1 jun 2007

Fachal confesouse na Voz

Fachal recoñece na Voz de Galicia que, nas eleccións municipais, facía fronte a un reto bastante complicado, o de substituír a Fernando Tallón como cabeza de lista do PP. "O candidato a suplir era un candidato forte, de todas as maneiras a valoración dos resultados é, sen dúbida, positiva", asegurou na edición de ferrolterra da Voz. O conseguir catro concelleiros, quedarse a 42 votos de empatar co PSOE, e subir porcentualmente en relación o 2003, nos comicios é, para Fachal, un éxito. Aínda así, explicou: "é moi importante manterse, e iso é o que logramos. Ademais, son moi bos resultados se temos en conta que só tivemos dous meses para facer a candidatura e preparar o programa". Outra das novidades que experimentará o PP en Cariño será a formación do comité local. "Cremos que é unha avance importante para a consolidación do partido". Aproveitou a entrevista para deixar claro que compatibilizará o seu traballo á fronte da Confraría de Pescadores de Cariño, co seu labor como concelleiro do PP: "Quédame un ano como dirixente do depósito, así que a miña idea é seguir igual e compaxinar os dous traballos". Para as admiradoras platonicas de Fachal, que sabemos as ten, máis dunha quedouse co poster electoral na sua casa, os poñemos a foto que sae na edición da Voz de Galicia.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Esperemos que faiga unha boa oposición. Que tanto Luis coma Manolo mereceno. Por estes ultimos catro anos camparon as súas anchas, asi se portaron, que un polo outro a cociña sin barrer...

Anónimo dijo...

A verdade que cambiar un cabeza de lista que ademais foi alcalde por un desconocido ainda que sexa o Patrón maios sempre acarrea fisuras e desercions de votos, pero hai que recoñocer que o PP en Cariño é monolitico comportouse mellor que nunca, e eso e debido o traballo da candidatura. Tamén acerta Fachal o poñer en marcha a organización o nivel local, dende mais de 12 anos que non existe comite do PP en Cariño e as epocas das decisións unilaterais acabaronse, e importante facer partido e traballar. Unha recomendación que lles fago a xente nova que iba na candidatura do PP, que fagan unha oposición aberta pero non crispada, o pobo necesita de xente con sentido aunque sea na oposición. Enhoraboa Fachal.

Anónimo dijo...

Na maior parte do que dís estou dacordo,pero en doce anos o PP de Cariño funcionou de maneira distinta da que parece que queren algúns dos de agora ao frente.Pero o PP de Cariño tivo os peores resultados en doce anos, con e sin comité, tres ou catro concelleiros tenos sempre asegurados o PP de Cariño. De aí en diante é outro cantar.Por moitas voltas que lle den os TATALLOS e as TATALLADAS, ese "diamante en bruto", ese "cracka", no seu pobo na de na, a proba está que nin de número dous se atreveu a ir,vai de número 10, como é avogado é demasiado pa o seu pobo. Hoxe en día hai moito universitario neste pobo e tamén moito estúpido con coeficiente intelectual alto. Juan Fachal ánimo e adiante, pero non te trabuques os teus inimigos xa os tes dentro...

Anónimo dijo...

SMS PARA O CREADOR DA PAXINA "OS AGUILLÓNS".
Creo, e non me equivoco, cando digo que tés dentro da páxina unha serie de informacións erradas.
Gustariame que contrastaras algúns dos datos que figuran en “Enlaces de Cariño”, e que logo os puxeras, pero primeiro verifica a información. Que lle estas a dar meritos a quen posiblemente non os teña. Non quere decir que non aportara axuda pero...

Anónimo dijo...

Para o último anónimo:
Non entedemos que nos queres decir, explicate por favor. Estamos dispostos a arregar o que sexa.

Anónimo dijo...

Para amplialos enlaces desta magnifica páxina, e referente da actualidade pixina (jeje):

www.trileuco.com
www.bandasanxiaodotrebo.com
www.kaskarriapunk.tk
www.costanorteweb.tk
www.kabonorte.galeon.com

Anónimo dijo...

Tomanos nota dos enlaces e os agregamos

Anónimo dijo...

Por certo, si alguén sabe algún enlace mais de sitios o xente de Cariño que o comunique para agregalo. Si todos colaboramos podemos facer entre todos o que aqui se pretende: Un sitio de encontro "Pixin".

Anónimo dijo...

www.sanxiao.org

Anónimo dijo...

Algún deberia erguer o cú da cadeira, deixa-lo teclado e a cervexa, e ser o primeiro en dar exemplo. Eu comprendo que os universitarios desboten a ideia de meterse en "berenxenais" políticos a nível local. En primeiro lugar, porque estudan lonxe da súa vila e ao rematar a carreira non atopan ofertas de traballo nos seus concellos, e a isto hai que engadir o agravante das precarias comunicacións na nosa bisbarra, que impiden unha participación activa, non só en política, se non tamén en iniciativas culturais ou deportivas. Por outra parte, e como consecuencia do anterior, estes estudantes ou ben fican a traballar nas principais areas metropolitanas do país ou, en moitisimos casos, teñen que sair a traballar fora de Galiza. Isto provoca unha práctica xeralizada na mocidade: desvencellamento das súas raices e abandono progresivo dos nucleos rurais. Asi que a política local no eido rural fica ,en moitas ocasións, en mans de caciques, ineptos e analfabetos cheos de envexa e maldade, como o individuo da terceira mensaxe que non debe ter nin o graduado escolar e aínda por riba seguro que é dos que se gaban delo. Aposto a que é o aprendiz de "Federico", que se adica a facer cortas e pegas de xornais "liberais" e que só sabe descalificar e rosmar en blogues despois de vir dos chiquitos. Xa che aviso meu, eu non vou perdelo tempo respostando mensaxes sen contido argumental. Sigo agardando unha resposta coherente á miña derradeira mensaxe, que de pé a unha debate e non a un rifar por rifar. Eu non pretendo dar leizóns a ninguén, pero recoñezo que a ti facíache falla voltar a academia de Tallón. Deixa de crispar e de converter este blogue en "Aqui hay Tomate" falando da vida persoal dos demáis, que semellas unha maruxa. Se hai alguén que pode mudar as cousas, é a mocidade en xeral. Se ademáis lle misturamos ilusión e preparación, cecais poderemos melloralas cousas no noso Concello.

Anónimo dijo...

Este subcomandante cabarcos é cando menos intelixente..."... misturamos ilusión e preparación, cecais poderemos melloralas cousas no noso concello...". Si señor, ese é o camiño...