22 jun 2007

Ortigueira 2007

Unha variada oferta autóctona, xunto coa selección de valores establecidos e promesas europeas é a mistura escollida pola organización para a edición 2007 do Festival Celta de Ortigueira, que se celebrará dende o xoves 5 ao domingo 8 do próximo mes de xullo. O festival, que foi presentado onte na Fnac coruñesa, terá un cartel encabezado polo cuarteto británico-irlandés «Flook», o «trikitilari» basco Kepa Junkera e Mercedes Peón. Pepe Vaamonde Grupo; a Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia); Zarambeques; Daniel Bellón, Diego Maceiras e Álex Blanco (Galicia); e Milladoiro completan a oferta galega do evento, que segundo o director artístico Francisco Rivera «quere amosar o excelente momento de forma do folk feito aquí». Eric Rigler e Bad Haggis (Escocia e EE.UU.); Kroke (Polonia); a banda «Bagad Kemper» (Bretaña); Dervish (Irlanda); e a formación «Scottish Power Pipe Band», que estará acompañada por Finlay MacDonald (Escocia), forman parte da representación foránea. Os cinco finalistas do Proxecto Runas 2007 abrirán o festival, que ofrecerá tamén espectáculos de danza, recitais, exposicións, pasarrúas, obradoiros e ata un festival internacional de curtametraxes. Programa

No hay comentarios: