31 may 2007

Armada convencido do pacto co BNG

42 votantes mais, de Cariño, depositaron o pasado fin de semana nas urnas a súa confianza no socialista José Luis Armada e non no popular Juan fachal. Eses 42 votos farán que Armada sega sendo alcalde co Bloque como aliado, feito que xa adelanta na Voz de Galicia o propio Armada: "Temos que esperar por sentido común, pero supoño que non haberá problemas", e prometeu: "Haberá a mesma estabilidade de goberno que houbo estes catro anos, creo que iso é o que valorou a xente, a boa xestión". O BNG non lle queda outra que calar e pactar co PSOE. Armada confía en que, ao longo deste novo mandato, póidase dar continuidade a moitos dos proxectos do municipio: "Está claro que non é o mesmo chegar novo, que renovar na alcaldía. O que queremos agora nós é terminar as nosas iniciativas e, por suposto, cumprir o que prometemos no programa electoral". Mellor que non se preocupe do programa electoral, nos dende Os Aguillóns iremoslle recordando os incumplimentos, polo seu ben, para que dentro de catro anos, ninguen diga que se olvidou.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Señor Aguillón, unha pregunta:
¿Cando te refires a "nós", "queremos", "prometemos", etc. Queres decir que o creador da páxina "OS AGUILLONS" e un/ha candidato/a socialista?

Anónimo dijo...

Os terminos os que te refires estan entrecomillados, son por tanto afirmacions de literais de Luis Armada en prensa en concreto na Voz de Galicia. O Aguillón nunca se presentou a unhas eleccións pero visto lo visto, dentro de catro anos xa veremos.jajajaja

Anónimo dijo...

Alédame ver como a dereita españolista tenta achegarse as prácticas puramente democráticas e se alonxa do seu descurso reaccionario e totalitarista: Mais, temos que dicer, que isto acontece ante a desesperación e frustración no seo do PP, provocada polos nefastos resultados nas eleizóns locais en Galiza. Os seus lideres mesetarios e nacionais, fartáronse de dicer que só governarian cando foran a lista máis votada en cada Concello. Ademáis, demonizaron aos nacionalismos e atreveronse a afirmar que todo voto que non fora ao PP, iria para os terroristas. Manipularon, mentiron, e aldraxaron ao resto de forzas políticas configurando, mais unha vez, o seu marco de illamento político. Non debemos esquecer tampouco as opinións verquidas polos seus simpatizantes neste blogue, ás que só hai que botar unha ollada para comprobar o seu fondo ideolóxico("no se como el BNG no está ilegalizao"). O PP ergueuse con dor de cabeza o luns, e sendo consciente do seu fracaso, puxo a funcionar a súa máquina demagóxica. Dito isto, hai razóns d'abondo para considerar que o posivel pacto entre BNG e PP vai alén dos limites da coherencia e o feito de tratarse de estratexias personalistas e non dunha verdadeira vontade de crear unha acción de governo estabel e comprometido, o confirma. O PP precisa dunha reformulación política urxente: desentenderse dos Zaplana, Acebes e Aznar e botar ao lixo o seu discurso pre-constitucional e sectario. O BNG non pode "deitarse" cun partido pechado en si mesmo, que lle nega a súa lexitimidade como forza política e que utiliza a "indisoluble unidad de la patria" como arma arroxadiza contra aqueles que non se cinguen aos seus intereses. Eis as razóns da inviabilidade dun pacto que sería, cando menos, incoherente na praxis política.

Anónimo dijo...

É incrible que estes separatistas mestres de filoloxía galego-portuguesa, nos den leccións de ética e moralidade políticas.
Temos que reflexionar da situación na que atravesamos na actualidade, como o chantaxismo nacionalsocialista está impoñendose, e como o espirito da transición e as voces en defensa da legalidade constitucional e o sentido común son tachadas coma ideas fascistas e opresoras.
Como queren monopolizar o pensamento da xente por medio de campañas informativas e telepropaganda barata, casposa e provocadora, usando todolos medios de comunicación posibles, comprando as cadenas e intentando silenciar as demais (non sei coma se escándalizan co peche de RTV en Venezuela, outro acto máis de hipocresía).
Estes que nos gobernan, por que nin Felipe nin case toda a antiga cúpula súa, Beiras, e moitos políticos protagonistas antano, nin comparten nin se farán nunca responsables dos estropicios que xa están facendo esta pandilla de Hooligans que perderon o norte dende fai máis de 3 anos.
Máis tarde ou máis cedo, a xente implicarase es desacreditar a estes indivuduos, definitivamente.
Oxalá así sexa.

Anónimo dijo...

Polo ben de todos

Anónimo dijo...

Iso xa o fixeron en Madrid, e ben sabido que esta 10 anos por diante de todos nós. E na xerais espero non que se manteña senón que aumente.

Anónimo dijo...

Non me escupas

Anónimo dijo...

Non sabía que hoxe houbera concentración de filoloxía dialectal

Anónimo dijo...

