23 jun. 2007

Os ataques dos xabaris

Os xabaris estanse cebando coas leiras de cultivo das comarcas de Ferrolterra e Ortegal. Fai unhas semanas daba a voz de alarma unha explotación de Moeche, logo outras no Ortegal, e agora tócalles a quenda aos agricultores de Valdoviño. En Cariño son moitos os propietarios de terreos que quedáronse sen as súas colleitas de millo e patacas polos constantes ataques. Os donos das leiras levan dende o final do inverno soportando as visitas dos xabaris, que non pararon nin no periodo electoral. Isto provocou que moitos perdan a práctica totalidade das súas colleitas de patacas e millo, asi como o destrozo de cercados, e outros sembrados, sen que ninguen faga nada, teñen dereito a indennización os que cotizan o REA, os demais o unico dereito que teñen e mirar pra leira, e non comer patacas este ano.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero non autorizaron xa abatidas de caza no ortegal? Penso que o lin fai duas semanas na Voz de Galicia. A verdade é que os animais estanse a acostumar a comer dos cultivos. Os especialistas teñen que tomar as decisións máis prudentes, as perdas son cuantiosas, hai que ter sensatez non exterminar os porcos, sería mellor alonxalos dos núcleos de poboación nun hábitat mais axeitado.

Anónimo dijo...

Esto pasa en todas partes ayer por la mañana tres jabalíes se pasearon por el centro de Vigo. LLegaron hasta la puerta de El Corte Inglés no se si querian comprar algo y, posteriormente, en el entorno del puerto. En su huida, uno de los animales se cayó al mar y fue capturado a tiros por la Policía Local.