, por tanto o que necesita e xente que sepa e a atenda, e menos falar e lanzar balóns fora, terminaredes votandolle a culpa o cura.

Anónimo dijo...

Sr Anonimo(eu non podo facer brincadeiras co seu alcume), práceme respostarlle dicindo que gosto de beber os meus viños(o vodka non me presta moito)e que ao mesmo tempo síntome orgulloso de ter participado en varias iniciativas culturais e deportivas nesta vila. Por outra parte, coido que estou no meu dereito de facer crítica constructiva(tamen vai por min)sobre a situación social e política da miña vila, a cal, na miña humilde opinión, está caracterizada pola pasividade e o pasotismo xeral. Non se preocupe polo seu galego, o importante e que o empregue normalmente e dun xeito natural. Por certo, ese é o obxectivo das galescolas(non adoutrinar como deixa entrever vostede). Trátanse tamén de meios para derribar balados en eidos reservados exclusivamente ao castelán, é dicer, eidos onde se emprega unha expresión técnica da linguaxe, como a administración de xustiza, a sanidade ou mesmo en foros de debate. Eu optei por escreber no meu idioma, na procura de facelo correctamente. Outros pulan por que o galego fique en eidos menos peligrosos para a hexemonia do idioma verdadeiramente imposto, e por iso adícanse a facer demagoxia e aldraxan o xeito de escreber dos demáis. Agradecería, por respecto, que isto non voltara a acontecer. No resto, reafírmome no dito até o de agora. Os meus parabéns pola súa dialéctica "retranqueira", magoa que a empregara unicamente como "arma arroxadiza" e non lle servira para dar a súa opinión das cuestións prantexadas...en fin(suspiro)na liña dos "estereotipos"(non tan amplos afortunadamente) que tanto emprego, segundo vostede. Comprobará que asino con outro alcume, mais que nada pola reparo que lle supón falar co estamento militar(cousa rara)

Anónimo dijo...

Mirade por onde, todos pensando que Juan Fachal non fixo, nin fai nada na Cofradía e agora resulta que se fai cargo do importe das bandas impresas da danza de arcos. Hai que recoñecer que é un jasto manifiesto, maís si cabe tendo en conta o precario estado do pósito por xentileza do Concello que os arruinou "en vez de echar una mano". Declarau Fachal a La Voz de Galicia.

Pois saelle ben barato o baile á Cofradía nas festas do Carme. Pagan as bandas impresas e ó remate lles poñen unhos pinchos e unhos refrescos ós rapaces e ala... ata ó próximo. Así da gusto.

E ollo que non culpo a Fachal do estado no que se atopa a danza de arcos, pero de ahí a dicir que se está e gracias a él. Apaga e vámonos.