O compañeiro reventador con a IP nª 83.165.116.--- que sepas que a proxima vez remitiremos a tua Ip completa o servicio de delitos informaticos de Garda Civil por si os textos en euskera aqui pegados son apoloxia do terrorismo.

Insistimos non imos permitir que un fascista nos revente esta paxina. Danos igual que sexa un fascista con bandeira socialista, nacionalista o pepista. A liberdade de expresión esta por riba de todos.

Anónimo dijo...

Los textos en euskera si son los mismos que he visto en el resto de los comentarios, me dice un compañero de trabajo que son propaganda de un partido comunista vasco. Pienso que se trata del típico spam que asalta los foros y libros de visitas con remote exploits. Nada grave. Borrar y punto.

Sobre esa IP. Se trata de un usuario de R. Con lo cual en Cariño no puede estar, a menos que le hayan echado un cable.

No te pongas nervioso. No es buena señal. Si te sirve de algo, personalmente te recomendaría que borrases los mensajes que no consideres correctos y lo mismo con los que se te hayan pasado por alto y te notifiquen los usuarios.

Un saludo desde Vigo.

Anónimo dijo...

ay mi madriña,có ip hemos topado.Seique hay tarxetas de prepago, ips-hips- de sudamérica e non sei cantas cousas máis.O caso é jorobar, e iso hay xente que o sabe facer moi ben. Un saudiño polas boas.

Anónimo dijo...

Son propaganda do Partido Comunista das Terras Vascas. Dame o mesmo. Non penso aprender euskera, a miña edad, para saber si son ou non apoloxia do terrorismo, que o faga a Garda Civil. O que si estou seguro e que non e Span, os span veñen por utra via y a web ten o sistema de bloqueo antispan. No da IP puden equivocarme, o dudo, pero supoñamos que me equivoquei. Pero insisto a historia me di que no noso pobo hay unha serie de "ciberfascistas" dispostos a clausurar todas as iniciativas de liberdade que se abre. Nos nos estamos dispostos a que un suxeito limite por que lle da a gana a liberdade de expresión de seus veciños.

Gracias o colega de Vigo, agradecese as recomendacións.

Anónimo dijo...

Vaia visita que nos fixeron este serán.
Si señores, ETA-Batasuna, da igual o nome onde se agochen, aí os tendes, cheos da mais profunda misería do ser humán. Xa non se molestan en agocharse, van a peito descuberto, insultando e provocando en pandillas coma na Italia de Mussolini, e outras sociedades fascistas do século XX.
¿Sabiades que... nestes próximos 4 anos van ingresar máis de mil millóns das antigas pesetas?
¿Sabiades que... van ter aceso aos datos de militantes, votantes,... dominando denovo con coaccións e chantaxes a socidade vasca?
¿Sabiades que... os distintos gobernos, sobretodo o vasco subvenciona ás familias dos terroristas pra que vaian a gastos pagos a velos presos incluso facendo irregularidades desviando fondos de outros menesteres?
As súas victimas só se poden resignar en levar frores ó cemiterio, e o goberno vasco intenta equiparalas victimas dos dous bandos, íso é hipocresía.
¿Quen é o culpable de todo isto?
Isto non é nin arma política nin unha broma de mal gusto é a realidade.
En vísperas das eleccións xerais xa se anticipa un xesto por parte da ETA, pra beneficiar ó goberno, tendoo xa pactado dende o establecemento do mal chamado proceso de paz. Colaboracionismo entre unha banda de criminais que levan asesinando, extorsionando... máis de 40 anos cun goberno que é capaz de vendernos por un cacho de España e a vinganza da morte non sei que dun avó, e algo máis gordo que xa descubriremos.
Volvamos ao sentido común, todos. Non ó Terrorismo, sí a xustiza e a liberdade. Negociación no meu nome, non.

Anónimo dijo...

Que falas, do "movimiento de liberación vasco"? Canta hipocresia, miña naiciña querida!"Negociación, non meu nome,non?"...pensas de verdade que o Estado de Dereito conta de todolos meios coactivos pra erradicar a violenza dun xeito permanente en Euskal Herria?Na miña opinión, É IMPOSIVEL. A solución consiste nun proceso político, a semellanza do acontecido na Irlanda do Norte. Empregando a forza podese desestabilzar a súa estructura, diluir a súa presenza temporalmente, mais non arrincas o problema de xeito permanente. Non hai que esquecer que no País basco existe unha sensibilidade ideolóxica que ten unha presenza social moi importante...non se pode analisar só dende un punto de vista unha situación tan delicada, e menos do teu xeito.

Anónimo dijo...

La ignorancia es muy atrevida.
Ni partido de las tierras vascas, ni kale borroca ni ostias. A ver si pasamos por la parroquia de San Google de vez en cuando y comprobamos que lo pegado aquí no es ni más ni menos que esto:

http://www.nodo50.org/ehk/

Se puede ver el texto en euskera y en castellano.
A ver si leemos antes de amenazar a nadie.
ESTAMOS HASTA LOS COJONES DE LOS ESPAÑOLITOS QUE SE PIENSAN QUE TODOS LOS QUE VIVIMOS EN EUSKADI SOMOS TERRORISTAS Y DE LOS GILIPOLLAS QUE SE CREEN QUE TODO LO QUE SE ESCRIBA EN VASCO ESTÁ PRO ASESINOS.
QUE ESTAMOS EN EL SIGLO XXI Y EL MAS TONTO HA OPOSITADO.
¿ACASO TODOS LOS GALLEGOS SOIS DEL EJERCITO GERRILLERO? ¿NO? PUES LO MISMO PASA EN EUSKADI.

Anónimo dijo...

A los gallegos de momento, nos dejan vivir en libertad. Es cierto que la maioria no vivimos alli pero por lo menos yo conozco personalmente gente que tuvo que huir de alli y hasta hoy aun sigue en contacto con la policia. Siento una gran pena por ellos por que aman a su tierra pero no les dejan vivir alli por culpa de unos pocos, pero con el amparo de unos muchos. A ellos toda mi admiración.
El silencio es más cruel que las bombas, sobretodo el cómplice. Vemos como las sociedades europeas son cosmopolitas con libertades, mientras nosotros huimos hacia atrás.
En Irlanda del Norte entraron con tanques y mataron indiscriminadamente a la población, las tropas de su majestad. En Alemania los mataban en prisión, aquí pasó lo del GAL,... Afortunadamente esto ya no es así.
Aqui no hay ninguna guerra, sólo asesinos, criminales y sus victimas, y la gente como yo nos conformamos con que cumplan la pena que se les imputa, nada más, nunca medidas que hieran de muerte
la convivencia en Euskadi, Euskalerria o las Vascongadas y su país que es España, JAMÁS LO OLVIDEIS, si es dificil, a pegarse el DNI en la frente. Una nación donde conviven diferentes culturas en armonia y fraternidad. Así sea.
Cueste lo que cueste así será.

Anónimo dijo...

Non debemos de esquecer que en Irak seguen 200.000 mercenarios matando inocentes a sangue fría cada día.
Mercenarios que non seu día foron impulsados por Bush, Blair e Aznar e os simpatizantes dos mesmos, así coma os afiliados ós movementos que representan cada un deles.
Non debemos esquecer que quen manda no PP en este país é José María Aznar. Un dos 3 sicarios.
Sirva a miña mensaxe de protesta para quenes consideran un dano colateral a morte de inocentes, entre eles o noso veciño de Ferrol José Couso, cámara de Tele5.
Debería de facerse xusticia.
En Irak estaban mal, pero estaban. Agora están moi mal e con familias destrozadas por "fogo amigo."
Quen teña dubidas, se ten ocasión que fale con José Luis de Dorila cando esté por Cariño e que sepa en primeira persoa a realidade en Irak, antes da invasión, durante a invasión e despois da invasión do "fogo amigo".
Un "fogo amigo" que mata inocentes.

Anónimo dijo...

O Grande Erro da humanidade son as guerras. A via diplomática daquela non fructuou. Foi un gran erro.
Na miña humilde opinión, agora non poden abandoalo país nin en Irak, e tampouco en Afganistan moita xente quedaría sumida no caos e na anarquía. E un conflicto que dura máis de 20 séculos, e non entre paises, senón entre civilizacións que ten o seu núcleo neurálxico nos bandos de Israel e Palestina. Que fácil é poñer nomes ao mal e máis ao ben.(Agora que nos convén).
Agora hai paises dispostos a asumir a responsabilidade de combatilo terrorismo alí onde se atope e agoche. A Comunidade internacional, por suposto, xa non conta con España nin para combatir, nin para establecer a paz e recontruir; xa que logo se rendiu ó terrorismo doméstico, endexamais se lle vai tomar en serio. Recordade que non hai nomes, hai paises e civilizacións, mantendo eterna belixeranza. España esta soa.
O Fogo amigo mata inocentes dende sempre, non dende onte. O fogo inimigo tamén os mata. Non hai guerra que non aplicara isto. Pero o máis triste son os escudos humans entón e cando asasinar non se pode evitar. A ameaza é terrible. Hai sociedades que amparan aos terroristas.
Para min unha aperta as familias dos soldados españois en Afganistán(tamén os do "accidente" aereo), os coaccionados que están xa na casa,victimas da guerra "Humanitaria", e os periodistas alí asasinados, un do periódico EL MUNDO. E repudiados por o "principe da paz" ZP e todo o imperio progresista. Xa sabedes, os bos da pelicula. Dito sea de paso, titulada "alianza de civilizacións", os ayatolas, venezolanos, cubanos,... xa se escaharon ca risa. Vovede aomundo real, busquemos sentidiño común. Xa conseguichedelo que queriades, o poder, pasando por encima de 192 persoas mortas. Que máis queredes?